Páxina anterior

 

A CURUXA
De Ruada en Bos Aires


..... 1 comentario deste disco.....

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

A Curuxa xérase como agrupación cultural no ano 1995 co obxectivo de preservar, investigar e difundir a música, canto e bailes tradicionais de Galicia no contexto americano desde finais do século XVIII ata a actualidade.

 

Bos Aires foi nomeada por moitos como a "quinta provincia", afirmación baseada na ininterrompida presenza galega nestas terras desde 1787, ano do nacemento da Congregación del Apostol Santiago el Mayor, de hijos y naturales del Reyno de Galicia, mais foi sen dúbida o século XX o que fixo desta cidade a urbe galega máis importante, pois nela viviron de xeito simultáneo, ata mediados do século pasado, aproximadamente 1.500.000 galegos sencontar a súa descendencia.

 

Pola súa traxectoria e calidade artística, nomes como Manuel Dopazo ou Los Monfortinos fixeron historia e permanecen ata o día de hoxe na memoria colectiva. As manifestacións culturais galegas, lonxe de desapareceren, mantéñense con actual vixencia pese á mingua migratoria procedente da Península, que rematou ala polo ano 1960. Coa publicación deste traballo de estudo e divulgación pretendemos achegarlle ao público o que foi, e inda é, o patrimonio musical galego dos últimos 100 anos na Arxentina, patrimonio que entendemos que adquiriu unhas características propias e se diferenciou en certa medida do da Galicia territorial, feito este que debemos ter en conta á hora de valoralo. Mais o verdaderamente importante e ilusionante é que amúsica tradicional galega en Bos Aires amosa un alentador panorama de continuidade grazas ao esforzo de todos aqueles que coidan e aman o noso acervo cultural, con vocación de proxectalo cara ao futuro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Curuxa formámola :

Macarena Bermúdez,
Walter Almirón García,
María Recarey Rey,
Óscar Mouzo,
Beti Lefbad Ruppel,
Xesús Mariño Barcia,
Belén Bermúdez,
Serxo R. Vaamonde,
Leonardo Almirón García,
Walter Arce,
Patricio Camino e
Alberto Vera.

 

 

 

 

 

 

 

Artistas Convidados
Oscar Ibáñez García,
Arturo Lamas Braña,
Rodolfo González Ouvel (Gonzalito),
Daniel Inger e
Brisas da Cruña de Bos Aires
.

 

 

 

 

 

 

 

 

CONTACTO :
Agrupación Cultural Galega A Curuxa
Calle General Pinto Núm 1435
1870 - Avellaneda -
BOS AIRES - ARXENTINA
tel./Fax 0054-11-4204-9910
Tel. Portátil 0054 1551412195

Enderezo electrónico: acuruxa@educ.ar




 

 

 

 

 

1.- Alalá das Mariñas / Ferrol    
Alalá/Muiñeira
Tradicional
Gaita en Do Arturo Lamas
A peza é do repertorio do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol que, fundado en 1915, se destacou como unha das catro agrupacións históricas máis sobranceiras do folclore galego. A segunda interpretación pertence ao gaiteiro Constantino Bellón, de gran sona na Ferrolterra. Ambas as dúas pezas foron gravadas en outubro de 2005 e interpretadas polo gaiteiro Arturo Lamas Braña na súa visita á capital porteña.

 

 

2.- Manoeliña    
Xota
Tradicional

Gaitas en Do:
Xesús Mariño Barcia e
Walter Almirón García
Tamboril e bombo: Óscar Mouzo
Aturuxos: Óscar Ibáñez García
A peza é do repertorio de Manuel Dopazo Gontade (1882-1952), alcumado como O máis grande gaiteiro de América. Foi, ademais, o creador e director da primeira banda de gaitas do novo continente. Los Gaiteiros de Villaverde. Interpretámola coa colaboración do santiagués Xesús Mariño, último discípulo en activo deste mítico gaiteiro.
 

 

 

3.- O Cabaliño    
Pasodobre
Tradicional
Gaitas en Do: Walter Almirón García
Tamboril: Óscar Mouzo
Bombo: Leonardo Almirón García
Con este pasodobre, Los Monfortinos, o grupo de máis prestixio para a colectividade galega na segunda metade do s. XX, abría as súas actuacións de ritmos bailables. Esta formación conclúe a súa actividade no 1992 ao finar o seu director, o gaiteiro Avelino Rodríguez Arteaga, natural do concello de Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra

 

 

4.- Muiñeira das Cernadas  
Muiñeira
Autor: Xulio Amado Silva
Gaita en Do e pandeireta: Walter Almirón García
Tamboril: Óscar Mouzo
Cunchas: Belén Bermúdez

Xulio Amado, hoxe radicado na Península, formou parte durante varios anos do desaparecido grupo folclórico César Quiroga, do Centro Betanzos de Bos Aires. Esta muiñeira é a nosa contribución á celebración do centenario da institución de caracter comarcal máis antiga do mundo (1905)


 


5.- Xota de Coirós    
Xota
Autor: Walter Almirón García
Gaita en Do: Walter Almirón García
Tamboril: Óscar Mouzo

O autor quérelle adicar esta peza ao seu avó Xosé García Valiño, nado no lugar de Merille, pertencente á parroquia de Lesa, no concello coruñés de Coirós, quen na súa mocidadetanxera a caixa e o bombo con pratos xunto ao gaiteiro de máis sona da comarca betanceira no século pasado, Francisco Manso Barros, O Cafú

 


6.- Baila, rapaza    
Muiñeira
Autor: A. Sisto / Hernández

Gaita en Do e aturuxo: Óscar Ibáñez García
Gaita en Do: Walter Almirón García
Tamboril: Óscar Mouzo
Bombo: Leonardo Almirón García

Muiñeira do repertorio de Aurelio Sisto de Chaparra, Compostela. Esta peza foi gravada coa colaboración do gaiteiro Óscar Ibáñez durante a súa pasaxe pola quinta provincia no mes de outubro de 2004

 

7.- Cantar de Arrieiro    
Canto de labor
Tradicional
Voz: María Recarey Rey

Coñecido como tradicional estendido por toda a xeografía galega. María Recarey aprendeuno do seu avó, Francisco Recarey, na parroquia da Pereira, no concello coruñés de Santa Comba.

 

 

8.- Danza de Malvares    
Danza
Tradicional
Voz e pandeireta: María Recarey Rey
Os "agarradiños" formaban parte do repertorio dos bailes que se podían escoitar nas ruadas e fiadeiros. Trátase de bailes que, maila seren modernos, se adaptaron sen problemas ao concepto musical autóctono. Falamos, por exemplo, das polcas, mazurcas, valses, pasodobres... Popularmente as primeiras denomináronse xenericamente como "danzas". Estes bailes tiveron boa acollida entre a mocidade polo contacto físico que producía, xa que facilitaba a relación entre as parellas. Esta peza foi recompilada na aldea de Malvares, parroquia de Rial, no concello coruñés do Val do Dubra

 

 

9.- Xota de Rial   
Xota
Tradicional
Voz e pandeireta: María Recarey Rey

Interpretada pola nosa voz feminina María Recarey, residente na actualidade no municipio de Lanús, provincia de Bos Aires. María formou parte da fornada de emigrantes que de Galicia saíron cara ao continente americano alá polo ano 1981

 

 

10.- Muiñeira de Rial    
Muiñeira
Tradicional
Voz e pandeireta: María Recarey Rey

Unha das pezas máis características da parroquia de Rial, lugar de nacemento de María Recarey

 

11.- Taramundi    
Valse
Tradicional
Arranxos: Serxo R. Vaamonde & Walter Almirón García
Acordeón: Macarena Bermúdez
Violín: Serxo R. Vaamonde

Valse recolleito por Xosé Manuel Seivane no concello asturiano de Taramundi, estremeiro co concello lugués da Pontenova. A versión que ofrecemos con acordeón, a piano e violín achégase ao estilo interpretativo característico da Arxentina hai máis de cen anos, aderezada por un sutil aire francés.

 


12.- Mate amargo    
Rancheira
Tradicional
Acordeón: Daniel Inger
Guitarra crioula: Serxo R. Vaamonde

Xénero musical popularizado na Arxentina, Perú, Venezuela e México; neste último país naceron as rancheiras máis coñecidas. As rancheiras crioulas son danzas rurais ao xeito de mazurca europea e xurdiron nos arrabaldes da cidade de bos Aires a finais do s.XIX. A nosa versión axústase ao xeito interpretativo actual da rexión pampeira

 


13.- Día Domingo    
Cumbia
Popular
Saxos altos: Walter Arce & Óscar Mouzo
Clarinetes: Alberto Vera & Walter Arce
Caixa e choca: Patricio Camino
Bombo, pratos e güiro: Walter Almirón García
Grupo: Brisas da Coruña, de Bos Aires.

A cumbia orixinouse como xénero musical na costa colombiana, producto da fusión entre elementos folclóricos de orixe negra, branca e indíxena, sendo na súa forma autóctona exclusivamente instrumental. Na Arxentina principiou a escoitarse no pasado século XX, concretamente na década dos corenta, e integrouse no folclore nacional. Adquire popularidade co grupo Wuawancó do Uruguai. A influencia de ritmos como o chamamé, o cuarteto e o merengue contribuíron a consolidar un estilo propio, diferenciado do orixinal. No contexto galego estes aires americanos foron incorporados aos repertorios dos chamados Conxuntos rexionais, Orquestiñas e Grupos de gaitas. Día Domingo foi recolleita do conxnto E Rivadavia.

 

 

14.- O negro Xosé    
Candombe
Autor: Roberto Ternán
Saxos altos: Walter Arce
Clarinete e clarón: Xurxo Álvarez
Clarinete:Roberto Motola
Caixa e choca: Óscar Mouzo
Bombo e pratos: Xoán Carlos Mouzo
Conxunto: Galicia (1999)

O candombe é un ritmo de orixe africana que representa a supervivencia do acervo ancestral de raíz bantú. Foi introducido no Río da Prata polos antigos escravos negros. Nos carnavais da cidade de Montevideo é onde se pode escoitar este ritmo con máis forza. Candombe para José ou El negro José é o nome co que se coñece mundialmente esta composición, da que é autor o músico de orixe arxentina Roberto Ternán.

 

15.- Zapateiros ambulantes    
Pasodobre
Tradicional
Gaita en Si bemol: Cándido Pérez
Clarinete: Roberto Motola
Saxos altos: Walter Arce e Xurxo Álvarez
Caixa: Óscar Mouzo
Bombo e pratos: Xoán Carlos Mouzo
Presentador: Rodolfo González Ouvel (Gonzalito)
Conxunto: Galicia (1999)

Trátase dun pasodobre popular do repertorio do conxunto Galicia, formación que foi creada e dirixida polo gaiteiro Manuel García Pose, natural do concello coruñés de Muxía. Esta peza foi extraída dun disco inédito gravado por esta agrupación en 1999, ano no que abandonou a súa traxectoria musical logo de dúas décadas de presenza ininterrompida no panorama musical galego-arxentino.

 

16.- Corridiño    
Corridiño
Tradicional
Saxofón Tenor: Alberto Vera
Clarinete: Walter Arce
Acordeón: Beti Lefbad Ruppel
Caixa: Patricio Camino
Gaita en Do, bombo e pratos: Walter Almirón García
Conxunto: Brisas da Coruña, de Bos Aires

Tema orixinario de Minas Gerais (Brasil), de clara influencia portuguesa, Recolleito ao grupo Los Futuristas, do poboado do Soberbio, provincia de Misiones, por Beti Lefbad, irmá dalgúns dos músicos da formación. Nesta parte do país asentouse unha gran colonia de emigrantes procedentes do centro de Europa, o que fixo que o acordeón fose o instrumento máis utilizado para amenizar os bailes desta rexión do noreste da Arxentina.






Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

oscaribanez.com/bloger/article/10/oscar-ibanez-musico-convid.. :
(Oscar Ibáñez músico convidado na gravación do disco do grupo A Curuxa (Buenos Aires)) :
O grupo de música tradicional galega A Curuxa (Buenos Aires) acaba de editar o seu primeiro traballo musical titulado De ruada en Bos Aires co selo discográfico galego Ed. do Cumio. No CD, este o conxunto musical formado por emigrantes galegos e descendentes destes que seguen a vivir na “quinta provincia”, fai un percorrido polo patrimonio musical galego dos últimos 100 anos na Arxentina.

O director artístico do grupo Walter Almirón aproveitou a estancia de Oscar Ibáñez a Buenos Aires en 2004 para convidado a gravar con A Curuxa a muiñeira Baila rapaza (Sixto e Hernández), este tema, que foi gravado polo Conxunto Sixto en Arxentina nos anos 30 con gaita, clarinete, caixa e bombo, é unha das xoias da música galega na emigración xa que formou parte do repertorio de todos os conxuntos musicais galegos da Arxentina manténdose viva até a actualidade.


galespa.com.ar/galespa_cd_acuruxa_deruadaenbosaires.htm.. :
(Galicia espallada:) :
Llegó a nuestras manos el CD, de reciente lanzamiento, de la Agrupación Cultural Gallega "A Curuxa" de Buenos Aires, titulado "De ruada en Bos Aires", interpretado por una multitud de músicos.

Se trata de un formidable trabajo etnográfico de la emigración que seguramente será más apreciado en Galicia que en Argentina. En Buenos Aires se me ocurre que solamente Xeito Novo puede estar a la altura de este estudio que une el trabajo artístico con el de investigación.

El mismo consta de 16 temas y está editado en Galicia por Edicións do Cumio ( la misma editorial literaria de los afamados diccionarios ) y respaldado por prestigiosas organizaciones como el Arquivo Sonoro de Galicia y el Consello de Cultura Galega.

La edición es impecable, tanto en sonido como en la presentación del CD, que viene acompañado por un librito con toda la información de la agrupación, de cada tema, su autor o lugar de recogida, sus intérpretes con cada instrumento, su historia y numerosas fotos, históricas blanco y negro como la del célebre gaitero Cafú o en color como las de los intérpretes y hasta la de Susana Seivane, quien está retratada junto a Walter A. García en su visita a la empresa familiar en Cambre, A Coruña.

La pléyade de músicos que pueblan el CD son:

Walter Almirón García, Alberto Vera, Carlos Farfán, Walter Arce, Oscar Mouzo, Patricio Camino, María Recarey Rey, Arturo Lamas, Xesús Mariño Barcia, Macarena Bermúdez, Beti Lefbad Ruppel, Serxo Vaamonde, Belén Bermúdez, Leonardo Almirón García y Rodolfo González Ouvel como presentador en un tema.

Y la multitud de instrumentos y voces cuenta con:
vientos - gaita en Do, gaita en Sib, acordeón, saxo alto, güiro, clarinete, clarón percusión y voz - aturuxos, presentador, cantareira ( voz y pandereta ), tamboril, bombo, cunchas, caja, choca, platos cuerdas - violín, guitarra criolla.

Los diferentes ritmos interpretados son: jota, muiñeira, alalá, pasodoble, canto de labor, danza, vals, ranchera, cumbia, candombe y corrido.

El estudio está dividido en cinco secciones.
La primera es "Gaiteiros" con 6 temas donde se muestra el virtuosismo de los gaiteros en las clásicas jotas y muineiras.
El tema 5, Xota de Coirós, compuesto e interpretado por Walter A. García ( dedicado a su abuelo quien tocara con Cafú) es una pieza que requiere una alta habilidad con la digitaciones. Me vino a la memoria Bailando con Rosiña interpretado por Carlos Núñez. Se ve que los grandes gaiteros buscan estos temas rápidos para lucirse.

La segunda sección es "Canto tradicional" donde se destaca "a cappella" María Recarey Rey quien logra que con su voz se escuche una música inexistente.

Esta sección consta de 4 temas y las subsiguientes de dos cada una.

La tercera es "Instrumental" donde se conjugan múltiples instrumentos en una interpretación exquisita, como por ejemplo de Taramundi, el vals recogido por el abuelo de Susana Seivane.

La cuarta sección o bloque es "Orquestiña" y acá hay que estar atento porque algún melómano puede quejarse de que la base está muy al frente, que los platillos resuenan con excesiva presencia. Pues así sonaban estas orquestas en Buenos Aires en las épocas que nuestros abuelos y padres bailaban en el mítico centro Lucense, apodado el "registro civil", pues de allí salieron muchas parejas de las que descendemos.

En la sección quinta, Conjunto regional, tìpica o charanga, hay una continuación estética con la anterior y el presentador Gonzalito despertará mucha morriña en gente de la época. En esta ocasión mi imaginación voló a recordar la Orquesta Azul, del cuento "Un saxo en la niebla" del libro "¿ Qué me quieres, amor ?" del gran escritor gallego Manuel Rivas. El que lo prefiera puede recordar la película "La lengua de las mariposas" armada con los cuentos de Manuel Rivas. No debe ser casualidad que en la foto del librito del CD todos vistan de camisa azul como en la añorable Orquesta Azul.

El logotipo de la agrupación es un dibujo original de Manuel Cordeiro Monteagudo.


cumio.com/galega.htm :
(Edicións do Cumio) :
Grupo de música tradicional galega de Bos Aires. No traballo apreciamos unha recompilación de feitos musicais que os emigrantes galegos levaron na maleta, así como as adaptacións que sufriron as músicas ao estar en contacto cun entrorno cultural tan especial.

segundosaquedigital.blogspot.com/2007/04/la-msica-celta-en-l.. :
(La música celta en la Argentina ) :
(..)Y es justamente en 1995 cuando nace A curuxa, que significa la lechuza. Este nombre es debido a que hay abundancia de búhos en Galicia, y que éste ave, en la mitología céltica, es un pájaro de buen augurio.
La banda es una agrupación independiente que lleva adelante además una escuela de música. Cuenta con 35 integrantes, entre músicos, cantantes, bailarines y apoyo logístico.
El grupo grabó un CD recién el año pasado. El mismo fue presentado en Galicia, ya que el trabajo fue editado por una compañía discográfica de Pontevedra y recibió el nombre de 'De ruada en Bos Aires', que significa De fiesta en Buenos Aires, en lengua gallega. Las razones por las cuales tardaron tanto en editar el primer material tiene dos aristas: por un lado la parte económica, y por otro porque esperaron que "la investigación madurara", según explicó García, ya que A Curuxa se dedica a estudiar las raíces de la música celta. "Queremos hacer algo nuevo, buscar una identidad propia en lo folk y no hacer copia de", declaró el gaitero, y comentó que está interesado en tocar tango con la gaita.
(..)


workpedia.com.br/cabalino.html

info@ghastaspista.com




Requinteiros da Ulla
( A Gaita de Sarandón )
= >


Voltar á páxina principal