Páxina anterior

 

BERROGÜETTO
“10.0”

 

www.berroguetto.com

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

5 comentarios deste disco.....

 





 


 




 

Berrogüetto é o nome da subversión en contra do acomodaticio e do rutineiro. É a procura dun alén no decorrer das horas de traballo honesto e sincero, na beleza agochada no trasluz da constancia. Berrogüetto é o nome da minuciosidade puntillísta, do fino encaixe de harmonía e tempo, da áxil melodía que non se contenta coa súa galanura e alza os ollos para enxergar horizontes máis azuis e máis amplos.

Hai agora dez anos que estes artistas viñeron a convulsionar o mundo folk cun discurso diferente e engaiolante. A xenialidade destes músicos galegos foi quen de crear un estilo propio e inconfundible, unha escola con seguidores e imitadores, algo ó que moi poucas formacións teñen o privilexio de acceder.
Niso se distinguen os grandes creadores: só eles permanecen no imaxinario colectivo dun país, revelándose continuamente tras de usos e patróns estilísticos das novas xeracións de músicos. Por se isto fora pouco, Berrogüetto vive nun perpetuum mobile, sempre cuestionándose a si mesmos, sempre inquedos no seu papel de grupo emblemático da música galega, agasallando ós seus seguidores (entre os que me atopo) con xoias musicais tan valiosas como pouco frecuentes. Con tan só tres traballos discográficos, Berrogüetto abriu novos camiños para a música folk galega. No seu décimo ano e no seu cuarto álbum, as felicitacións e os parabéns de todos os que os apreciamos. Grazas, Berrogüetto.

RODRIGO ROMANÍ

 

 

 


 

 

 

Quico Comesaña:
Bouzouki, Mandolina e Harpa Céltica

 

Santiago Cribeiro:
Acordeón

 

Quim Farinha:
Violín

 

 

Guillermo Fernández:
Guitarra Acústica e Guitarra Eléctrica

 

Guadi Galego:
Voz, e Gaita en 4, 7 e 9

 

Isaac Palacín:
Batería e Percusións

 

Anxo Pintos:
Zanfonas, Saxo, Frauta, Teclado, Duduk, Gaita en 5 e 10, Violín en 1 e 10


 

Kin García toca o contrabaixo en 8
Voces líricas en 5, por Silvia Pintos

Arranxos: Berrogüetto

 

 
 

 

 

1.- Xente     
Guadi Galego - Guillermo Fernández
(inspirado nunha letra de Manolo Maseda)

Olla a rúa de atrás
olla o chan oe o mar
olla os que xa non están
oe o bardo cantar

Oe o son do andar
son os que veñen sen pan
saen do seu despertar
collidos da túa man

Ollame óllate
olla os ollos dos que ven
ven de ti ven de min
óllame óllate

xente que vai soa
xente que vai embora

xente que namora a
xente

xente diferente
xente intelixente

xente intermitente
xente

xente divertida
xente distendida
xente a túa medida
xente

xente que comprende
xente que sorprende
xente que non se vende
xente

 


2. Cracovia     
Santiago Cribeiro

 

 


3. Brest     
Quim Farinha

Entre a terra e o mar
medran flores de escuma
ribeiranas de sal
carantoña teimuda.

Obradoiro de soños
pra quen quere mudar
o que ven os seus ollos
por un outro mirar

de fervenzas no vento
e de areas fecundas,
onde o mar é un xoguete
dos enredos da lúa.

Ribeiranas de sal
firmamento de area
entre a terra e o mar
nos cantís de Fisterra.

 

 

 

4.- Unha volta e un poema   
Guadi Galego - Guillermo Fernández

Vai unha volta, unha volta e un poema
unha cantiga, a cantiga dunha nena
vai un xantar, un xantar, unha conversa
un pensamento, pensamento con talento

Vai o teu beixo, o teu beixo nun silencio
unha palabra, a palabra desexada

E agora que sae o sol
o teu nome xa se ve
agora que sae o sol
ti tamén es

Vai a esquecida, a esquecida e nomeada
unha sentenza, a sentenza que ti fagas
vai o teu dito, o teu dito cun sorriso
unha quimera, a quimera dunha espera.

Foi unha volta, unha volta e un poema
unha cantiga, a cantiga dunha nena,
vou despedirme, despedirme cunha flor
vou despedirme, cunha flor de cor de ron.

 

 

 

5.- Permafrost      
Anxo Pintos


 

6. Lévame de aquí     
Guadi Galego - Guillermo Fernández

 

Vira na roda da vida
vira como unha buxainda
por cada volta que viras
vaise unha pena da ialma
vira pra que tra-la noite
sempre veña a ialba.

Son como as nubes do ceo
son como a escuma do mare
non teño acougo nin quero
son unha folla que cae
vivo no berce do vento
preso estou do aire.

Baila e bate na terra
pra enxermar a primavera

Baila e toca as estrelas
Coas azas das arelas

 


7. Vamosindo     
Santiago Cribeiro


 


8. Sálgame    
 
Guadi Galego - Guillermo Fernández

 

Cra esta ferida
dáme auga
dáme alento
mira estou espida
son a túa palabra
ponme o teu acento.

Bsco a túa mirada
busco a verdade
busco e non che minto
sigo as túas pegadas
síntote moi perto
moi perto te sinto

Dime se estou durmida
eu non cedo
non me resigno
dime si estou perdida
sinto que non penso
penso que non sinto

Somentes a calma
trae a cordura e razón
trae o placebo para o noso corazón

Somentes a luita
trae a mestura e paixón
trae o placebo para o noso corazón.

 

 

9. Deneb    
Quico Comesaña


 

10. Nosocomial     
Anxo Pintos

 


11. Entropialxia     
Quico Comesaña


Quero botar a andar
cara a outra beira
deixádeme cruzar
larala..

Teño nas miñas mans
os meus sentidos
camiños que labrar
larala..

Collendo lume vou
dentro do ar
húmida terrason auga vital

De lume o corazón
de ar as veas
de terra e auga son
larala..

A lúa quere ver
a miña cara
por entre as ramas vai
larala..

Denoite espértame
tecendo estrelas
insinuando que
marche con ela

Qen me pode abrir a orta
quen me arranca esta cadea
quero a chave que se esconde
e me ceibe desta xeira.

 

 


 

 

 

 

 

 

Gravado por Berrogüetto nos meses de marzo e abril de 2006
Mesturado nos estudios "Edisco" da Estrada por Suso Ramallo
Producción Artística: Berrogüetto
Coordinador de producción: Xulio Cordeiro

Artesáns: Carlos do Viso, Alfonso Castro, Xaime Rivas, Victor Barral, Gil e Mouriño
Guillermo Fernández grava este disco con guitarras cedidas por "Estudio 54"


Editado por BERROGUETTO PRODUCCIÓNS S.L.
Avda. Bilbao nº8, 5ºB
15706 Santiago de Compostela
Tfno: 981 57 39 44 - Fax: 981 55 74 38
E-mail: info@berroguetto.com
www.berroguetto.com

 


Berrogüetto

Navicularia
Viaxe por Urticaria
Hepta
10.0



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Berrogüetto

* Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en Avilés
* Presentación de 'De aquí para alá' de Lydia Botana nas Illas Canarias
* Davide Salvado en Salasón (Cangas)
* Xaneiro '16 nas Crechas (Compostela): Davide Salvado, Machado, Fred Martins e Nani García
* Falece a Señora Carmen, solista de Malvela

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista





Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

info@ghastaspista.com




< =Hepta
( Berrogüetto )
bOnOvO
( bOnOvO )
= >


Voltar á páxina principal