Páxina anterior

LUAR NA LUBRE
Beira Atlántica

www.luarnalubre.com





.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

3 comentarios deste disco.....

 

 




 

 


 

 

 

 

Lume, auga, pedra, aire son os Catro Elementos de vida que converxen no adro, no claustro, na praza, na eira ou na encrucillada, lugares escolleitos pra celebrar a romería panteista na que non faltará o ronco son dos roncons, o estoupar dos pandeiros e o agromar agudo dos punteiros, do violín e da zanfoña.
Dous mundos artellados, o humus e o humanismo.

Velaí o que compre pro ancestral convite atlántico, tantas vegadas cantado polos bardos de folclore. Dilan, Stivell, Gwendall.. A Cantiga das Sete nacions que Floro Cuevillas cavilaba morta resucita de tempo en tempo en ecoar de irmandade:

Ei Armórica, Cornubia e Cambria,
Escocia, Eirín, Galaecia e Illa de Man
Son as Sete Nacións Celtas
fillas do Pai Breogán

Camiñando e cantando naceu o camiño que leva cara o Ara Solis na nosa Fisterra, onde a vieira é unha enseña de renacer pra o LUAR NA LUBRE aparellar a boda que quere traer unha vella e nova alborada, no seu escintilar abren vieiros nise vello mar das conversas galegas, o ATLANTICO

FELIPE SENEN

 

A esperanza celta, manifestada en lendas de circia siñificación poética, é un símbolo vivente da nosa nacionalidade e amosa unha indómita confianza nos nosos destiños

Alfonso Daniel R. Castelao


A LENDA DE BREOGÁN

Di a lenda que Brath, fillo de Death, tivo un fillo chamado Breoghan. Foi criado ate o intre en que poido levar armas. Despois de certo tempo, Brath morreu e Breoghan ocupou o principado. Moitas disputas e desacordos orixináronse entre as diferentes tribos que habitaban Galicia polo que houbo moitas loitas entre eles. Nembargantes, foi Breoghan cos seus soldados e xente, os que lograron a victoria en cada batalla. E deles foi o triunfo final, polo que o resto das tribus sometéronselle.
. Posteriormente Breoghan fundou unha cidade chamada Brigantia (posiblemente a acutal Coruña) e unha grande torre frente á cidade á cal chamouselle Tor Breoghain (quizais a torre de Hércules). Unha agradable e fermosa morada, ademais de ser un inmellorable lugar de vixianza. Breoghan tivo dez fillos, seus nomes eran: Breg, Cuala, Cuaionge, Bleid, Fuad, Muirtheme, Eble, Nar, Ith e Bile.
Ith, un dos fillo de Breoghan, xove, soñador, namorado do mar e da súa terra galaica, tiña o costume de subir tódolos seráns ate o mais alto da Tor Breogán. Dende alí o xove Ith comtemplaba solpores e horizontes mariñose deixaba voar a súa imaxinación tra-la ruta das gaivotas e aves mariñas. Un serán de inverno, cando o sol empezaba a tinguir o ceo de cor vermello a Ith pareceulle distinguir entre as bretemas lonxanas do mar a silueta dunha illa. Emocionado por esta visión baixou inmediatamente aos aposentos do pai para comunica-lo que vira pero ninguén deu creto ás súas palabras.
Estaban moi acostumados ás súas fantasías e aos seus ensoños persoais, e intentaron facerlle esquecer o que segundo il vira desviando a súa atención noutros temas. Pero Ith non se deixou disuadir, estaba tan seguro de que o que vira era realmente terra e non unha nube no horizonte, que logrou convencer aos seus amigos para que lle axudasen a bota-la súa embarcación de coiro ao mar e por rumbo a esa enigmática illa. E así foi como despois de varios días de navegación, Ith chegou ate as costas de Eire e desembarcou nunha das praias do sul

Lenda extraída do 'Leabhar Ghabhala' (libro das conquistas de Irlanda) escrito no século XII por monxes irlandeses baseandose na riquisima oral dese país

 


.


 

 

 


Ana Espinosa :
Teclados e Voz

 

Bieito Romero :
Gaitas galegas, Piobh Mhor e acordeón diatónico

 

Xulio Varela :
Pandeireta, laude, tarrañolas e voz

 

Xan Cerqueiro :
Frautas

 

Patxi Bermúdez :
Percusión

 

Andrés Bardullas :
Violín

 

Daniel Cerqueiro :
Guitarra acústica e voz

 



1.- Troquemos - Muiñeira
de Mazaricos        
Daniel Cerqueiro - Tradicional

Daniel Cerqueiro compuxo esta melodía para lle dar vida a unha fermosa letra que aprendeu da súa nai.. O remate é unha muiñeira tradicional chamada de Mazaricos, concello a carón da Costa da Morte.

Se queres trocar trocamos
se queres trocar troquemos
estes meus ollos gallados
polos teus que son morenos

Tes ollos e non me miras
e tes boca e non me falas
e se tes outros amores
porque non me desenganas

Tanto miras para min
tanto che debo gostare
se fora filla dun rico
non me deixabas quedare

Pasei pola túa porta
pedinche auga e non ma deche
cando pases pola miña
farei o que me fixeche

Pasei pola túa porta
mirei polo tarabelo
e a ladra da túa nai
acirroume o can rabelo

Se queres que eu cho diga
eu cantando cho direi
cantando tiven amores
e cantando os olvidei

 

 

2.- Danza de Sta María de Torás     
(Tradicional)

Torás é un pequeño povo da comarca de Bergantiños donde naceu esta bonita melodía. Tradicionalmente tócase con gaitas e o seu ritmo é algo máis alegre. Esta peza formou parte do repertorio do gaiteiro coruñés Emilio Corral.

 

3.- Muiñeira de Cabana       
(Tradicional)

Desta peza pouco máis se pode dicir do que xa se leva dito dela, simplemente agradecerlle a D. Saturnino Cuiña Lois (grande mestre) o tela recollido. Para el vai dedicada especialmente.


4.- Danza das Burgas        
(Tradicional)

Danza anónima aprendida do libro de Xosé Luis Foxo "Os segredos da gaita". Unha peza moi fermosa que nós arranxamos.

5.- Beira atlántica       
(Tradicional)

Tres muiñeiras de orixe tradicional abondo coñecidas.A primeira ten como titulo orixinal "muiñeira de Farruco" e procede da zona das Mariñas, preto de Coruña. A segunda foi recolleita polo grupo de danzas tradicionais "Xacarandaina" en Cobres (peninsula do Morrazo) forma parte da coñecida danza de antroido que aínda hoxe está viva nese lugar. E a terceira delas, recolleuna e arquivouna no seu coñecido cancioneiro o musicólogo Casto Sampedro y Folgar co nome de "muiñeira de Poio".

 

6.- Jig - muiñeira do Miño - Carballesa        
(Tradicional)

Unha jig composta por Bieito Romero con certo aire galés abre o tema para dar paso á vella "Muiñeira do Miño" habitual en moitos repertorios gaiteirís e como remate unha Carballesa de ritmo moi alegre posiblemente emparentada coa coñecida "Carballesa do Incio".

 

7.- Danza de palillos - Foliada       
(Tradicional)

Esta danza de palillos, foi moi popular en Anceu, (provincia de Pontevedra) aprendémola do Cancioneiro de Casto Sampedro. Parece ser que nese pobo hoxendia aínda é unha danza viva. Nós fixémoslle un arranxo en tonalidades / maior e menor para darlle un efecto menos receptivo.
A segunda das pezas é una foliada tradicional das que se poden escoitar en calquer recuncho do noso pais, nós escoitámoslla a un pescador en Pontedeume.

Carmela berrou con chindo
na carballeira de abaixo
porque lle picaba un toxo
que levaba no refaixo

dame Carmela
un bico pequeno
non cho dou queridiño
teñoche medo
teñoche medo
medo che teño
dame Carmiña, Carmela
un bico pequeno

O rebular con Carmela
Chindo perdeu as polainas
e xa que ten outras novas
non quere máis rebuldainas

BIS

Se queres que vaia e veña
Carmela ao teu lugare
has de prender a cadela
que non fai máis que ladrare

BIS


8.- Cancion de Berce                 
(Letra: C.E. Ferreiro / musica: Bieito Romero)

Pretendemos que esta sixela canción sexa particular homenaxe a este gran poeta loitador, Celso Emilio Ferreiro, ao que sen dúbida algunha, moito lle temos que agradecer.

Celanova ten un vento
Celanova un vento ten
un vento peleriñante
un vento que vai e ven

un vento que mais que vento
e un teimoso roncón
fungando polos tellados
con grave e tristeiro son

iste vento vagabundo
vai coa lua ven co Sol
vai cos mozos ven cos vellos
vai coa neve ven coa flor

vai coas nubes viaxeiras
por camiños de romaxes
vai co pandeiro da chuvia
repenicando paisaxes

de día vai cos paxaros
e anda a brincar polas hortas
de noite vai cos morcegos
e anda a petar polas portas

meu neno non teñas medo
que este vento e meu amigo
i anque rosma pola rúa
non te levara consigo

vento que vas a aventura
non ollas como che aceno
vaite de aquí paseniño
deixa durmir ao meu neno.

 

9.- Highlanders       
(Tradicional)

A significación que para nós teñen os povos e a cultura céltica non é algo doado de escribir, só se leva no corazón. Con este compendio dunha jig e tres reels pretendemos homenaxear modestamente a un destes fermosos países irmáns, Escocia.

 

 

 

Gravado no Nadal do 89 e Xaneiro do 90 nos
Estudos Sons Galiza (Lugo)
 




Luar Na Lubre

O son do ar
Beira Atlántica
Ara Solis
Plenilunio
Cabo do Mundo
XV Aniversario
Espiral
Hai un paraíso
Saudade
Camiños da Fin da Terra
Ao Vivo
Solsticio
Mar Maior



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Luar Na Lubre

* Luar Na Lubre en Vilalba
* Luar Na Lubre en Cartagena
* Luar Na Lubre en Vilanova de Oscos
* Luar Na Lubre en Barakaldo
* Luar Na Lubre en Lisboa

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista





Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

info@ghastaspista.com




< =O son do ar
( Luar Na Lubre )
Ara Solis
( Luar Na Lubre )
= >


Voltar á páxina principal