Páxina anterior

LUAR NA LUBRE - ESPIRAL
www.luarnalubre.com


.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

21 comentarios deste disco .....





 

 


 

 


Abonda isto: un anaco de lousa torpe á entrada do túmulo e unha man enrugada que traza curvas. Os seus dedos páxaro asinan a pedra e estenden sobre o camiño hipnótico o pigmento de cobre, arxila e ruda. Escribe astros Ela , a vella, levanta a frente e arrepón o manto sobre os ombreiros, que lle vai frío.

Pintamos logo unha praia, facemos a marea respirar forte e debruzarse, borrar todo co seu ruxido, a branca escuma. Na realidade foi a nosa pupila quen se moveu dentro das pálpebras, qué máis ten. Falaría escuro o intérprete de soños e códigos antigos; estaría obrigado, en calquera caso, a imaxinar a mesma historia.

O imperio ordena puír o rastro, disolver os signos últimos de resistencia.
Pero a espiral abrira o seu ollo moito antes, desde o profundo. Como un salmón soubo remontar o bronce atlántico e foi varar á cabeceira humilde das camas labregas. Co século novo tomou a gubia e fendeu outra vez no granito, gravouse no lenzo, porque non aspira a ser eterna, senón contemporánea. Igual que a música, igual que Luar na Lubre, non pode nin debe traducirse. Ela é o seu propio sentido.

Xabier Cordal

 


 



 

 

Rosa Cedrón :
Violoncello e Voz

Bieito Romero :
Gaitas galegas i escocesa, acordeón diatónico e zanfoña
Xulio Varela :
Bouzouki, pandeireta e birimbao
Xan Cerqueiro :
Frautas
Patxi Bermúdez :
Bodhran, pandeiros e tamboril
Xabier Ferreiro :
Percusións
Eduardo Coma :
Violín
Pedro Valero :
Guitarras acústica i eléctrica





Colaboradores:

- DONAL LUNNY
Bouzouki, bass bodhran,
teclados e guitarra (1,2,3,5,8).
- NOLLAIG CASEY
Fidle (1,2,5,8).
- MAIRTIN O'CONNOR
Acordeón diatónico (1,2,3,5,8).
- JAVIER CHACON
Bombardas (5).
- FERNANDO VILLAR
Teclados (4,6)
- JAVIER TEJEDOR
Caixa "Premier" (9).
- BRAIS MACEIRAS
Acordeón diatónico (7).
- ELIAS GARCIA
Bouzouki (7).
- NANI GARCIA
Arranxos orquestais (6,9).
- ORQUESTRA SINFONICA DE BRATISLAVA dirixida por DAVID HERNANDO (6,9).
- AFONSO MORÁN
Contrabaixo (1,2,3,4,5,6,7,8,9).
- WAFIR S. GIBRIL
Laud (6).

 


Este C.D. foi gravado nos estudos "BRUAR" de A Coruña, sendo técnicos Eduardo Ruiz "Califa" e Xabier Ferreiro "Man", nos meses de Xaneiro e Febreiro de 2002.

As mesturas correron a cargo de Tim Martin nos estudos "PULSE" de Dublin e de "RED LED" de Madrid.

Donnal Lunny foi productor e amigo nos seguintes temas: "El derecho de vivir en paz" "Espiral" "Hai quen di" "Costa da morte" "Ara Solis".

Xabier Ferreiro e Bieito Romero foron productores do resto dos temas do disco.



1.- Hai quen dí    
Trad-B. Romero-E. Coma/B. Romero

Licencia señores
Hannola de dare
Para dar principio
Al rico cantare
*Hai quen di que para bailar
Boa música ha de soar.

Eu teño un canciño
Bonito abofé
Que baila o fandango
Na punta do pé.
*Hai quen di que para bailar
Boa música ha de soar.

Eu teño un canciño
Que veu da Marola
E baila a muiñeira
Cunha perna sola.
*Hai quen di que para bailar
Boa música ha de soar.

Vai de rama en rama
Vai de frol en frole
E vai pola beira
Un bo bailadore.
*Hai quen di que para bailar
Boa música ha de soar.

2.- El derecho de vivir en paz    
Victor Jara

El derecho de vivir
poeta Ho Chi Minh,
que golpea de Vietnam
a toda la humanidad.
Ningún cañón borrara
el surco de tu arrozal.
El derecho de vivir en paz.

Indochina es el lugar
mas allá del ancho mar,
donde revientan la flor
con genocidio y napalm;
la luna es una explosión
que funde todo el clamor.
El derecho de vivir en paz.

Tío Ho, nuestra canción
es fuego de puro amor,
es palomo palomar
olivo de olivar
es el canto universal
cadena que hará triunfar,
el derecho de vivir en paz.

3.- Ara Solis    
Xan Cerqueiro


4.- Ancares    
Tradicional - Luar Na Lubre

Adiós valle de Ancares
adiós te digo,
adiós árboles verdes
de junto al río
la vi llorando.
La vi llorando y dije
¿Por quién suspiras?
-Tengo el amor ausente
y estoy llorando
la despedida.
-La despedida es corta
la ausencia larga
quiero que te diviertas
y no me olvides
prenda del alma.


5.- Espiral    
Bieito Romero - Tradicional
Contrapaso(Galiza)
Son Ar Chistr(Breizh)
Dau Rosyn Coch(Cymru)
Drowsy Maggie(Eire)
Altholl higlanders (Alba)
Foliada de Elviña(Galiza)


(III. parte, "dúas rosas roxas"):

-Onde vas ti indo, querida doncela?
-Vou buscar leite señor, dixo ela.
Dúas rosas roxas, dous ollos negros
cheíños de barro, señor atópeme.

-Podo ir contigo, querida doncela?
-si, si o desexo señor, dixo ela.
Dúas rosas roxas, dous ollos negros
Cheíños de barro, señor atópeme.

-Cal é a túa dote, querida doncela?
-é como ti me ves señor, dixo ela.
Dúas rosas roxas, dous ollos negros,
Cheíños de barro, señor atópeme.

 

6.- Cantiga sta María    
Alfonso X


7.- Camiño de Ibias    
Tradicional - Bieito Romero

Pequeniños, pequeniños
Pequeniños coma ratos
Has de ver os pequeniños,
Has de ver os pequeniños
Levando na mao caxatos.

Levando na mao caxatos
E desandando camiños
Na percura dunha terra
Na percura dunha terra
Da terra dos pequeniños.

Vente vindo compañeiro
Vente vindo meu irmao
Que á terra dos pequeniños
Que á terra dos pequeniños
Xa imos chegar.

 

8.- Costa da Morte    
Tradicional - Luar Na Lubre


9.- Devanceiros    
Bieito Romero

Terra dos meus avós
onde naceron meus pais
terra dos meus avós
Galicia do verde chan.
Terra dos meus avós
onde naceron meus pais
terra dos meus avós
non quero de aquí marchar.

 

 



Teléfonos de contacto:

654877003
646684400


Luar Na Lubre

O son do ar
Beira Atlántica
Ara Solis
Plenilunio
Cabo do Mundo
XV Aniversario
Espiral
Hai un paraíso
Saudade
Camiños da Fin da Terra
Ao Vivo
Solsticio
Mar Maior



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Luar Na Lubre

* Luar Na Lubre en Narón
* FestiLetras na Aldea do Couto (Ponteceso)
* Luar Na Lubre en Aranjuez
* Luar Na Lubre - Málaga (Benagalbón Folk Festival)
* Luar Na Lubre - Miranda de Ebro

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista





Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

info@ghastaspista.com




< =XV Aniversario
( Luar Na Lubre )
Hai un paraíso
( Luar Na Lubre )
= >


Voltar á páxina principal