Páxina anterior


 13 Lúas 

 

 

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

Engade o teu comentario
www.13luas.com

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Asociación de Gaiteiros Galegos preséntavos un novo traballo audiovisual que leva por nome "Trece Lúas". As lúas que compoñen o ciclo do ano, ou os doce meses do calendario; as lúas que dende tempos ancestrais foron guía da vida; as lúas que puxeron data aos traballos e tamén ás festas; as lúas que levan aparelladas unha fonda tradición cultural que chega ate os nosos días e agora queremos lembrar. Convidámosvos a facer unha viaxe no tempo, unha viaxe de doce meses con cadansúa canción, co ciclo do ano como fondo da escena.
"Trece Lúas" é unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aí e que neste disco presentamos dun xeito actualizado. Pero esta proposta vai moito máis alá. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente "O Quiquiriquí" e "Pelo Gato 24", trátase dun material didáctico que pretendemos axude en boa medida á difusión da nosa cultura.


Unha ferramenta pensada para facer chegar, sobre todo aos máis novos, un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.

Desde a Asociación de Gaiteiros Galegos temos a convicción de que o futuro das nosas tradicións, o garante da súa supervivencia, está na xuventude.

Debemos achar a maneira de que a liña de transmisión cultural se adapte aos tempos para seguir sendo efectiva.

Así elaboramos "Trece Lúas", dun xeito respectuoso coas nosas tradicións e ao mesmo tempo atractivo, aplicando as novas tecnoloxías das que dispoñemos.

Agardamos que poida ser utilizado como elemento educativo en calquera dos ámbitos, xa sexa escolar ou familiar, e supoña un paso máis de cara á normalización da nosa música tradicional.
Esperamos que vos guste..




 

 

MÚSICOS "13 Lúas"

 

 


Xosé Lois Romero Cajigal:
Acordeón


Francisco Estévez "Chuco":
Percusión


Roi Alexandre Adrio:
Percusión


Xosé Manuel López "Josele":
Clarinete, saxo soprano,
frauta de pico e ocarina


Brandán Lourenzo:
Clarinete baixo
Bruno Villamor: Gaitas e requinta


Oli Xiráldez:
Gaitas, frautas traveseiras, frauta de
cebola, buguina e paus de maio


Luis Enrique Correa "Caruncho":
Zanfona

 

 

 

 

 

 

 

 


 




Contido DVD:

 


Un documental didáctico sobre o ciclo anual na tradición
galega, onde interveñen os músicos e as
nenas e nenos que participan no disco.

Un videoclip sobre o tema do Entroido

Dous videos-
Karaokes cos temas do OUTUBRO "MAGOSTO"
e MARZO "PASCUA", para que poidades aprender
as letras.

Unha peza de monicreques "CANDO
CHOVE E RAIA O SOL..." da compañía Viravolta.

 

 


Inclúe unha pista cos seguintes datos:

Letras e playbacks.

 

 

 

 

 


 

 

 

 


CRÉDITOS TÉCNICOS:

 

 

Produción: AsociaciÓn de Gaiteiros Galegos


Dirección Musical e produción artística: Bernardo Martínez


Técnico de gravación e mesturas: Xabier Olite


Asistente de gravación: Xoan Ramos


Dirección das voces: Felisa Segade


Produción DVD: Comba Campoy


Autoría DVD: Cora Peña


Guión documental e entrevistas: Comba Campoy


Dirección documental: Comba Campoy e Cora Peña


Imaxe e posprodución documental, peza monicreques, karaokes e videoclip: Cora Peña


Posprodución Son: Martiño Lois Méndez


Segunda cámara: David Hernández


Espectáculo de monicreques: Viravolta !Anxo García, Pilar álvarez e Xulio Balado"


Textos libro: Clodio González Pérez


Corrección lingüística: Astrid Filgueira


Fotos: Oli Xiráldez


Deseño gráfico e ilustracións: Quin Alborés.

 

 

 

 

 

 

Coeditado coa Dirección Xeral de Creación de Difusión Cultural
da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia

 

 

 

 

 

© ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS


PRODUCIÓN
ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS


REALIZACIÓN
ESTUDIO "SON NATURAL", "TINTIMÁN AUDIOVISUAL,
PROGRAMACIÓN E FORMACIÓN CULTURAL"

IDEA ORIXINAL
ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS


ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS
RÚA ALFONSO XIII, 7- 2º Of.8
36002 PONTEVEDRA

 

 

 

 

 

 

1.- Marzo - "Pascua"

Música: Tradicional
Letra: Comba Campoy
Arranxos e adaptación: Bernardo Martínez
VOCES DE NEN@S:
Alba Maceira, Claudia de los Santos, Celtia Louzao, Alejandro
Pombo, Salvador Rendo, Catuxa Gontá, Uxía Rey, Iria Levoso,
Malena AlarcÓn.


TEÑO FLORES AMARELAS
TÉÑOAS BRANCAS E VIOLETAS
TEÑO UN CRAVO ENCARNADO
PRA FACER UNHA PEINETA


POLO MEDIO DESAS SEBES
AGOCHEI UN OVO BRANCO
PRA TI MEU PEQUERRECHIÑO
SE O QUERES TES QUE ATOPALO


NUN RECUNCHO DO TELLADO
FIXO O NIÑO UNHA ANDURIÑA
FOI XUNTANDO PALLA E TERRA
CONSTRUíU UNHA CASIÑA


TEÑO UNHA ROSCA BEN GRANDE
FEITA CON OVOS MARELOS
VOUNA CORTAR EN ANACOS
PRA DELA TODOS COMERMOS


DEBAIXO DUN AMENEIRO
ATOPEI UNHA XOANIÑA
CANTOS ANOS HEI VIVIRE?
O REI REI VOOU AXIÑA


O DÍA E MAIS A NOITE
HOXE FORON IGUALIÑOS
NON TEÑAS MEDO AO ESCURO
VéN O SOL COS PAXARIÑOS


2.-  ABRIL - "O CUCO"   

Música: Tradicional
Letra: Comba Campoy
Arranxos e adaptación: Bernardo Martínez
VOCES DE NEN@S
Paula Rodriguez, Paula Iglesias, Anón Moure, Noelia Teiga, Uxía
Estalote, Sheila Romero
.


QUITOU A AVOA O MANDIL
CANTOU O CUCO NO PRADO
ESCOITEI A HERBA A RIRE
ALGUNHA NUBE CHORANDO
VENTáS E PORTAS ABRIDE
CHEGOU O MES DOS PAXAROS


AS NUBES QUE ESTáN NO CEO
SON TODAS MOI AQUELADAS
ESA é UN BARQUIñO VELEIRO
ESTA UN CABALO DE ARABIA
FAINAS RABEAR O VENTO
E CHORAN TODA A SEMANA


NA PÓLA DESA CERDEIRA
BOTOUSE A BAILAR O SOL
ASEMELLA UNHA FOGUEIRA
ENTRE AS FLORES DE ALGODÓN
É O PAPORRUBIO QUE ENFEITA
AS SúAS PLUMAS CO SOLPOR


ARRIMADE BEN A ORELLA
ALGUÉN CANTA ALÍ: CROU CROU
NO MEDIO DESA XUNQUEIRA
NON OUVIDES O CROU CROU?
É A RA QUE ESTÁ ENSAIANDO
O CANTO DO ABRIL EN FLOR

 


3.- MAIO - "MAÍÑO"      

Música: Tradicional
Letra: Tradicional
Arranxos e adaptación: Bernardo Martínez
VOCES DE NEN@S
Eva Gomez, Yara Suarez, Mariña Prego, Marcos Prego, Helena Fenández,
Andrea Rey, Ana Moas, Carla Moas, Sofía Lucachesky, Lucía Lucachesky,
Carme Giráldez.

PARA FACER ESTE MAIO
TIVEMOS QUE IR A ROUBAR
O FIúNCHO E MAILAS FLORES
á CASA DE FERRADáS.
VEU FERRADáS
CUNHA ESCOPETA VELLA
PEGOUNOS UN TIRO
E RACHOUNOS UNHA ORELLA.
Aí VéN O MAIO
POR DETRáS DE SAN FRANCISCO
Aí VéN O MAIO
CARGADIñO DE TREBISCO.
Aí VéN O MAIO
POLA RúA DO CONVENTO
Aí VéN O MAIO
DE ROUBA-LO MONUMENTO.


4.- XUÑO - "A FLORA DA IAUGA"     
Música: Tradicional
Letra: Tradicional
Arranxos e adaptación: Bernardo Martínez

VOZ: María Abollado

MAñANCIñA DE SAN XOáN
CANDO O SOL ALBOREABA
A VIRXE SANTA MARíA
DOS ALTOS CEOS BAIXABA
CUN RAMALLIñO DE FLORES
E O LIBRO DONDE REZABA.
CHEGOU DONDE A FONTE FRíA
CHEGOU DONDE A FONTE CLARA
E BOTANDO A BENDICIÓN
DESTA MANEIRA FALABA:
-DICHOSIñA DA DONCELA
QUE COLLA DA FLOR DA IAGUA
OíUNA A FILLA DO REI
DENDE O PAZO DONDE ESTABA
SE DE PRéSA SE VESTIRA
MáIS DE PRéSA SE CALZARA,
E PRA CHEGAR DONDE A VIRXE
MáIS DE PRéSA CAMIñABA.
-SEñORA, SON A DONCELA
QUE COLLERá A FLOR DA IAGUA,
XARRIñA TRAIO DE VIDRO,
VÓS MA DAREDES DE PRATA.
A FILLA DO REI ENTÓN
VAI CATAR A FLOR DA IAGUA,
METE A XARRIñA DE VIDRO
E A SACA TODA DOURADA!
-QUEN LLE PODERá SER A SEñORA
QUE ESTAS MARABILLAS FAGA?
-SON A VIRXE, MIñA FILLA,
SON A VIRXE SOBERANA
-SE A VIRXE SODES, SEñORA,
CONTéSTEME A ESTA PALABRA
SE TEñO DE SER SOLTEIRA
OU TEñO DE SER CASADA.
-CASADIñA, MIñA FILLA,
E MAIS BEN AFORTUNADA,
CASADIñA CON TRES FILLOS,
TODOS TRES TERáN ESPADA.
A NENA CHEIA DE GOZO
CAE NO CHAN ESMAIADA
TÓCALLE A VIRXE MARíA
CO RAMALLIñO NA CARA,
E A FILLA DO REI ESPERTA,
ESPERTA NA SúA CAMA!

 


5.- XULLO - "A PALMEIRA"         

Música: Tradicional
Letra: Tradicional
Arranxos e adaptación: Bernardo Martínez
VOCES DE NEN@S
Xian Calvo, Ana Souto, Diego Miranda, Lucía Magariños, Pedro Caldas,
Miguel Chenlo, Nuria García, María Abollado, Marta Sende

VIñEN EU DA ROMERíA
DA ROMERíA VIñEN EU
VIñEN EU DA ROMERíA
COA VARIñA DE ROMEU


CHEGUEI á BEIRA DO RíO
CHEGUEI á BEIRA DO MAR
VIN VIR á NOSA SEñORA
CUN RAMALLIñO NA MAN


EU PEDINLLE UNHA FOLLIñA
E ELA DEUME O SEU CORDÓN
QUE ME DABA SETE VOLTAS
AO REDOR DO CORAZÓN


PUXO O Pé NA BARCA DE OURO
E ARRIMOUSE AO SEU BORDÓN
UN áNXEL TERMA DA VELA
OUTRO TERMA DO TIMÓN


LEVA O MENIñO NO COLO,
JESúS, QUé BONITO é!
ERA LARGUIñO DE PERNA,
ERA CURTIñO DE Pé.


TRAE ESCRAVIñA DE CUNCHAS
QUE COLLERA NA RIBEIRA
E A CARA MESMO PARECE
UNHA PELA DE MANTEIGA.


MEU AMIGO SAN SIMÓN
BENDíCEME ESTE CORDÓN
QUE CHE ME Dá SETE VOLTAS
AO REDOR DO CORAZÓN,
E DOUMO NOSA SEñORA
NUNHA FOLLA DE LIMÓN.


 

6.- AGOSTO - "DANZA DE BETANZOS"            

Música: Tradicional
Arranxos e adaptación: Bernardo Martínez



 

 

7.- SETEMBRO - "TEMPO DE VENDIMA"              

Música: Tradicional
Letra: Comba Campoy
Arranxos e adaptación: Bernardo Martínez
VOCES DE NEN@S
Sheila Noceda, Lucía Castelo, Laura Cernadas, Alicia Nuñez, Araceli Nieto

VENDIMAI,VENDIMIADORAS
VENDIMAI E DAILLE Á LENGUA
QUE VENDIMANDO E COMENDO
NON CHEGA O VIÑO Á BODEGA


VENDIMAI, VENDIMADORAS
VENDIMAI E DAILLE Á LENGUA
QUE VENDIMANDO E COMENDO
NON CHEGA O VIÑO Á BODEGA


CORTA OS ACIOS POLO RABO
NON DEIXES UVA NINGUNHA
QUE OS DA PARROQUIA DO LADO
TEÑEN XA PARA OITO CUBAS


NON ENCHAS TANTO O CULEIRO
QUE VOU REBENTAR O LOMBO
POR QUERER FACER MÁIS VIÑO
VÁSTEME QUEDAR SEN NOIVO


CALCETíNS E BOTAS FÓRA
LAVADE BEN OS PEÍÑOS
QUE VOS QUERO VER A TODOS
A PISAR A UVA NOS PÍOS


POR CADA ACIO QUE RECOLLO
VOU PROBANDO ALGUNHA UVA
NON VAIA SER QUE ESTEAN MALAS
OU QUE AS ESTRAGARA A LÚA

 

8-. OUTUBRO - "MAGOSTO"         

Música: Tradicional
Letra: Eva Veiga
Arranxos e adaptación: Bernardo Martínez
VOCES DE NEN@S
Eva Gomez, Yara Suarez, Mariña Prego, Marcos Prego, Helena Fenández, Andrea
Rey, Ana Moas, Carla Moas, Sofía Lucachesky, Lucía Lucachesky

SANTO QUE ESTáS NO CANIZO
BOTA CASTAñAS ABAIXO
NON AS BOTES PEQUENIñAS
NON AS BOTES PEQUENIñAS
QUEáSPEQUENASNONMEBAIXO
AILALALALALALALALALALALALA


TIñA MARíA NO PETO
CATRO CASTAñAS ASADAS
VEU UN GATO AMARELO
VEU UN GATO AMARELO
E LARPOULLE A PAPARADA
AILALALALALALA..........


PARA COMERES CASTAñAS
DEREITIñAS DO CASTIRO
VAI AO MONTE E NON TE PERDAS
VAI AO MONTE E NON ESQUEZAS
QUE O QUE BUSCAS SON OURIZOS
AILALALALALALALALALAL


SOPRA O VENTO NA DEVESA
VéNTE COMIGO NENIñA
SE CASTAñAS APAñARES
SE CASTAñAS APAñARES
BOA FESTA CANTARíAS
AILALALA................


BEN TE VIN NO CASTIñEIRO
TIñAS O CESTO CHEíñO
DE SORRISOS E SALAIOS
DE SORRISOS E SALAIOS
CEN CASTAñAS EN DEGARO
AILALALALA.......

 

9.- NOVEMBRO - "SAN ANDRÉS"

Música: Tradicional
Letra: Eva Veiga
Arranxos e adaptación: Bernardo Martínez
VOCES DE NEN@S
Xián Calvo, Ana Souto, Diego Miranda, Lucía Magariños, Pedro Caldas, Miguel
Chenlo, Nuria García, María Abollado, Marta Sende

FUN AO SANTO SAN ANDRéS
FUN AO SANTO SAN ANDRéS
ALÓ NO CABO DO MUNDO
SOLO POR TE VER MEU SANTO
TRES DíAS HAI QUE NON DURMO
TRES DíAS HAI QUE NON DURMO


LEVO HERBA DE NAMORAR
LEVO HERBA DE NAMORAR
A TI CHE TRAIO MEU SANTO
BRANCO CARAVEL DO MAR
POR TE VER TAN BONITIñO
POR TE VER TAN BONITIñO
AILALALALALALALAL.......


NIN O RABO DO LAGARTO
NIN O RABO DO LAGARTO
ALÓ TERáS DE PISARE
áNIMAS DE MORTOS SON
QUE VAN AO SANTO LOUBARE
QUE VAN AO SANTO LOUBARE


NIN O SAPO NIN LAGARTO
NIN O SAPO NIN LAGARTO
ALÓ TERáS DE PISARE
áNIMAS DE MORTOS SON
AI VAN O SANTO LOUBARE
AI VAN O SANTO LOUBARE


AI, NOVEMBRO PEREGRINO
AI, NOVEMBRO PEREGRINO
O SANTO ESTAME AGARDANDO
LéVAME CONTIGO VENTO
AO Pé DA PENA DO ENCANTO
AO Pé DA PENA DO ENCANTO


SANTO ANDRéS DE TEIXIDO
SANTO ANDRéS DE TEIXIDO
A VERTE VEñO DE LONXE
TRAIO O CORAZÓN SEDENTO
BUSCANDO EN TI REMEDIO
BUSCANDO EN TI REMEDIO


VAN AS DúAS AMIGUIñAS
VAN AS DúAS AMIGUIñAS
A SERPE E MAILA LAGARTA
SOBEN POLO MONTE A PRéSA
PARECEN ALMAS EN PENA
PARECEN ALMAS EN PENA

 

10.- DECEMBRO - "O LOUREIRO"             
Música: Tradicional
Letra: Comba Campoy
Arranxos e adaptación: Bernardo Martínez
VOCES DE NEN@S
Sheila Noceda, Lucía Castelo, Laura Cernadas, Alicia Nuñez, Araceli Nieto

BáIXATE LOUREIRO,
DáME UN RAMALLIñO
PRA LLE FACER SOMBRA
AO SANTO MENIñO


MíRAME A CURUXA
COS SEUS OLLOS GRANDES
AS VENTáS DA CASA
SON OLLOS XIGANTES


SUBíN AO PIñEIRO
MáIS ALTO DO MONTE
CARGUEI MOITAS PIñAS
FíXOSEME NOITE


ESCOITADE O LOBO
QUE ESTá A OUVEAR
BUSCA OUTROS LOBIñOS
PRA PODER XOGAR


DE XOGAR NA AIRA
TEñO O NARIZ FRíO
OS PéS CHAPUZADOS
DE SALTAR NO RíO


SALTA E BAILA O LUME
DENTRO DA COCIñA
ESCACHA COA RISA
SE BOTO UNHA PIñA


AVOAS E PRIMOS
PRATOS E CULLERES
QUE CEA TAN RICA
QUE COMER TEREDES


AINDA QUE é DE NOITE
E VAI MOITO FRIO
O GALO CANTOU
ESPERTOU OS PITOS


A NOITE é ESCURA
NON SE VE NADIñA
GáRDATE NO LUME
VéN PARA A COCIñA


 

11.- XANEIRO - "REIS"                

Música: Tradicional
Letra: Comba Campoy
Arranxos e adaptación: Bernardo Martínez
VOCES DE NEN@S EN XANEIRO
Claudia Otero, Iria Iglesias, María Iglesias, Silvana Fernández, Alba
Maceira, Claudia de los Santos, Celtia Louzao, Alejandro
Pombo,Salvador Rendo, Catuxa Gontá, Uxía Rey, Iria Levoso,
Malena AlarcÓn, Paula Rodríguez, Paula Iglesias, AntÓn Moure,
Noelia Teiga, Uxía Estalote, Sheila Romero

SAN JOSé E MAIS MARíA
ELES VAN PARA BELéN
ELES VAN CANTA-LOS REISES
CANTEMOLOS NÓS TAMéN


AO LADO DOS MEUS ZAPATOS
PúXENLLES TURRÓN AOS REISES
PUXEN HERBA PROS CAMELOS
QUE TAMéN QUEREN COMER


ENTRARON OS RAPOSIñOS
ENTRARON NO GALIñEIRO
DEIXARON TODAS AS PLUMAS
DAS GALIñAS NIN O CHEIRO


QUé CHE BOTARON OS REISES
QUE NON CHE DEBEU GUSTAR
PUXéRONME CARBÓN NEGRO
POR TRASTáN E LACAZáN


Aí OS VEñEN OS TRES REISES
VAN CHEGANDO NOS CAMELOS
MíRAOS BEN NA CABALGATA
á NOITE NON HAS DE VELOS


PIDO UN TROMPO E UNHA BONECA
PIDO UN OSO E UN CASTELO
TAMéN PIDO UN ANO ENTEIRO
PARA XOGAR COS COMPAñEIROS


ESTA NOITE NON HAI SONO
NON HAI GANA DE DURMIR
PORQUE VEñEN OS TRES REISES
E OS QUEREMOS RECIBIR


FUN POR LANDRAS, COLLíN CATRO
CADA UNHA DUN CARBALLO
PERO UNHA PEGA BULRONA
ROUBOUME AS CATRO VOANDO


ONTE NON COMíN O CALDO
ANTONTE RIFOUME O MESTRE
EU NON FUN MAO, MAXESTADES
NON ME DEIXEN SEN PRESENTE


 


12. FEBREIRO - "CABALGATA DE ENTROIDO"       

Música: Tradicional
Arranxos e adaptación: Bernardo Martínez





 

 




< =Quince Anos de Viaxe
( Ardentía )
Beltaine
( Avalon )
= >