Páxina anterior

 

bOnOvO


www.bonovo.org

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

1 comentario deste disco.....

.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

bOnOvO nace como un proxecto musical co propósito de colmar as inquedanzas de tres
músicos na procura dunha nova sonoridade. A mistura das músicas que levan no seu interior
conforman o trío...Lixeiramente asíncrono.


A esencia dos sons acústicos salseados con tecnoloxía de vangarda, quere romper barreiras
co establecido, explorando alén do coñecido as posibilidades de tres instrumentos tan
polivalentes como a zanfona, o acordeón e a batería.


bOnOvO comezan aquí o camiño na busca dun son que non entende de etiquetas, que ten
como principio fundamental a fusión de tres instrumentos e tres personalidades de seu, nunha
simbiose musical imprevisíbel.


Óscar Fernández :: A zanfona, instrumento de fonda raigame
galega, toma unha nova dimensión nas súas mans, incorporando
os últimos avances e complementándose cunha cadea de
procesadores e samplers.


Roberto Grandal :: Sendo o acordeón unha máquina de
acompañamento case perfecta, engade un envolvente baixo e un
repertorio de instrumentos como piano, cordas ou frauta
controlado ao vivo. Impactante!


Pulpiño Viascón :: Un multi-instrumentista sorprendente! Toca
o serrucho e te mergulla coa súa voz “in the ocean”. A versatilidade e contundencia das súas percusións sustentan a
rítmica de bOnOvO.

 


bOnOvO propón un espectáculo inquedo, cun ritmo
frenético e bailábel, que non deixará a ninguén
indiferente. Pode ou non facer bailar teu corpo, pero de
seguro que si o fará a túa mente.

 

 

 

 

 

 

bOnOvO son:

Pulpiño Viascón:

Batería electrónica, serrón musical, voz, guitarra eléctrica, gaita midi, trompeta e programacións
,

Roberto Grandal:
Acordeóns acústicos e midi, programacións


Óscar Fernández:
Zanfonas electro e acústicas, programacións


Tomás Ageitos:
Son en directo, gravación e mesturas.

 

Músicos Convidados

Serxo Cés:

Voces en
"Ai Filomena Querida!"
,

Nacho Jarbanzo:
Ukelele en
"In the ocean"

 

 

 

 

 

 

 




 

 

 

 

 

1.- Sexta    
Autor: Óscar Fernández
Arranxos: bOnOvO

 

 

2.- Danza filipa    
Autor: Óscar Fernández
Arranxos: bOnOvO

 

 

 

3.- Cousa bonita    
Autor: Óscar Fernández
Arranxos: bOnOvO

 

 

4.- Ai! Filomena querida...  
Música e Letra popular de Galicia recompilada por Mini e Mero e publicado en Cantos, Coplas e Romances de Cego (I)
Voces: Serxo Ces
Arranxos: bOnOvO

Voulle a contar un caso
que é dino de comentar
que pasou a Filomena
un día de Navidá

De Froxán iban pró Mazo
un domingo moi contenta
porque levaba o novio
acompañándose nela.

No outro da Lanzadiña
encontrouse co enemigo
i éranche cinco mozos
que lle iban rompe-lo virgo

Elí foi a hora triste
onde se viu apurada
que aqueles cinco salvajes
todos querían montala.

Unhos botábanlle a mao
i outros decían: deitala
i a pobre da Filomena
gritaba desesperada.

Como cinco lobos fieros
seguían botándos'ela
ela caio por baixo
i o Adán por riba dela.

O Adán era home blanco
porque era o mais creminal
foi o que lle rompeu as bragas
aquel cara d'animal

Os outros cuatro eran novos
e axudábanlle a agarrala
como eran máis pequenos
non puderon sujetala.

Escapóuselles das maus
non a puderon vencer
botaron todos tras dela
non a puderon coller.

Eu non sei que parecía
ver aquel día na serra
a Filomena desnuda
ios puchinos detrás delas.

Vaia caso más chocante
qu'é dino de comentar
que parecían as perras
qu'están sen cevelizar.

Ai Filomena querida
que co susto que levou
empezou a correr na serra
i-asta o Mazo non parou.

E cando chegou ó Mazo
chegouche toda asustada
e todos lle preguntaban
que fora o que lle pasara.

Ela contándolle todo
dándolle ben os detalles
e d'elí outro día
a Folgoso a dar parte.

Ó outro día siguiente
Acompañada da tía
Marcháronse a Folgoso
a dar parte enseguida.

Os guardias lle preguntaron
que fora que lle fixeran
dixo que non o sabía
pero algo que lle meteran.

Chamáronos ó cuartel
e do cuartel ó xusgado
i o que non iba chorando
iba medio desmaiado.

O comandante lle dixo:
este asunto hai que arreglalo
díanlle tres mil pesetas
io asunto terminado

Logo agarráronlle a roupa
que nun paquete levaba
facendo que lla levaban
pra ver s'esí a pillaban.

Ela iba delixente
podíache correr ben
que solo levaba o viso
ión cachiño de sostén.


Recollido por Mini e Mero a
José e Álvaro Veloso de Forgas
P. De Brollón, Lugo 1989.

 

 


 


5.- Spaghetti panic    

Autor: Andy Cutting
Arranxos: bOnOvO

 

 


6.- Fariñenta    
Autor: Óscar Fernández
Arranxos: bOnOvO

 

7.- Nova 13    
Autor: Óscar Fernández
Arranxos: bOnOvO

 

 

 

8.- Fariloops    
Autor: Óscar Fernández
Arranxos: bOnOvO

 

 

 

9.- 7-B   
Autor: Óscar Fernández
Arranxos: bOnOvO
F
ragmento adaptado de Alborada de Pascual Veiga

 

 

10.- Gran dereit II    
Adaptación de dúas melodías do cancioneiro medieval Cantigas de Santa María do século XIII
Arranxos: bOnOvO

 

11.- Karamfil    
Melodía popular de Bulgaria

 




12.- In the ocean    
Autor: Pulpiño Viascón
Ukelele: Nacho Jarbanzo



 

 

Don't forget me in the ocean
ooo ooo ooo in the ocean
don't forget me in the ocean
ooo ooo ooo in the ocean.

Eres o raio de sol que entra
en mi ventana a primeira
ghota que cae de chuvia de
chuvia eres tú meu amor.

Hoxe son un grilo e
mañá un caimán podo
transformarme en tu almohada
pra só durmir, só durmir contigo

Don't forget me in the ocean
ooo ooo ooo in the ocean.

 

 

 





Producción artística: bOnOvO
Gravación e mesturas: Tomás Ageitos en La Casita cortesía de Oitonunpiso
Asistente de gravación: Victor Álvarez
Máquinas adicionais de estudo: cortesía de Elisson
Masterización: José Martínez en estudios Bonham (A Coruña)
Fotografía, deseño e maquetación: Roberto Grandal

Producido e realizado por bOnOvO en Fene, Riveira e A Coruña nos meses de novembro de 2007 a marzo de 2008.

Zanfona acústica cedida para a gravación polo Padroado de Cultura do Concello de Narón.

Acordeón acústico cedido para a gravación por Manuel Cociña.

 


bOnOvO

bOnOvO



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con bOnOvO

* Entrevista a Oscar Fernández:(Os Cempés) en Galiciaé: Novo disco para o Nadal
* O Grupo Doa presenta "A Fronda dos Cervos"
* Cristina Pato e Mercedes Peón en WOMEX 2010
* VI Xornadas de cultura mariñeira en Muros
* Disco e libro con trece «cantigas» do Camiño

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista





Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

info@ghastaspista.com




< =10.0
( Berrogüetto )
Airexa
( Camaxe )
= >


Voltar á páxina principal