Páxina anterior

 

LUVAS VERDES

FANDANGO DESESPERADO

..... 4 comentarios deste disco.....

 

 


 

    


Pedro Lamas
Gaita

 


Daniel Bellón
Gaita

 

Pepe Montero
Tamboril

 

Melo Suarez
Bombo

 

 

Tódo-los temas arranxados por LV agás
<Algún Día>
Daniel Bellón / Melo Suarez
<Alborada de Pontecaldelas>
Agustín Sánchez / Os 7 estalotes
<Non Teño Medo>
Xabier Díaz / Pedro Lamas

 

<GRAVACIÓN>
"Casa de Carral", Recemonde, Cesuras, entre marzo e maio de 2005
<PRODUCCIÓN TÉCNICA>
Santiago Alcalá
<ASISTENTES DE GRAVACIÓN>
Xosé Lois Romero, Ricardo Rozas e Pedro Lamas
<MESTURA>
Santiago Alcalá e Pedro Lamas en
DDA STUDIO, A Coruña
<FOTODESEÑO E ILUSTRACIÓN>
des_escribir
<PRODUCCIÓN>
Luvas Verdes

 

 

 

Resúltame extremadamente obvio enumerar eiquí as cualidades que convirten a Luvas Verdes nunha proposta referencial da música popular galega. Non só polo próximo que me sinto aos seus prantexamentos artísticos, senón tamén pola contundencia da súa calidade interpretativa, esclarecedora para calquera ouvido.

Pero para quen escoita a LV hai moito máis que unha demostración de virtuosismo preciosista. Detrás dela albíscase unha concepción moldeada e sólida da súa condición de 'músicos de tradición', un profundo coñecemento das fontes das que beber, un respecto crítico ao patrimonio musical herdado e unha convicción firme na súa validez como proposta contemporánea.

Se cadra sexa a súa xuventude a que lles aporta esa arrogante creatividade, a que alimenta o seu orgullo, non de divos fachendosos, senón de sabérense tecedores do lenzo común a unha cultura, que reclama, agora máis que nunca, o seu sitio no mundo.

Sen querer caer na pedantería, creo que cando escoites este disco coincidirás comigo en que "Fandango desesperado" é, dende xa, un clásico da discografía galega; porque afronta, como ninguén até o de agora, un substrato milenario cunha perspectiva avangardista. Algo que, sen dúbida, convencerá a un e desacougará a outros, pero do que todos, sen excepción, tiraremos bo proveito.

Longa vida a Luvas Verdes e á música popular galega

Xosé Lois Romero Cajiga
Oleiros, maio de 2005 l

 

 

 

1.- O Burriño     
Pedro Lamas


2. Pasodoble de Pepe     
Pedro Lamas


3. Alghún día!     
Daniel Bellón
Daniel Bellón > Gaita en Do
Melo Suárez > Tambor

4.- Lila   
Pedro Lamas

 

5.- Na Tardiña      
Pedro Lamas

 

6. Fandango Desesperado     
Pedro Lamas

 

7. Alborada de Pontecaldelas     
Tradicional / Agustín Sanchez

Os 7 Estalos:
Daniel Bellón > Gaita en Si Natural.
Agustín Sánchez > Gaita en Si Natural.
Pedro Lamas > Gaita en Si Natural.
Pepe Montero > Tamboril
Antía Barreiro > Bombo

 


8. Muiñeira de Maio    
 
Pedro Lamas

 

9. Non teño medo     
Pedro Lamas
Xabier Díaz > Voz
Pedro Lamas > Gaita en Si Natural

(A Elisa)

Non teño medo de atopar
Eses olliños que noutrora
Agardaban por min,
Que se me sorrín,
Danme a vida.

Non teño medo de atrar
A dor que sinta ó verte
Se non te podo abrazar,
Que a soidade
fende a ferida

e se hoxe estou aquí,
Mañán estou contigo;
Eu tan lonxe de ti,
Ti sempre, madriña, comigo.

 

10. Xota do 3     
Pedro Lamas


11. Contos de Cecebre     
Pedro Lamas



12. Choriño     
Pedro Lamas

a Hermeto Pascoal

 

 














 




Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

anosaterra.com/documentos/central_interior.php?pagina_actual.. :
(A Nosa Terra) :
Daniel Bellón

“A gaita atrévese con todo, tamén co tango”

Este ano estivo xa en festivais de sona como Lorient ou Cornualles, pero a actualidade dalla que volveu gañar por terceira vez o premio de gaita para solista “Constantino Bellón” que convoca o Ateno de Ferrol. A sona de Daniel Bellón (Ferrol, 1985), sen parentesco con que lle dá nome ao galardón, medra e xa prepara un disco co seu compañeiro musical ao acordeón Diego Maceiras (Fene, 1984).

Cando empezou no mundo da gaita?
Empecei na Banda de Gaitas Airiños de Fene, con nove anos, e xa coincidín con Diego [Maceiras]. Primeiro coa flauta e despois coa gaita, formei parte de cuartetos e fun a un primeiro concurso en Ponteareas. Desde aquela participei xa en certames individuais e estou satisfeito porque gañei varios. A miña formación non é de conservatorio, o meu primeiro profesor foi Miguel Doval e despois, como todos, xa vas mellorando pola túa conta. Esa é a formación máis habitual dos gaiteiros de hoxe. Aínda que xa empeza a haber máis gaiteiros de conservatorio eu véxoos máis cuadriculados.

O concurso é unha vía para abrirse camiño?

Nos certames para cuartetos fun vendo que había xente que despois se ía apresentando aos individuais e por iso me animei. O solista ten que apresentarse só e como moito acompañado por tamboril. Antes había unha peza obrigatoria e outras libres pero agora son todas libres, apresentas arranxos e tamén composición túas. O que se premia fundamentalmente é a técnica, e como somos moitos os que repetimos nestes concursos, a capacidade de sorpresa e a innovación tamén se ten en moita consideración.

Está facendo estudos de telecomunicación, ve viábel unha adicación profesional plena á música?

Hai anos era inviábel. Os concursos son máis un recoñecemento e unha plataforma que outra cousa, de feito penso que eu xa non vou apresentarme máis. A min éncheme facer a miña propia música, e formar un grupo como o que teño agora de gaita e acordeón que son nos que vexo a posibilidade dunha carreira decente.

Vostede busca facer emparellamentos novos, a gaita conseguiu definitivamente sair de territorios limitados?

Aínda non de todo. Hai quen me ve como gaiteiro raro que toca cousas arxentinas ou pezas arranxadas para gaita e acordeón. A gaita, como calquer outro instrumento, é capaz de abordar todo tipo de xéneros, e igual que non se lle ven límites ao acordeón tampouco os ten a gaita. ¿Se o acordeón pode cunha muiñeira porque non vou tocar un tango coa gaita? Os dous instrumentos casan moi ben e o repertorio posíbel é enorme.

Agora están grabando un disco que sairá antes de fin de ano.

Será o primeiro que facemos como dúo. Titúlase Unión das Terras e ten pezas de Bretaña, francesas, portuguesas, arxentinas... con cancións tan coñecidas como o Libertango de Astor Piazzola, que está versionado para todos os instrumentos é a primeira vez que se fará con gaita; melodías rusas, ucraínas... e tamen galegas arranxadas especialmente. Antes fixera un disco co cuarteto Luvas Verdes que se chamou Fandango desesperado.

O complicado máis que grabar parece ser poñer os disco ao alcance do público.

Aquí hai pouca distribución e apenas temos pontos de venda. Ademais nós queremos chegar ao mercado francés, onde hai un grande interese por músicas como a nosa e é moi difícil. Ás veces é máis doado conseguilos pola FNAC de Madrid ou Barcelona que por algunhas tendas galegas, e iso no caso de Fandango desesperado porque a distribución foi dos cataláns de Discmedi.



laopinioncoruna.es :
(Luvas Verdes reinventa a música tradicional) :
Dúas gaitas, tamboril e bombo. Luvas Verdes son un cuarteto tradicional no sentido máis puro da palabra. Ademais, un dos máis respectados e prestixiosos dentro do mundo da música de raíz. Con `Fandango Desesperado´ queren dar un paso máis.

A. R..A Coruña

O cuarteto tradicional coruñés Luvas Verdes presenta hoxe, no Centro Cultural de Miño, o seu primeiro traballo discográfico, Fandango Desesperado.

Cunha maioría de composicións propias, a prestixiosa e respectada formación, de case seis anos de vida, fai unha revisión da música tradicional galega bebendo das correntes dos sons de hoxe en día.

Fandango desesperado intenta pechar unha etapa na que o cuarteto coruñés divulgou o seu traballo a través de numerosos directos. Pasa así a un novo ciclo con novos temas e novos enfoques.

Conta para iso coa colaboración do cantautor Xabier Díaz e dos compoñentes de Os sete estalos, formación paralela que comparte integrantes con Luvas Verdes.

Todos estarán no concerto de hoxe, que comezará ás sete da tarde e que se celebrará con motivo do vintecinco aniversario da Asociación O Castro de Sada. No concerto, o grupo coruñés presentará pois os temas de Fandango desesperado ademais de repasar algo do seu repertorio tradicional.

Nas filas de Luvas Verdes están Pepe Montero (tamboril), Melo Suárez (bombo), e os gaiteiros Pedro Lamas e o fenés Daniel Bellón, erixido como un dos mellores neste instrumento ao ter no seu haber o premio Constantino Bellón que convoca o Ateneo de Ferrol e o Gaiteiro de Soutelo de Forcarei.

Tamén o grupo tense consolidado como unha das bandas máis laureadas da historia da música de raíz galega.

ismymovies.com/movie/black/0/4/812/0

mp3skylines.com

info@ghastaspista.com




< =Camiños da Fin da Terra
( Luar Na Lubre )
Rúa Aberta
( Madialeva )
= >


Voltar á páxina principal