Páxina anterior

 

ENTRE TRASTES

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

1 comentario deste disco.....

 

 

 

 

1.- Capeliña   

 

 


2.-  An Dro /Rond de Saint Vicent  

 

 


3.- Mencía    

 

 


4.-  Danza do vagamundo
/Muiñeira das 6 cordas 

 

 


5.- Antares    

 

 


6.- Hornpipe
/reel   

 

 


7.- A Tartaruga azul    

 

 


8.- Mazurca de Troáns    

 

 


9.- Madame Lulu    

 

 


10.- Guan  

 

 


11.- Soño e espertar da moura  

 

 


12.- Manueliño/ Chancelas/ Muiñeira  

 

 


13.-Tune Inn Holes   

 


ÁLVARO IGLESIAS
Contrabaixo.
Entre os seus mestres figuran o mestre lituano Iminas Kucinscas, Cris Gándara, Camilo Freire e Carlos Méndez (profesor na Escola de Altos Estudios Musicales de Galicia e membro da Real Filarmonía de Galicia).

Formou parte de varios grupos musicais, siempre en el ámbito da música folk, entre os que destacan Tres (1993-1996), formado por antigos compoñentes de Matto Congrio, o gaiteiro Carlos Núñez (1997-1998), colaborando en varios concertos nacionais e internacionais durante a presentación do seu primeiro disco “A irmandade das estrelas”, ou Pancho Alvarez, con quen realiza varios traballos discográficos e colabora estreitamente na actualidade.

Actualmente compaxina o formar parte da banda de Aran con ser un freelance en grabacións de estudio o colaboracións en directo con distintas bandas do panorama nacional.


XOSE LIZ
Bouzuki
Comeza a sua andaina musical ós 18 anos tocando a flauta traveseira e a Requinta, ademais da gaita galega cos mestres Enrique Otero, Nazario González “Moxenas” e Antón Corral.
É multi-instrumentista e toca a Requinta Galega, Flauta Traveseira, Flauta Irlandesa, Tin e Low Whistle, Gaita Galega,Bouzouki e Guitarra Acústica. Dende o ano 2003 é mestre de Requinta Galega no Conservatorio Tradicional da “Escola de Artes e Oficios de Vigo”. Fundóu os grupos Salterium, Beladona e ARAN. Actualmente participa e colabora cós grupos: Beladona, Alfolíes, Ardentía, Pancho Álvarez Grupo, e ARAN, ademais de ter tocado con musicos e grupos coma Faltriqueira ,UXIA SENLLE (coas presentacions do album “Danza das Areas”) ou RODRIGO ROMANÍ (co espectáculo audiovisual adicado a Avilés de Taramancos). Participóu na grabación de máis de 20 álbumes, onde destacan os siguientes títulos: “Santiago Mar de Pedra” ( Suso Vahamonde 1997), “Tolemia” ( Cristina Pato 1999), “Bicos de Sol” (Beladona 1999), “Susana Seivane” (Susana Seivane 1999), “Danza das Areas” (Uxía 2000), “Spíritu 986” (Spíritu 986 2001), “Sueñas con la Luna” (Blanco 2001), Brañas Folk (2004) e Galéire (ARAN 2004). Entre os séus últimos proxectos, destacan: gravación da Banda Sonora Orixinal do filme “O Lapis do Carpinteiro” dirixida por Antón Reixa e con Antón Seoane na composición musical. Gravación da Banda Sonora Orixinal do filme “Días de Voda” de Juan Pinzás.

DANIEL VILAR CARMONA
Guitarra acústica
Compaxinóu a súa formación autodidacta na música Folk cos estudios impartidos polos mestres Uxío Mallo e Tony D´Arco.
Foi membro fundador dos grupos Salterium (ata a súa desaparición), Beladona (ata o ano 2000), cos que grabóu os CD´s “ahí queda iso” e “Bicos de sol” respectivamente, Loup-Garou, Opentunning e Tres Trastes Trío (grupos cos que se adicou a tocar en pequenos locais e festivais).
Colaboróu na elaboración das músicas coa Aula de teatro da Universidade de Pontevedra, en grabacións con Suso Vaamonde e nos directos de Urbano Cabrera .





Entre Trastes

Entre Trastes



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Entre Trastes


Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista




< =Vida Miña
( Emilio Rúa )
Faltriqueira
( Faltriqueira )
= >


Voltar á páxina principal