DISCOS COMENTADOS

 

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49]



Fía Na Roca ( Contravento )
(comentario engadido o día 13/10/03 ás 22:41h)
Chapeu!

Comentario escrito por Cristina
resposta





Os Papaqueixos ( A lóxica aplastante do comité de propaganda )
(comentario engadido o día 11/10/03 ás 17:56h)
Oín rumores de que se van xuntar de novo varios dos membros do grupo!!!!!
Parabens para tódolos fanáticos da festa tola... Espero ver pronto a nova formación. Bicos

Comentario escrito por Sara
resposta





Os Papaqueixos ( A lóxica aplastante do comité de propaganda )
(comentario engadido o día 7/10/03 ás 20:34h)
son uns mataus
que non ajuantan a bebida
de ahi que se DESFIXERAN EN MELIDE porque non ajuantan o ritmo dos oriundos da cerne da galiza.

Comentario escrito por O JRANDE
resposta





Xiradela ( Xiradela )
(comentario engadido o día 6/10/03 ás 13:42h)
Gustame moito o disco,de verdade pero é unha pena que se desfixera o grupo

Comentario escrito por Mari
resposta





Trasmundi ( Raianos )
(comentario engadido o día 5/10/03 ás 19:47h)
Pois eu estou agardando o novo disco porque son uns fenomenos...

Comentario escrito por suso
resposta





Trasmundi ( Raianos )
(comentario engadido o día 4/10/03 ás 21:37h)
estou alucinado do bo son que ten iste cd,pra min e un inesperado descubrimento

Comentario escrito por manolo-vigo
resposta





Emilio Rúa ( Emilio Rúa )
(comentario engadido o día 3/10/03 ás 20:03h)
AQUI DENDE UNHA REMOTA ALDEIÑA DE LUGO, MIRANDO CARA AS MONTAÑAS, ESTOU ESCOITANDO A TUA MARAVILLOSA CANCION "A ALDEA".UN MOMENTO INESQUECIBLE, UNHA APERTA:TOÑITO

Comentario escrito por TOÑITO
resposta





Emilio Rúa ( Emilio Rúa )
(comentario engadido o día 3/10/03 ás 19:53h)
HOLA EMILIO, GRACIAS POR FACERME DISFRUTAR COA TUA MUSICA.BICOS.(ROSA)

Comentario escrito por
resposta





Zángalla Mángalla ( Maqueta )
(comentario engadido o día 25/9/03 ás 23:38h)
Ao da mensaxe anterior: non me sexas tan negativo, aprender dos demáis non é un mal comezo, non esquezas que este disco é unha maqueta.

Comentario escrito por Sara
resposta





Ardentía ( Ardentía )
(comentario engadido o día 24/9/03 ás 17:00h)
Olá, sou português e adorei o vosso albúm! Parabéns e obrigado por contribuírem para a preservação da música tradicional galega.

Comentario escrito por Celso Lopes
resposta





Zángalla Mángalla ( Maqueta )
(comentario engadido o día 23/9/03 ás 23:46h)
pos mira... mal non soa pero... que tipo de interese ten o feito de limitarse a calcar os arranxos e temas de outros? asi nunca pasaredes de ser un calco...






Pepe Vaamonde Grupo ( Aviouga -Maqueta- )
(comentario engadido o día 19/9/03 ás 03:30h)
DIXERONME QUE XA ESTADES A PREPARAR O SEGUINTE DISCO E QUE VAI SER A HOSTIA. ¿E CERTO?

Comentario escrito por XAN
resposta





Na Lúa ( Feitizo )
(comentario engadido o día 18/9/03 ás 18:26h)
A verdade é que o disco é unha pasada. É tan maxico coma o seu propio titulo. Levate a outro universo... Seguide así

Comentario escrito por María
resposta





Emilio Rúa ( Emilio Rúa )
(comentario engadido o día 18/9/03 ás 17:11h)
Hola, vinche unha vez en Xinzo, fai moito tempo, no Trasno e pedinlle a unha amiga a tua maqueta pero nunca chegou a darma.. agora con esto de internet estou intentando atopar algo sobre ti, onde cantas e como poderia atopar algun traballo teu... Penso que trasmites moitas cousas cas tuas cancions...
Bicos dende Xinzo
Eva

Comentario escrito por Eva
resposta





Ardentía ( Ardentía )
(comentario engadido o día 18/9/03 ás 12:31h)
Hola amigos sobre todo Luis, e Rosa son Agueda(a canaria) encantame o novo disco q xa mo fixeron chegar. Moitos bicos a todos de alguen q non vos olvida.

Comentario escrito por Agueda Lopez
resposta





Xamaraina ( Son )
(comentario engadido o día 17/9/03 ás 22:06h)
Para Cristina: eu xa hai bastantes anos que teño o disco, vendeullo unha das rapazas do grupo a meu pai, pero aparte diso só o vin a vender nalgunhas tendas da zona vella de Santiago e nalgunha tenda de discos (disco Laser).
Por certo, non hai dúbida de que o disco está moi ben, pero agora tócame a min facer publicidade e tamen vos recomendo o disco "Un" de Estivada de Calo. Ainda hai pouco q saiu a venta e pasalle mais ou menos o mesmo que ós de Xamaraina (por algo son do mesmo concello), ten unha mala distribucion e é dificil de conseguir, pero só costa 6 Euros é realmente precioso, tamen ten moitos temas recollidos na zona de Teo e do Ulla, é asegurovos q vale a pena

Comentario escrito por María
resposta





Kerkennai ( Maqueta )
(comentario engadido o día 16/9/03 ás 12:58h)
Estamos orgullosos de que saia algo tan bo de Bande. Animo rapaces, tendes o apoio da xente de Corbelle en especial a miña.

Comentario escrito por Xaime
resposta





Leilía ( I é verdade, i é mentira )
(comentario engadido o día 13/9/03 ás 15:04h)
“I É VERDADE, I É MENTIRA” (14.05.99)

Tomo prestado o título deste traballo dun CD recentemente presentado polo grupo de pandereteiras Leilía. A música nel recollida foi definida por unha das súas compoñentes como música de raíces, que ten sido comparada coa que cantan as fantásticas voces búlgaras ou sentida no Nepal como autóctona daquel país. I é verdade que hai como un pouso de alento neolítico neste tipo de música, que entendo representa algo así como o intento primixenio do home por lle pór voces ós sonidos da natureza, que xa facía música cos paxaros, con certos mamíferos mariños, ou valéndose do vento contra as canas, as árbores ou no deserto do Neguev --contra dunas e pedras-- cando chega o frío da noite, según conta G. Steiner. I é verdade.

O citado autor (Errata, Ed. Siruela) fai unha magnífica exposición sobre o sentido totalizador da música, o enfrontamento agónico, a tensión existente cando a palabra se converte en música, de cómo as súas relacións están ourizadas de dificultades. Steiner cita tamén a evolución cultural que fixo posible a lira de Apolo, instrumento de harmonía razonada, polo contrario da cana, veciña inmediata do vento, os caramillos de Pan, que parecen sinalar un precario tránsito da natureza á cultura. I eu entendo que na pandeireta, que se fabrica con coiro, madeira e metal, pode haber algún antepasado feito con elementos distintos, máis perto da natureza. Pero aí estarían xa as voces, co seu acompañamento, protagonistas na recreación dos sonidos que nos rodeaban. Música de raíces, de antes de Babel, como unha especie de plasma unificador que aínda permanece. I é verdade.

“I é verdade, i é mentira”. O título vai tamén ás raíces do idioma popular, retoma o uso do “i” copulativo ante vocal que non sexa “i”, fonema que nunca se debeu abandonar, de uso normal en Cunqueiro ou Rosalía –i agora, i os outros, i estaban...--. ¿E por qué non retomar tamén o “i” hipentético –a ialma, a ialba— ou o “e” potestativo –falare, levare, corazonhe— que devolverían á língua parte da musicalidade perdida no carreiro normativizador, pola súa teima en dar por boas unha serie de formas cacofónicas ou case cacofónicas –e entón, e agora, inimigo, dicir, idade, enfermidade, etc.— cando non a imprantación de neoloxismos extraños no canto de traballalos no viveiro da fala popular? Porque, certamente, están a conquerir que a xente se distancie, que diminúa o número de galegofalantes aínda que se poida falar dun certo incremento nas cidades, que usan xa un galego extraño, menos rico e polifónico, unha língua que, anque se lle pareza, xa non é a nosa. I é verdade.

O devandito acai cunhas declaracións recentes de Carlos Casares, que denuncia a nugalla dos galegos cara a língua. I estou seguro de que esa certa desidia non é outra cousa que o cansazo das xentes de ve-lo seu idioma novamente anoxado, agora co-este neogalego que non é o que aínda alenta no noso rural. Síntense traicionados por culpa da endodiglosia agora creada. Por eso agradezo, especialmente neste Día das Letras Galegas, esa aportación das pandereteiras de Leilía, o título do seu CD, que nos lembra un camiño quizais perdido, como facía unha señora que me avisaba que o seu nome era “María Delores”, acreditado co seu DNI. “Delor, delores, delorido”, outras palabras perdidas que usaban Cabanillas ou Rosalía. I é verdade.

Comentario escrito por xesus lopez fernandez
resposta





Luar Na Lubre ( Espiral )
(comentario engadido o día 11/9/03 ás 14:56h)
Es para mi un trabajo finísimo, con un arranque impactante cuanto menos y alguna flojera por medio (siendo muy exigente), y aunque creo que es demasiado corto, supongo que la decision habra sido tomada a conciencia y habra habido descartes. Mejor ofrecer lo bueno aunque sea breve que rellenar de mediocridad. Basta de discos coñazo de 70 minutos con introducciones largisimas y temas relleno.
Mucha calidad en este disco puede que comercial, ¿y? si no fuese asi muchos de nosotros ni siquiera sabriamos de su existencia. No seamos ignorantes, es un trabajo sobresaliente.

Comentario escrito por Carlos
resposta





Emilio Rúa ( Emilio Rúa )
(comentario engadido o día 10/9/03 ás 21:56h)
hola emilio, tuve la suerte de escucharte en uno de tus conciertos, eres todo un profesional, tus letras, tu musica, tu voz, esa facilidad que tienes para tocar la guitarra y como no, la armónica, eres todo un sentimiento, que hiciste me sintiera muy bien!suerte, ya que profesionales como tu no abundan, enhorabuena y de nuevo, mucha suerte en tu carrera musical. te lo mereces.(juan)