Páxina anterior

 

A RODA
A RodA AlalÁ AdoRA
http://www.grupoaroda.com/
.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

2 comentarios deste disco.....


 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

Laurindinha acordou sobresaltada no Km.O. Un balbordo
de xente ao lonxe interrompeu sen permiso a súa viaxe
onírica, coma un disparo de Escopeta no silencio da noite.
Soñaba co mar, coa luz azul e pracenteira do mar, adoraba
o mar, adoraba o alalá das ondas do mar cando rachan nos cons e nas estrelas, adoraba o Alalá do mariñeiro
trafegando na rede do mar, atafegado.
Xirou a roda
aceso-apagado da radio, anunciaban unha
canción titulada Alalá das Carballeiras, espreguizouse e
camiñou cara ao espello para peitea-los cabelos, que adoitaba ter rechos e enrivirichados coma crista do Ghalo
do Curral
. Os seus ollos ficaron abertos e arregalados coma
rodas de carro cando por fin atinxiu descifrar a imaxe especular que se lía naquel espello de forma cóncava:


A RODA ALALÁ ADORA


¿Quen escribira aquela frase? e ¿que significaba? Non lle deu maior importancia, se cadra sería algún Amigo que
pretendía gastarlle unha broma.
Tiña varios amigos que conservaba dende a súa nenez, e agora gozaba dunhas boas vacacións con eles en Lalín.
Días antes fixeran unha boa esmorga en Freixido, unha xoldra coma as que acostumaban facer na súa vila natal en Arnoia, bebendo e bailando a ritmos de polcas, de muiñeiras e de foliadas. Se por casualidade alguén comezaba a entoa-la Pandeirada de Mens, e outro collía o pandeiro como acompañamento, daquela ela era a primeira en comezar a bailar, como levada polo demo, e se a canción que soaba era a Polca dos Areeiras, a súa canción favorita, entón os seus pés fervían no chan por emprender aquel baile ritual, como se de baliar enriba dunha tixola quente se tratase. Canto gozaba ela facendo os puntos das muiñeiras, aos que lles daba un carácter peculiar, tan peculiar que ningún dos seus amigos era quen de distrae-la atención dos ollos dos espectadores, que se pousaban sobre ela do mesmo xeito que as raiolas do sol se deitan sobre a escuma, sobre a tona do mar no lusco e fusco dun día de verán, dese mesmo mar que ela adora.
Absorta nestes pensamentos, engaiolada pola maxia da danza, pola que ela devecía con fervor, non se decatou de que no espello aparecera unha nova frase, inacabada, que con letras, esta vez ben dereitas, dicía: E por culpa do teu...

(Continuará)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Suxerencias sobre o disco, opinións, continuacións do conto feito cos títulos das cancións a: lostregazos@grupoaroda.com

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Colaboraron:

 

 


Suso (feixón)
batería, percusión tradicional,
percusión latina, caixón,
gaitas,frautas.. e percusión
aínda non clasificada (vexase
cocodrum no tema 4)

 

Harry
violín

 

Miguel Seoane
guitarras e loops

 

Jorge Oliveira
teclado

 

José Manuel Alonso
voces

 

Jorge Juncal
acordeón e teclado

 

Roi Gil
guitarra

 

 


 

 


1.- alalá do mariñeiro    
 
Música e letra: Adolfo Domínguez


Polo aire un recendo
recendo de maruxía
polo ventiño mareiro
soños de mar e de día.


Mariñeiro, mariñeiro
que vento queres levar
para o mar vento do norte
para terra vendaval
ai e le lo...


Ondiñas, ondiñas veñen
veñen e veñen e van
que traen o mariñeiro
e o levan polo mar
ai e le lo...


Voga, voga mariñeiro
mariñeiriño da ría
tiras a rede ó mar
colles a sardiña viva
ai e le lo...

 

2. pandeirada de mens     
Arranxos: Adolfo Domínguez

 



Pica pedreiriño pica
pica na pedra miúda
pica na muller-e allea
que outros picarán na túa


Os amores das mulleres
sonche coma un tranvía
que cada cinco minutos
cambian para outra vía

Xa non ten, non ten
xa non ten ferreñas
ferreñas non ten
xa non ten ferreñas
e máis toca ben.

Miña soghra morreu onte
enterreina no valado
pasei onte por alí
e aínda retorcía o rabo.

A muller que ten dous homes
non é tonta que é entendida
cando lle apagha unha vela
a outra quédalle encendida.

Xa non ten, non ten...

No convento de Sobrado
hai un frade ghaliñeiro
así que se pon o sol
¡churras, churras ó poleiro!.

Xa non ten, non ten...

3. e por culpa do teu     
Música e letra: Adolfo Domínguez

Namoreime da castaña
namoreime do ourizo
hamoreime de ti nena
por que te-lo pelo rizo.

E por culpa do teu
levantóusem'o meu
e se o teu tifia ghanas
moitas máis tiña o meu.

Anda ti pernas de cabra
pantorrillas de carneiro
se queres casar comigo
serei o teu compañeiro.

E por culpa do teu

Como te colla no prado
como te collín máis veces
heiche de meter no corpo
herba para nove meses.

E por culpa do teu...

Ó subi-las escal iras
vinche as ligas azuis
e un pouquiño máis arriba
sábado e domingo lume.

E por culpa do teu...

 

4.- escopeta  
Arranxos: Adolfo Domínguez


Escopeta lereta
debaixo do brazo larazo
aprendendo lerendo
a cazador

"A leixos, a leixos os de pajilla
os de pajilla, os de pajilla
a leixos, os de pajilla
os de pajilla van para leixos"

Non vai ben, non vai ben
a escopeta carghada no tren
non vai ben, se vai mal
a escopeta carghada de sal

Escopeta lereta...

Os de Pontevedra
non van a Marín
porque se marean
no ferrocarril.

5.- en Arnoia     
Música e letra: Alfedro Villalba

Arnoia ten un sabor.
a pementos medrados ó sol
onde o mundo se viste de festa
en Arnoia

Arnoia ten un savoir-faire
ó ribeiro tiña que ser
a beleza cobre a terra
en Arnoia

Se vas a Arnoia
poderás probar
viño do ribeiro
e pementos con sal

Pementos con sal
e un pouco de pan
froitos da terra
que arnoia nos dá

O tempo estantío
na torre do reloxo
devagar baixa o río
en Arnoia

O verdor asulagou
os prados na primavera
verde pemento é a paisaxe
en Arnoia

As termas as capelas
as ánimas as pimenteiras
unha voz en loita co tempo
en Arnoia


6. polca dos areeiras     
Popular, arranxos: Alfredo Villalba

 

 

7. km. 0     
Música e Letra: Alfredo Villalba

Quen me dea un pao
doulle un peso
de carballo
trinta reás.

Lalín
un anaco de min
desdebuxa un cantar
cromático espertar
coma as veas que van
entre o Arnego e o Deza
natureza.

Espida de luz e de frío
es ti o manantío
que medra na Barcia
equimétrica
atínguese dende o Candán.

VIVA LALÍN CON RAZÓN OU SEN ELA

Quilómetro cero
Lalín e no alén
Galicia e o Deza
a beleza enfeitiza,
a beeleza enfeitizará

Quilometro 0
estrada do efémero
destino ó cocido
o grelo sempiterno.


Lalín
Carballo da Manteiga
seiva esverdecida
os Deza-Churruschaos
Laxelro dálle vida
alonga a branca sombra
que asombra

O ceo espreitar
en estrelas lecer
semeado en cantigas
Ramón Aller
e Loriga ensinoume a voar.

Salcocha o cocido
do cocho e do caldo
a cacheira e o rabo

¡Lalinízate xa!



8. Laurindinha     

Arranxos: Alfredo Villalba Ó laurindinha, vem a janela
ver o teu amor, aiaiai, que ele vai pr'a guerra

Se ele val pr'a guerra, deixai o ir
ele é rapaz novo, alaiai, ele torna vlr

Ele torna a vir, se Deus quizer
ainda vem a tempo, aiaiai, de arranjar mulher

 

 

9. o ghalo do curral    
Música e letra: Alfredo Villalba

Viviu en Vila de Cruces
alí tiña seu fogar
por todos ben coñecido
personaxe singular
na mesma Terra de Carbia
adoitaba el cantar.

Kikiriki
O ghalo do curral

Polas cruces de Besexos
polos camiños reais
e polos campos de mámoas
e polos castros locais.

É o ghalo do curral
anda por Vila de Cruces
é o ghalo do curral
vai e vén e vén e vai.

Fillo dunha pola roxa
dun ghalo de pelexar
mandaba na capoeira
ninguén ousaba chiar
por camiños e cruceiros
el cantaba ó pasar.

Kikiriki
O ghalo do curral

As súas patas topinas
a crista richa de tesa
dende os cumios do Carrio
dende a comarca do Deza.

É o ghalo do curral...

 

10. alalá das carballeiras    
Arranxos: Adolfo Domínguez

 

Carballeira de San Xusto
carballeira enramada
naquela carballeiriña
perdín a miña navalla
ai la le lo...

Carballeira de Tenorio
heina de mandar cortar-e
cando vou pra Pontevedra
non me deixa ve-lo mar-e
ai la le lo...

Carballeira de Tenorio
Carballeira de San Xusto

 

11. Freixido    
Arranxos: Alfredo Villalba.



12. amigo    
Música e letra: Alfredo Villalba

Non sei como comezar
esta canción que agora escribo
ningún verbo incoativo é capaz
de facerche xustiza amigo
son as verbas que sen máis
arrrcenden a ti meu amigo.

No ceo brillará
teu corazón amigo
a estrelifia do luceiro
guiará o teu camiño.

Só sei que esta mañá
a vida é coma un soño
esta irrealide inesquecible amigo
apenas podo dicir o teu nome
digo amigo.

No ceo brillará
teu corazón amigo
a estrelifia do luceiro
guiará o teu camiño.

Coma choiva caída nas follas
coma o vento que zoa no alén
com'a alma alumea no ceo
un luceiro meu amigo é
como a néboa que o cobre todo
como os ríos que van dar ó mar
com'as bágoas que enxugan teus ollos
manantío de escuma no mar.

In memoriam Segundo Balbuena





Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

info@ghastaspista.com




< =Requinteiros da Ulla
( A Gaita de Sarandón )
A Rúa de Valdeorras
( Abertal )
= >