EMILIO RÚA
..... 34 comentarios deste disco.....
|
|

O mar afunde as miradas dos corazóns.
¡Ai, o mar, azul, escuro e frío!
A lúa co seu eterno brillo
afoga o canto choroso dalgún neno.Os meus pés son agullas
cravadas no tempo inadvertido
dun neno que recordo hai tempo.
Agora é novo, mañá é vello.E irei alá onde os meus ollos
non alcancen ver, á aldea vella,
á aldea de pedra.
Quero ter un mundo de soños.Os corpos que se abren
a novas vidas abren feridas,
sofren.
É lei de vida.Amor é un grito a peito aberto,
es ti,
é o meu silencio,
é a imña guitarra
Era morrer, era perder,
naquel alento que tanto respirei.
Vía unha luz tan lonxe de min
e na escuridade o medo sorriu:
¡volvín!Quen puidera para sempre vivir
ve-lo teu pobo e a túa xente feliz.
Pero nun soño
eu intento seguir
ese camiño que me leva.Era ela, era ela,
esa man que me espera.
Era ela, era ela,
esa muller, ese amor que condena.
Canto á vida...E ó mencer, e ó atardecer,
ó día que morre, á noite que vén.
Ve-las estrelas,
sentirse delas.
¡Quen poidera para sempre, quen!Aprecia-lo que a vida nos dá,
pero é tan triste ve-la xente
padecer un mal que
tanto se pode curar.
¡Choran as estrelas!
Emilio Rúa: Voz e guitarra acústica
Uxía: Voz
Hai unha esperanza
cravada no meu corazón,
pero das miñs mans
só brotan espiñas
que sangran a túa pel.Maquillei un sentimento
disfrazando a liberdade
coa túa presencia,
pero éra-la única pena que sorría,
que quería, que me amaba.Eras unha luz lonxana
que brillaba na túa
mirada,
cando eu te quería,
cando eu te soñaba.E verde como aqueles
campos
que florecían en ti.
Por dentro eras enxebre,
por fóra, celeste.As noites son fugaces
para os meus soños.
¡Non te vaias,
estrela dourada!
¡Non te vaias!
Diante, un espello perfila os seus ollos.
Cristal de bágoas, corpo da alma.
¡Que silencio afoga a túa mirada!Perdido soño.. Perdida alegría.
Era a túa vida a miña vida.
Era esa voz que guía no camiño.Foise ó mar, foise á terra,
lonxe coa miña paz.A túa mirada é luz,
o teu sorriso unha cor.
A túa alma é flor, é soño, é amor.Se o corazón gardo nun puño,
abre as mans.Fóronse lonxe os bos sentimentos,
quedaron con nós tantos lamentos...
Agora mirámonos como estraños.Susurra o tempo: ¡camiño perdido!
Tantos recordos, todos feridos.
É tan triste, é tan duro ser amigos.Un día máis é unha noite máis,
é non respirar.
Recoñecer onde ti naciches
voltar de novo a aquel lugar
como o neno que fuches, para non olvidar.
Levar moi dentro, en tódalas entrañas,
un anaco do que queda atrás.Coller terra entre as mans e botala a voar,
que as túas raíces son luz da túa eternidade.
Notar que empeza a espertar
dentro de ti o seu brillar
cun suave brotar das túas raíces.Saber que existes e de ónde viñeches,
saber que alí están as túas raices.
detrás de ti qedan as cicatrices,
que tras de ti haberá máis raíces,
as túas raíces.Mirar ó ceo.
Saber que aínda recordas
aquel monta que viches arder,
tódalas árbores
que creceron xunto a tí.Rozar cos teus dedos
a alba da ilusión,
volver de novo a dicir a un bo amigo
"¡estou aquí!"
sen medo a senti-las túas raices.
Querida alegría:
11 de abril, é martes do ano 2000.
Cando volvas traéme aquelo,
que todos queremos ser para sempre nenos.Busco un destino como aquel
que o encontrou ó final da vida.
Se algún día voltamos a vernos
dirémonos todo aquelo que nunca nos dixemosAmores, desamores.
Todos somos cantautores,
andamos polos bares,
cantamos cancións singulares.
Amores, desamores.
Soñamos cousas vulgares.
Querida alegría:
recordo os bos días que pasamos.
¡Canto sorrías!
Agora eses tempos son os que hcoramos.Temos en algures algún destino,
pero eu elixo o meu camiño.
¡Dáme a man! ¡Vente comigo!
Vaiamos cuntos a un mesmo sitio.
Hai unha luz
que ilumina o rincón
do misterio que envolve
o corazón.A incertidume de
crer ou non crer
nas estrelas que guían
ós que non camiñan ben.Ó final do día
morre unha ilusión
cun suspiro que inspira unha canciónHai unha bágoa nos teus ollos de dor
As miñas tardes son
tan lentas como o son
as gotas desta choiva
no pobo.As miñas tardes son
poemas e cancións,
soños e recordos
no meu corazón.Vén unha néboa
tan espesa como vén
o recordo da
xente que xamais volves ver.¿Onde vai o tempo
que gardei na habitación,
tantos días como noites
amando nun papel?Os meus pasos camiñan
na noite
e unha sombra vai
por diante de min.As túas mans están moi frías,
por min.
Hora tras hora pensando en ti,
nese misterio que é este vivir.
luz e sombra; todo es ti.
Enigma que brota do elixir,
do soño eterno, amargo sen fin,
que envólve-las noites sen poder durmir.E respiro ese amor
nun suspiro de dor, de medo, de sombraCamiños novos, xente vella.
pasa o tempo, ¡nin te enteras!
Hai un destino que me espera
e vou polo río en busca dela.Soño amores que sempre se van
co triste vento desta guitarra.E respiro ese amor
nun suspiro de dor, de medo, de sombra
E na miña voz canta o tempo
cantigas perdidas no silencio
dos seus ollos, dos seus beizos,
que hora tras hora tanto soño.
Cruzo desertos sen vida ou mortos,
páramos lonxe do seu nome.E respiro ese amor
nun suspiro de dor, de medo, de sombra.
Sempre e constante ese sufrir
de ve-lo amor noutro soño.
Rumbo da miña vida,
¿onde vas¿, ¿onde me levas¿
Non me dices nada.Era tan fermoso soñar,
era como respirar.
Como auga entre os dedos,
así se me foi o teu pelo,
como a luz dun día que se vai.Non me digas nada, só abrázame.
Non malgastes soños por querer,
que os desaomres levan, como un río,
a algún sitio tristezas,
tal vez ó corazón.¡Faládelle de min!
¡Faládelle de min!
¡Faládelle de min!
¡Rumores!
Iamos camiño da nosa propia morte.
Non había futuro.
¡Todo era tan duro!
¿Que fago aquí?¿Cal é o sentido?Anunciado letargo.
¡Fai todo o que che diga o "mando"!
Polo mundo camiñamos,
corremos, caemos, continuamos.Chegabamos todos enlatados nun tren,
só papá rico levaba o seu fillo no Mercedes.
Agora o mundo é cadrado:
novas regras para o xogo.A ferida xa cerrou,
pero en none meses
sangrou pensamentos, xuramentos...
Pasou moito lento o tempo.Ar-in. Ar-in... Rematou.
Ar-in. Ar-in... Incomprensión.
Ar-in. Ar-in... Sen RazónSempre ben afeitado.
e por fusil un tambor.
A paso lento as rúas nunha procesión.
¡Esto é unha prisión!
Camiños verdes arrasados,
campos desolados
do meu mirar canso.Sempre vin unha luz en tí,
sempre un sorrir apaixonado
que se foi apagando.Non pensarei estar nos teus brazos.
Non pensarei nos teus ollos
durmidos, idos.E sempre alguén sofre de amor;
é unha dor que encerra outra dor.
E pasa o tempo. E sigo esperando
un amor que me leve á eternidade.Restos de voces escondidos,
segredos do corazón.
Amigos desta vida.Nunca pregunto se te vas
porque un soño es,
unha ilusiónSempre somos estraños
cando nos sentimos
feridos, perdidos.Tamén eu sufro este amor;
é unha dor que encerra outra dor.
E pasa o tempo.
E sigo esperando.
E nun soño sigo esperando.E sigo esperando mentres nos amamos.
E nun soño sigo esperando.
Abre os ollos e mira a vida:
hai unha cor en cada esquina.
Espertar é soñar,
e amar é vivir soñando.Brilla no ceo unha estrela por tí,
morre en silencio para verte feliz.
Has de sorrir ó recordar,
bágoas de sol chorarás.Como un soño que se vai,
ese somos.
E seguir, e continuar un camiño.Dáme as túas mans.
¡Están moi frías!
Hai unha luz que te ilumina.Unha sombra hate perseguir:
sempre será parte de ti.
|
|