NHU
(1978)
(Preme nos altofalantes pra escoitar...)
Textos, imaxes i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:
![]() |
Foto enviada por Benedicto García Villar: |
- Ano 78 Concerto na CaixaGalicia en Santiago. Na foto, de esquerda a dereita: Tino Grandío co baixo ergueito, Emilio Cao, violín, Jose Garea, batería, Cuchús Alonso, guitarra, Julio Garea, percusión. No micro, o menda (Benedicto), Roberto Abal, guitarra e Xurxo Pérez, Hammond, que non é mesmo que dicir só teclado. - Emilio me acompaña , primeiro co baixo e logo compartimos o escenario cantando os dous. - 79-80 presento en Galicia e fóra dela o disco " Os nomes das cousas" . O grupo que me acompaña son os de arriba menos Emilio e Roberto. Con eles, máis un flauta travesera, Julio , e dous técnicos: Fernando e Picornell . " Trouppe" de dez que con dúas furgonas chegamos a Cataluña, Navarra, País Vasco, Madrid, etc, etc. |
![]() Penso que é de xustiza espallar ao grupo NHU e a
súa importancia na historia do Rock galego dos ans 70 O nome procede
das iniciais “Una Hermosa Noche” e está inspirado no grupo “It's A
Beautiful Day”. Entro no 1974, coa formación de Roberto Abal (Guitarra
eléctrica), Tino Grandío (Baixo electrico), Xuxo Pérez (Órgano Hammond)
e Xosé Garea batería e voz; o grupo necesita outro guitarra eléctrica
para sustituir ao anterior José Antonio Fernández, tamén chamado
"Bretch" co que Roberto Abal non se entende (realmente eran
incompatibles); os guitarristas ao marxe de Roberto, somos unha
variable constante, Durante el 1974 y 1975 toco con eles (coa miña
Fender Jaguar que cambio por unha Gibson SG ¡qué horror!). Temos dous
repertorios, un chamámoslle "La Obra": trátase de composicións propias
de rock "progresivo" a sua maioría instrumentais na onda armónica máis
caótica e psicodélica: é NHU no seu estado esquizoide natural, os
directos son unha especie de trance con 50 minutos de música sin
interrupcións, non se fan concesións estéticas, soa compacto e
orixinal... Escoitabamos moito a King Crimson, Frank Zappa, Yes e
demáis.... a interpretación da música está baseada en códigos propios,
certos esquemas de memorización, e unha dosis importante de
improvisación e intuición que enriquece e da gran personalidade ao
grupo ... O outro repertorio e pura pachanga que tocamos en bodas e
salas de festa (para financiar o tremendo equipo que tiñamos) a merced
dun representante de cuio nome prefiro non lembrarme. O grupo traballa
por pura ideoloxía defendendo a su obra e toca sin ánimo de lucro
persoal pensando únicamente en divulgar o que fai. En 1976 teño que
abandonar o grupo ao rematar a carreira que nunca debín estudiar. Miña
experiencia en N.H.U. foi extraordinaria e tremendamente enriquecedora;
penso que existiron poucos grupos en Galicia con tanta personalidade. Xoan Piñón http://www.doa-music.com/ http://www.generación49.blogspot.com/ http://www.xoanpinon.com/ |
Ultimas páxinas rexistradas que apuntan a esta....
groups.msn.com/PARALELO42B/detodounpoco.msnw?action=get_mess.. :
(PARALELO__42B)
jogosnaweb.com :
(Jogos na Web - Início)
perso.wanadoo.es/rockgal/derdiscos.htm :
(derdiscos)
curioso-impertinente.blogspot.com
groups.msn.com/PARALELO42B/detodounpoco.msnw?action=get_mess..
oportodosescravos.blogspot.com
oportodosescravos.blogspot.com/2007/11/historias-da-mpb-unid..
perso.wanadoo.es/rockgal/derdiscos.htm
rateyourmusic.com/artist/profile_details?id=72275
rateyourmusic.com/artist/profile_details?id=85304
basanderemetal.com/foro/viewtopic.php?t=13372
bloglines.com/myblogs_display?sub=59798332&site=10294280..
example.com
pennysharesonline.com
sinfomusic.es/cgi-bin/yabb/YaBB.pl?action=recent
sinfomusic.es/cgi-bin/yabb/YaBB.pl?num=1160080070/360..
sinfomusic.es/cgi-bin/yabb/YaBB.pl?num=1160080070/365..
sinfomusic.es/cgi-bin/yabb/YaBB.pl?num=1160080070/420..
sinfomusic.es/cgi-bin/yabb/YaBB.pl?num=1160080070/420#427..
sinfomusic.net/joomla/index.php?option=com_smf&Itemid=27&top..