DISCOS COMENTADOS

 

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49]



Abertal ( A Rúa de Valdeorras )
(comentario engadido o día 8/9/03 ás 21:43h)
quixera mercar este CD e non sei como pois vivo en Barcelona

Comentario escrito por Mario
resposta





Laio ( Luneda )
(comentario engadido o día 8/9/03 ás 17:23h)
Do mellor que teño escoitado en música folk. Da gusto ver a xente sen medo a facer algo moderno a partires do tradicional. Se vos gusta, quizais vos gusten tamén Grodan Deflo, que aínda que non fan exactamente o mesmo, tamén mesturan moitas cousas co folk coma jazz.

Comentario escrito por rebo
resposta





Fuxan Os Ventos ( Na memoria dos tempos )
(comentario engadido o día 7/9/03 ás 00:23h)
Está moi ben. Moito arranxado e o son ten moita calidade (a instrumentación) Estivo ben a idea do xornal.
Ogallá hai maid discos de Fuxan nun futuro. Gsutaria-me un directo deles

Comentario escrito por Javierdmg
resposta





Xamaraina ( Son )
(comentario engadido o día 7/9/03 ás 00:21h)
Lamentábelmente moi pouca xente coñece este disco por mor da má distribución que hai. Hai moitos temas da comarca santiaguesa sob tudo de Teo e do Val do Ulla. Gusta-me a mestura entre a grabación orixinal e a interpretación que fai o grupo nun par de temas. Moi bo

Comentario escrito por Javierdmg
resposta





Fuxan Os Ventos ( Sempre e mais despois )
(comentario engadido o día 7/9/03 ás 00:16h)
As voces fantásticas coma sempre. Os temas moi ben arranxados. Bótase en falta a Mini e as letras comprometidas. Xa sei que a época non é a mesma que hai anos, pero inspiración hai, aseguro-vos XDD
de todos os xeitos teñen moita calidade os arranxos. Seguide asi.

Comentario escrito por Javier
resposta





Xosé Manuel Budiño ( Arredor )
(comentario engadido o día 7/9/03 ás 00:11h)
E un dos mellores traballos de música folk galega. é innovador, ten colaboracións fantásticas e gústa-me ainda mais có anterior

Comentario escrito por Javierdmg
resposta





Ruote ( Nin canto nin tampouco )
(comentario engadido o día 7/9/03 ás 00:08h)
Este foi o mellor disco de música tradicional do ano 2001. Escoitei nalgures que eran algo "gritonas". Eu penso que Olga mais Graciela cantan fantástico e de berrar nadiña. Xa quixeran outr@s ter esa poténcia de voz. Lume!!

Comentario escrito por Javier
resposta





Roi Xordo ( Disco, Gañadores do III Certame Folk Radio Obradoiro )
(comentario engadido o día 7/9/03 ás 00:04h)
Felicidades ao grupo pol-o esforzo. Gustan-me os arranxos musicais. agardo que teñades a posibilidade gravar nun futuro un disco mais longo porque o grupo soa moi ben

Comentario escrito por javier
resposta





Nordés ( Egobarros Namarinos )
(comentario engadido o día 6/9/03 ás 23:59h)
Moi boas letras. Moi orixinal o son do grupo. Cando non sei que disco pór na casa para escoitar e quero variar, meto este porque ten un son e un estilo diferente ós demáis grupos folk, penso que esa orixinalidade fai que o disco sexa moi bon.

Comentario escrito por Javierdmg
resposta





Milladoiro ( O Niño do Sol )
(comentario engadido o día 6/9/03 ás 23:55h)
O mellor dos tres últimos do grupo. Destaco a voz recuperada de santalices mesturada co son particular do grupo e a voz de laura Amado expectacular. aparte é moi guapa!!!!!!

Comentario escrito por Javierdmg
resposta





Luar Na Lubre ( Cabo do Mundo )
(comentario engadido o día 6/9/03 ás 23:50h)
Vaia disco!. co pasar dos anos vai-se a convertir nun referente. Penso que este mailo primeiro son os mellores con diferéncia, e tamén están entre os mellores da música folk da Galiza

Comentario escrito por Javierdmg
resposta





Luar Na Lubre ( Espiral )
(comentario engadido o día 6/9/03 ás 23:47h)
Está moi ben. Os meus temas preferidos: A Cantiga de alfonso X e a Muiñeira de Ibias. Por certo o tema de McCartney paga a pena e aproveita-de os que ainda non mercaron o disco que está tirado de prezo. Algo curtiño. Coma sempre as frautas e as percusions que ben que soan!! Bieito moi limpiño como sempre coa gaita e os demais moi ben tamén.






Barallete, Norfolk, Roquementroque e Ménades ( Nordés Coruña II Edición )
(comentario engadido o día 6/9/03 ás 23:41h)
Gustan-me os temas de Ménades moitísimo e os de Barallete por suposto os mellores (non digo esto porque coñeza aos do grupo pero algo influe XD)

Comentario escrito por Javierdmg
resposta





Ancoradoiro ( Sui Generis )
(comentario engadido o día 6/9/03 ás 23:37h)
Uii. Lembro-me daquel tema da Cacharela de San Xoán...Mágoa que xa non existan máis bandas de gaitas así hoxendia. Incluso facian acordes con outras tonalidades!!!!!

Comentario escrito por Javierdmg
resposta





Pelica de Can ( Maqueta )
(comentario engadido o día 6/9/03 ás 23:23h)
Sodes incríbles, escoito a todas horas o voso disco, e a verdade é que non logro comprender como podedes sacar sons tan maravillosos e máxicos. Bicos

Comentario escrito por Ana Kiro
resposta





Liorna ( Liorna )
(comentario engadido o día 6/9/03 ás 23:15h)
O mellor disco en moito tempo. Vaia instrumentistas!!!

Comentario escrito por Ramón
resposta





Os Cempés ( Circo Montecuruto )
(comentario engadido o día 3/9/03 ás 16:53h)
Un directo en Couso impresionante, menudo fieston

Comentario escrito por nonfun
resposta





Uxía Senlle ( A Danza das Areas )
(comentario engadido o día 27/8/03 ás 13:08h)
Pra min a mellor voz de galicia, FELICIDADES






Ruote ( Nin canto nin tampouco )
(comentario engadido o día 26/8/03 ás 01:23h)
À contestar à ultima mensagem de "María Xosé":
Não pretendo converter isto num diálogo de besugos assim que esta vai ser o meu último comentário ao respeito. No mundo da música tradicional não há praticamente ninguém que tenha uma "técnica vocal" digamos procedente do ámbito que se costuma definir como "clássico". Só conheço duas pessoas que o tenham feito. Conheço também pessoas do ámbito "clássico", educadas vocalmente, que se têm achegado ao mundo "tradicional" equivocadamente, por desconhcê-lo. De seguro que gostas de grupos folques ou pseudo-tradicionais de sobra conhecidos, afinados, com polifonias vocais que admiras e boas gravações por pistas, de gaiteiros mecanógrafos e demais parafernália. Pois bem, de todo esse mundo folque ou pseudo-tradicional (que costuma ter no seu poder o escasso marketing, as produtoras, discográficas, etc ) eu penso que o 99%, é uma grande bosteira. Deixei de fazer crítica musical ao respeito numa revista galega por este motivo: não considero moral ser crítico de algo do que não gostas. O engraçado é que o 99% desses grupos têm escassa formação de cultura musical tanto no ámbito tradicional como no culto. Assim por exemplo, é habitual ver harmonizações de melodias modais dentro do Sistema conhecido como tonal. Magníficos intérpretes, mas desvirtuadores completos da nossa tradição musical por falta de cultura na mesma. Magníficos mecanógrafos mas sem unto, sem substância, sem amor polo que fazem e, em definitivo, sem emoção e vendidos. Béla Bartok (talvez um dos três grandes compositores do século XX) disse que para ele era mais difícil harmonizar um tema tradicional do que compôr um próprio, Precisamente polo respeito que implica essa melodia tradicional, há que supeditar-se a ela. Aqui o que prima é o destaque e o atrevimento, as guedelhas penteadas, as valorizações subjectivas e fáceis. O trabalho de Ruote quando menos, é digno e não entra dentro desse ámbito. Podo-che assegurar que ás vezes emociona mais ouvir a um músico da rua que domina três acordes, mas que tem emoção e comunica, que muitas das audições no Conservatório. A música ao final não é mais que um processo comunicativo, que acompanha ao homem desde que nasce com um canto de berço, até que morre e é despedido com os sinos da igreja. O demais, é puro negócio. Um saúdo. Eduardo ·"Dubi" Méndez Baamonde.

Comentario escrito por Eduardo "Dubi" Méndez Baa
resposta





Mercedes Peón ( Isué )
(comentario engadido o día 23/8/03 ás 03:01h)
Admírote Mercedes Peón, os nosos ríos corren polas túas venas, a nosa terra da forma o teu corpo, as nosas xentes o longo dos anos ...entre ferreñas e roncós amueblan a túa cabeza e a furia do vento e dos nosos mares dan lugar a esa voz que te desgarra as veces e que te arroa noutras.Segue loitando por eses costumes ...por esas tradicións levadas o século 21 para que moita xente poida coñecer i entender a riqueza do noso folklore e a cultura do noso pais.Por todo isto e como galega que son só che podo dicir unha cousa:GRACIAS.

Comentario escrito por Ana E.
resposta