Páxina anterior

LIORNA

 

  .....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

23 comentarios deste disco .....

 

 

 

 


 


 


 

 

Alberto Lago:
Gaita, teclado, whistle

 


 

Suso Iglesias:
Acordeón, teclado

 


 

Carlos Lago:
Batería, tamboril

 


 

Benito Sánchez:
Baixo

 


 

Montse Ogando:
Voz, teclado, pandeireta

 


 

Luis Lago:
Percusión

 


 

Begoña David:
Voz, pandeireta, percusión

 


 

Seso Durán:
Guitarras

 

 

 

1. Ferida    
Letra e música: Alberto Lago

Soio penso en mante-la
Túa bágoa atrapada
Quizais sexa esta ferida
Que co tempo non se tapa.

Non penses que son cadeas
¡Non penses..! ¡Non penses nada!
Non descubras este medo
Que me esperta, que me mata.

Se me levan que me leven
Se me levan que me leven
Non me levan por roubarte
Que me levan por quererte.

E agora se me escoitas
¡Non digas..! ¡Non digas nada!
Cúrame desta ferida
Que me esperta, que me mata.

2. Soidade    
Música: Alberto Lago

 

3. Liorna    
Música: Suso Iglesias / Alberto Lago

 

4. Amarante    
Letra: Seso Durán
Música: Alberto Lago

Levo amores nunha cesta
Pra quen queira cobizare.
Ven meniña á luz sen medo
Ven meniña que é de balde.

Sonche ollos de fronteira
Que alumean pensamentos
Que che levan a unha calma
Feita cun mar de silencio.

Teño algúns que son boíños,
Outros que non teñen nada.
Viste a saíña vermella,
Ven comigo que hoxe é festa.

E se un día me reprochas
Os amores que levaches,
Non te enfades que isto é un soño
E xa acordarás máis tarde.

 

5. Lar de tolos    
Música: Benito Sánchez /Alberto Lago

 

6. O camiño dos niños de Araña    
Letra e música: Seso Durán
Intro: Tradicional.

Nunca eu pensara que na noite andaría
O camiño dos niños de araña.
Nunca eu quixera andar pola bolsa e a vida
O camiño dos niños de araña.

Nunca eu abrise, nunca eu morase
Nos seus bicos de niños de araña.
Nunca eu abrise, nunca eu morase
Nos seus bicos de niños de araña.

Alí vai o mar nun regato,
Vai e vai namorado.
Baixando nun fío de espello xeado. Baixando nun fío de espello xeado. Hasta entolecer.

Nunca eu mirara o fío frío dos seus ollos
Sentíndome ben, sen medo a ninguén.
Máis cando o fío foi mar namorado
Fuxiu de min, hasta máis ver.

Nunca eu morase nos seus bicos,
No seu peito, na súa ansia
Máis ó camiño dos niños de araña eu voltarei.

 

7. Esfarrapada      
Música: Alberto Lago

 

8. Estou cantando...    
Letra e Música: Alberto Lago

Viva a bailadora
Que a volta do medio
Ben sabe dar
Porque eu xa non bailo
E xa non me poden agharrar.

Viva a túa gharghanta
Viva quen te axuda
E sabe cantar
Porque eu xa non canto
E xa non me poden axudar.

Viva, viva o teu canto
Porque este canto
Vai terminar
Porque eu xa non canto
E xa non me poden axudar

 

9. Carta para María    
Música: Seso Durán / Alberto Lago

 

10. Absenta    
Música: Alberto Lago

 

11. Ven    
Letra e Música: Seso Durán

Cantas preguntas feitas ó vento,
Cantos soñiños hai que cumprir.
Canta tristura na morte da chuva
Nunha gota de auga pura.

Cantas preguntas feitas ó vento
E canto máis pides menos che dan.
Baila coa sorte cando desexamos
E a sorte é só sorte..

Escura..
Como unha paixón distante,
Como o ceo na noite insomne,
Como a música das tormentas,
Como a dor de tantas victorias.

Ven
meu amigo a cantar alegría
meu amigo coa fronte ben alta,
Ven a seguir, a seguir, a seguir.

Ven
meu amigo a cantar alegría
meu amigo coa fronte ben alta,
Ven a vivir, a vivir, a vivir.

Cantos amores que nunca quixemos,
Canto esquecemos para seguir
Canta tristura na morte das olas
Nun pouco de escuma pura

Escura..

Ven..

Vén a cantar por amor e misterios
que acontecen mil veces ó día.
Nunca máis ós adeuses e ás noites
Nas que as horas se arrastran doendo.

 

 


 

Edita e Produce: EDICIÓNS DO CUMIO. Travesía de Vigo, 156 - 36206 Vigo. ed.cumio@interbook.net / www.cumio.com
Teléfono 986266272

Distribúe: Arnoia.
Teléfono: 986679007

CONTRATACIÓN:
986-890584, 629166239




Liorna

Liorna
Ruído Branco



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Liorna

* Liorna presenta o seu novo disco en Compostela
* ST Música Presente 2012
* Entrevista a Liorna: “Na editora dixéronnos que o disco soaba a Liorna e iso é importante”

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista




Ruído Branco
( Liorna )
= >


Voltar á páxina principal