Páxina anterior

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LUAR NA LUBRE
Ao Vivo

 

 

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

1 comentario deste disco
www.luarnalubre.com

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1.1 COSTA DA MORTE 
Música Tradicional Galega
Arranxos: Luar na Lubre


Costa escarpada de pedra granítica e paisaxes de diferentes verdes que acariñan o mar bravío. Esta é unha suite de temas tradicionais, que pretende ser unha viaxe musical que nos leve a unha das zonas máis ancestrais e auténticas de Galicia.


1.2.  CHOVE EN SANTIAGO   
Letra: Federico Garcia Lorca
Música: Alberto Gambino
Arranxos: Luar na Lubre

Lorca fixo varias visitas a Galicia, percorreuna coa súa compañía de teatro "La Barraca" facendo amigos. En América soubo tamén dos galegos. Coñecedor profundo da nosa lirica esencias, dende Martín Códax a Rosalía, foi quen de deixarnos, como un moderno trobador, seir fermosas estampas, no libro "Seis poemas galegos", impreso en decembro de 1935 na editorial galega Nós, rexentada polo galeguista e alcalde de Santiago Ánxel Casal. Escritor e editor foron fusilados impunemente; os seus cadáveres apareceron o mesmo día, o 19 de agosto de 1936, a mil quilómetros de distancia nas aforas de Granada e Santiago respectivamente. Esta versión do "Madrigal á cibdá de Santiago" é o noso tributo agradecido.

.


Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.

 


1.3. MARÍA SOLIÑA   
Letra: C.E.Ferreiro
Música: Tradicional galega-Bieito Romero
Arranxos: Luar Na Lubre

Personaxe histórica que viviu na península do Morrazo no intre no que as invasións turcas e berberiscas máis asediaban esta zona, foi unha das moitas mulleres que fixo fronte a ditas invasións. Acusada de practicar bruxería pola Inquisición sería posteriormente presa e torturada, morreu de loucura fame e miseria pero converteuse nun símbolo do pobo, sobre todo para as mulleres, perante o poder despótico.

 

Polos camiños de Cangas
A voz do vento xemía:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.

Nos areales de Cangas,
Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.

As ondas do mar de Cangas
Acedos ecos traguían:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.

As gaivotas sobre Cangas
Soños de medo tecían:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.

Baixo os tellados de Cangas
Anda un terror de auga fría:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.


1.4.- BRITONIA  
Música: Bieito Romero
Arranxos: Luar na Lubre

Cando os celtas bretóns tiveron que fuxir das illas británicas por mor das presións saxonas, uns foron cara a vella Armórica que posteriormente acabaría chamándose Bretaña, e outros virían á costa norte de Galicia, onde fundaron un bispado-provincia chamado Britonia, de grande influencia no antigo Reino galaico. O bispo bretón que os comandaba chamábase Maeloc.

 


1.5.- AXEITAME A POLAINIÑA    
Letra e Música: Tradicionais galegas
Arranxos: Luar na Lubre


Canto tradicional moi popular en Galicia. A versión máis coñecida é a que recuperou e gravou D. Faustino Santalices no seu traballo "La Zanfona". Probablemente fose un cantar de cego a modo de romance. Neste caso, nós fixemos unha adaptación inspirada nas diferentes versións coñecidas.


Axeitame a polainiña
Axeitame a polaina
Axeitama diste lado
Que diste outro xa che está

As estrelas miudiñas
Son as que compoñen o tempo
Dime, dime rapaciño
Onde telo o pensamento

Púxenme a contar estrelas
E botalas nun sombreiro
Non as puiden dar contado
Ata que veu o luceiro

Ímonos daqui que é hora
Ímonos daqui que é hora
Vaise o carro das estrelas
E eu non quero durmir fora

 

1.6.- TU GITANA    
Letra: Cancioneiro de Vila Viçosa
Música: José Afonso
Arranxos: Luar na Lubre


Con este tema tan importante e significativo do noso repertorio, quixemos facer unha homenaxe a un dos grandes cantores da música popular portuguesa, que tan boa relación tivo con Galicia e do cal nunca nos esqueceremos: Zeca Afonso, sempre!!! .


Tu gitana que adevinhas
me lo digas pues no lo se
si saldré desta aventura
o si nela moriré.

O si nela perco la vida
o si nela triunfare,
Tu gitana que adevinhas
me lo digas pues no lo se.

 

1.7.- DANZANDO NOS CONFÍNS    
Música: Bieito Romero
Arranxos: Luar na Lubre


Galicia é un dos extremos máis occidentais de Europa, o feito de estar situados nestes "confíns" marcou decisivamente o noso comportamento ante o mundo e mantennos cunha das tradicións máis vivas e ancestrais de Europa na que se inspiran estas dúas muiñeiras que sen dúbida convidan á danza.
A danza dos vivos no país dos mortos.


 

1.8. ROMEIRO AO LONXE
Letra: Xúlio Cuba
Música: Tradicional inglesa
Arranxos: Luar na Lubre

No cabo do mundo, como o dito popular proclama, a San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo. Os peregrinos comparten o camiño con animais, que son as almas dos que non puideron cumprir en vida a peregrinación, polo que non poden recibir maltrato ningún.


CON DIANA NAVARRO

Os romeiros adoitaban levar unha longa camisa branca con reberetes formando ondas e nalgúns puntos do camiño depositaban pedras que ían facendo medrar milladoiros. Arredor da ermida os veciños aínda seguen a facer os "sanandreses", fermosa artesanía de miga de pan endurecida no forno e coloreada, con imaxes do santo na súa barca de pedra. No adro medra a herba de namorar, á que lle atribúen propiedades casamenteiras. Na canción peregrina o corvo mariño, o mascato e o lagarto das silvas -vistoso exemplar con cabeza de intensa cor azul-, neste espacio que desperta as ansias de amor e paz e a irmandade entre vivos, morota, animais, plantas e augas.


Romeiro hei de ir lonxe ao San Andrés
con herbiñas de namorar,
dareille a quen alén mar está
o aloumiño do meu amor.

Hei de vestir a camisa de liño
que ela teceo para min
con herbiñas de namorar;
anda o lagarto azul e souril
a acaroar mapoulas bermellas,
nacidas de fusís,
co aloumiño do meu amor,
alleo á guerra e ao seu tambor.

Morto ou vivo hei volver á terra
que ela andou canda min
con herbiñas de namorar;
chouta o mascato polo cantil
a vela-lo adro familiar,
ala lonxe, na fin,
co aloumiño do meu amor.

Cabo do mundo, ó pé dun aguillón
doeme a guerra ruín
entre herbiñas de namorar;
corvo mariño voa xentil
o amilladoiro a levantar
e pan santo a colorir
co aloumiño do meu amor.

Romeiro hei de ir lonxe ao San Andrés
con herbiñas de namorar,
dareille a quen alén mar está
o aloumiño do meu amor.

 

1.9.- O SON DO AR    
Música: Bieito Romero

Outono en Galicia. Caern as follas dos vellos carballos ao ritmo que o vento compasa. Esa é unha das bandas sonoras da nosa terra:
O son do ar.


 

2.1.- NAU    
Letra e música: Bieito Romero


Nau imaxinaria na que navegamos, a travós do mar da historia, as xentes de Galicia. Unha chamada a ser conscientes do devir dos tempos para saber preservar a nosa propia identidade como pobo.


Nau de vento, nau dos homes
que vogan na inmensidade
somos xente de Galicia
onde a terra bica o mar-e.

Ai la la, ai la la…

Nau de soños, nau de espranzas
nau de infinda veleidade
o que esquece as suas raíces
perde a súa identidade.

Ai la la, ai la la…

 

2.2.- GALLAECIA    
Música: Tradicional Portuguesa - Bieito Romero

Tres ritmos tradicionais (muiñeira, vira e carballesa) para lembrar a antiga provincia romana, tamén dividida en tres conventos (Lucensis, Bracarensis e Asturicensis).


 


2.3. POUSA     
Letra e música: Tradicionais Galegas
Ararnxos: Luar Na Lubre

Cantiga popular das máis recoñecibles en calquera punto de Galicia, de novo gustamos de revisar as vellas melodías tradicionais e facerlles a nosa particular adaptación.

E todo o mundo a cantar!!!



Fun á taberna do meu compadre,
Fun polo vento e vin polo aire
É como cousa de encantamento
Fun polo aire e vin polo vento.

E pousa, pousa, pousa,
E non me toques naquela cousa
E pousa, pousa axiña,
E non me toques naquela cousiña.


Murmuraban as miñas veciñas
Que eu andaba co crego nas viñas
Eso é verdá, eu non o nego,
Que eu andiven a loitas co crego.



2.4. MEMORIA DA NOITE    
Letra: Xabier Cordal
Música: Bieito Romero

Canto da dor de Luar na Lubre trala catástrofe de aquel petroleiro que vomitaba insignificantes “hilillos” de fuel, segundo o diagnóstico da imperturbable clase dirixente.

Bieito Romero escribiu unha melodía fermosa e triste para remitirlla a Xabier Cordal, insigne poeta e compañeiro de risas e viños durante moitas tardes polo vello casco histórico coruñés. O resultado, lonxe de calquera tentación panfletaria, é esta fermosa canción de amor, baixo os designios dese mar que fascina, intimida e dá alimento a todo un pobo.


CON PEDRO GUERRA

 


Madrugada, o porto adormeceu, amor,
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria.

Perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar.

Veu o loito antes de vir o rumor,
levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a mañá sen voz,
as redes baleiras, sen gaivotas.

E dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao Patrón:
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar,
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar.

Madrugada, o porto despertou, amor,
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolación.
Non imos esquecer, nin perdoalo.

Volverei, volverei á vida
cando rompa a luz nos cons
porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,
non nos afundiremos nunca máis
que na túa memoria xa non hai volta atrás:
non nos humillaredes NUNCA MÁIS.


2.5.- OS ANIMAIS 
Letra: Xabier Cordal
Música: Tradicional irlandesa
Arranxos: Luar na Lubre

Os animais foron subindo á arca ata que a terra quedou asolagada. Ela navegou e navegou, ata que un bo día quedou embarrancada nun monte da actual Noia e alí Noé, a súa estirpe e todos os animais desembarcaron e celebraron unha grande festa, e así comezou todo... Esta melodía é de orixe irlandés e coas emigracións foi a América, onde foi adaptada como propia, incluso variándoa con diferentes letras. Esta é unha adaptación dunha das letras tradicionais e que ten unha posible orixe bíblica.



Os animais de dous en dous
u-ah!, u-ah!
Os animais de dous en dous
u-ah!, u-ah!
Van subindo á Arca de dous en dous
O boi, a vaca e o caracol
E soben cando chove e cando fai calor

Os animais de tres en tres
u-ah!, u-ah!
Os animais de tres en tres
u-ah!, u-ah!
Van subindo á nave de tres en tres
A garza farta e o cempés
Din adeus coa súa patiña, andando do revés

Os animais de catro en catro
u-ah!, u-ah!
Os animais de catro en catro
u-ah!, u-ah!
Van de catro en catro os animais
E o saltón saltou de máis
Quere pillalo un home que filma documentais

Os animais de cinco en cinco
u-ah!, u-ah!
Os animais de cinco en cinco
u-ah!, u-ah!
E se van marchando en procesión
O lince, a ovella e o leirón
Ao afundirse a Terra, acaba esta canción
Cando se afunda a Terra, acaba esta canción

 

2.6- CAMARIÑAS    
Letra e Música: Tradicionais galegas
Arranxos: Luar na Lubre


Canción tradicional delicada e de doces cadencias, que leva o nome dunha das vilas máis fermosas da Costa da Morte.


CON LUZ CASAL



Ao pasar por Camariñas
por Camariñas, cantando
as nenas de Camariñas
quedan no río lavando

Camariñas, Camariñas
xa me vas camariñando
por unha de Camariñas
vivo no mundo penando


2.7.-. HAI UN PARAÍSO    
Letra e Música: Bieito Romero

Aquel antigo camiño das estrelas, posteriormente denominado Camiño de Santiago, foi vía que sempre trouxo á nosa terra xentes de lugares e culturas moi lonxanas. Galicia sempre foi terra de acollida e seguirao sendo, veñan polo camiño que veñan. Este é o noso paraíso e nós somos as súas xentes.



Hai un paraiso nos confíns da terra,
Hai un paraiso ao que guian as estrelas.
Hai un paraiso nos confíns da terra ,
Hai un paraiso ao q guian as estrelas.

Por sete camiños chegan ata aquí
Por sete camiños, son os pelegríns...

Hai un paraiso nos confíns da terra,
E a cidade santa chamase Compostela.
Hai un paradiso nos confíns da terra
E a cidade santa chamase Compostela....

Por sete camiños chegan ata aquí,
Por sete camiños, son os pelegríns...

Meu Señor Santiago que estás en Galicia
Dende todo o mundo veñen con ledicia....




2.8- DEVANCEIROS    
Letra e Música: Bieito Romero

Amor e apego á terra. Un canto a aqueles que non quixeron marchar



Terra dos meus avós
onde naceron meus pais
terra dos meus avós
Galicia do verde chan.

Terra dos meus avós
onde naceron meus pais
terra dos meus avós
non quero de aquí marchar.



2.9- EL DERECHO DE VIVIR
EN PAZ   

Letra e Música: Victor Jara
Arranxos: Luar na Lubre


Nun mundo tan convulso e cambiante, o dereito a vivir en paz é fundamental e necesario. Esta canción é unha homenaxe ao poeta cantor Victor Jara e a todos aqueles que sofren as inxustizas da guerra, principalmente aos máis débiles.


CON ISMAEL SERRANO




El derecho de vivir
poeta Ho Chi Minh,
que golpea de Vietnam
a toda la humanidad.
Ningún cañón borrara
el surco de tu arrozal.
El derecho de vivir en paz.

Indochina es el lugar
mas allá del ancho mar,
donde revientan la flor
con genocidio y napalm;
la luna es una explosión
que funde todo el clamor.
El derecho de vivir en paz.

Tío Ho, nuestra canción
es fuego de puro amor,
es palomo palomar
olivo de olivar
es el canto universal
cadena que hará triunfar,
el derecho de vivir en paz.



Despois de 24 anos percorrendo os cinco continentes. Despois de 26 países visitados. Despois de dar as grazas en 12 idiomas distintos… Era o momento de publicar o noso primeiro CD/DVD en directo. Un agasallo para o noso público e un testemuño para toda a xente que participou como espectador nos nosos máis de 800 espectáculos, e que contribuíron para que LUAR NA LUBRE sexa actualmente, o que é: un dos grupos internacionais máis importantes da música celta.



A MÚSICA DA LUZ


Alguén dixo que a misión dun artista é botar luz no máis profundo do ser humano. Se é así, que non o poño en dúbida, Luar na Lubre leva 24 anos iluminando coa súa música camiños e vereas, asociándose coa paisaxe humana e o ámbito ambiental de Galicia a través dunhas variacións de intensidade e colorido emotivo rítmico e melódico que resultan sempre estimulantes. Por se iso fose pouco, o carácter dinámico, o poderío lumínico da súa música, é sempre todo un desafío para os miles de seguidores que gozan dela. Aquel “raio de luz de lúa” que os iluminou nos seus inicios no bosque sagrado da música tradicional galega, converteuse, por obra e graza do seu radiante poder calirífico, nunha enerxía renovable que os nosos sentidos poden percibir de xeito directo. Hoxe, Luar Na Lubre son fonte de enerxía musical. Mike Olfield “bautizounos” en 1996 como “o grupo do sol”, e ao tema O son do ar chamoulle “a canción do sol”, cando recibiu o impacto do seu poder térmico. Aquí están “Ao vivo”, que é sempre unha experiencia e un momento incomparábel, especial, para sentir e facer sentir distintas emocións e sensacións a través desas cancións que iluminaron o seu camiño e o segue facendo máis alá da “fin da terra”. En vivo e en directo. Adóitase dicir e afirmar que os músicos dan o talle, a súa verdadeira dimensión artística nos concertos. Escóitenos e véxanos,... ¡ síntanos!... gocen das vantaxes da luz natural, da súa música e das súas cancións, pezas que forman parte da colección permanente dunha historia que continúa. Señoras e señores, con Vds...¡ Luar na Lubre ao vivo!

Nonito Pereira

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 




Este CD/DVD foi gravado “ao vivo” no Teatro Colon de A Coruña os dias 22 e 23 de Xaneiro de 2009 coas unidades móbiles dos estudos “BRUAR” e “MUSIKOLHA”.

 

 

 

 

 


Bieito Romero e Xabier Ferreiro foron os productores artísticos deste traballo coa inestimábel colaboración de todos os membros do grupo.

 

 

 

 


É unha producción para Warner Music coordinada por Sergio Cruzado de Gin&Tonic Producciones.

 

 

 

 


As mesturas foron feitas nos estudos “BRUAR” de A Coruña por Xabier Ferreiro entre os días 01 e 20 de Febreiro.

 

 

 

 


Técnico de gravación e mesturas:
Xabier Ferreiro.

 

 

 

 


Técnico asistente: Nicolas Vieites.

 

 

 

 

 


Técnico de son: Jean Bernard Barrenquy

 

 

 

 


Técnico de Monitores:
Anxo García Saavedra

 

 

 

 

 


Técnico de escenario:
Kittu Laskaray

 

 

 

 

 


Técnico de luces: Gabriel Alvarado

 

 

 

 

 


Técnico de audiovisuais: Sendoa Lusarreta y Roger

 

 

 

 


Fotografía disco: Iñigo Ibáñez

 

 

 

 


Prensa:
Beatriz Rodríguez

 

 

 

 


Producción convidados:
Mikel Saldise

 

 

 


Fotografía audiovisuais: Xurxo Lobato y Sendoa Lusarreta

 

 

 

 

 


Documental / DVD:
Debolex Films

 

 

 


Coa colaboración do Departamento de Turismo do Concello da Coruña, Fundación Caixagalicia, CRTVG e o noso agradecimento especial a Henrique Tello.

 

 

 

 

 

 


Queremos adicar este traballo a todas as persoas que nos axudáchedes co voso ánimo, a vosa palabra, o voso apoio e a vosa presencia durante estes 24 anos. Ás nosas familias, amigos, músicos que participáchedes no proxecto, técnicos que colaboráchedes nos espectáculos, programadores públicos e privados, organismos, axencias, xente de Warner, periodistas aos que vos roubamos tempo, e, sobre todo, ao noso público. Sen vós nunca teríamos chegado ata aquí.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LUAR NA LUBRE SON:

 

SARA LOURAÇO VIDAL
Voz


XULIO VARELA
Bouzouki, tarrañolas, trompa e pandeiretas.


BIEITO ROMERO
Gaitas e acordeón diatónico.


EDUARDO COMA
Violín


PATXI BERMÚDEZ
Bodhram, darbuka, pandeiros e tamboril.


PEDRO VARELO
Guitarra acústica


XAVIER FERREIRO
Percusións latinas,africanas i efectos.


XAN CERQUEIRO
Frautas e teclados


 

 

 

 


Luz Casal
aparece por cortesía de Emi Music Spain, S.A.

 

 


Ismael Serrano aparece por cortesía de Universal Music Spain, S.L.

 

 

 


Diana Navarro aparece por cortesía de Trimeca Estudio y Producciones, S.L.

 

 

 


Pedro Guerra aparece por cortesia de Mansi Producciones, S.L.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

( En breve atoparedes aquí algún corte do documental "4 días no teatro Colón" incluído no DVD )

 


Luar Na Lubre

O son do ar
Beira Atlántica
Ara Solis
Plenilunio
Cabo do Mundo
XV Aniversario
Espiral
Hai un paraíso
Saudade
Camiños da Fin da Terra
Ao Vivo
Solsticio
Mar Maior



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Luar Na Lubre

* Luar Na Lubre en León
* XABIER DIAZ & ADUFEIRAS DO SALITRE na Festa do Avante! (Portugal)
* Vindeiros concertos de Luar Na Lubre
* XXXVIII Festival Irmandiño de Moeche
* XIII Festival Folk & Rock nas Portelas (Lubián. Ancares)

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista





Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:




< =Camiños da Fin da Terra
( Luar Na Lubre )
Solsticio
( Luar Na Lubre )
= >


Voltar á páxina principal