|
1. Rúa Aberta
Madialeva
Sinto que me segues
sen saber tí por qué,
pensa no que queres
e mira máis alá,
verás que o mar non rompe
se as pedras van detrás,
longa noite moura
o soño traerá:
Espidos entre a néboa bailan,
a brisa nova chega á praia,
amor que ves a luz non durmas máis,
esperta que a barca agarda
Sintes que te sigo,
ben sabes tí por qué.
eu sei o que quero,
aquí agardarei,
se chamas con coidado
a porta hase de abrir,
nesta rúa aberta
o soño agarda aquí.
2. Vento do Sur 
Madialeva
3. Xota Dalgures 
Tradicional / Madialeva
4.- Morouzos
Letra: Tradicional:
Música: Tradicional / Madialeva
Tres mil demoros te leven
e outros tres carguen contigo
se tiñas amor con outra
por que falaches comigo
As mociñas da Golada
non saben tasca-lo liño
e andan porta por porta
"tasqueme este afuxaliño"
Os ollos con que me miras
non son os acostumados
na túa cara coñezo
que andan os tempos mudados
Ai la la la la la la,.....
5.- Nasín,.. 
Letra: Rosalía de Castro:
Música: Madialeva
Nasín cando as prantas nascen,
no mes das flores nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sen ningunha para ti
Desque te quixen, ingrato,
todo acabou para min,
que eras ti para min todo,
miña groria e meu vivir.
¿De qué, pois, te queixas, Mauro?
¿De qué, pois, te queixas, di,
cando sabes que morrera
por te contemplar felís?
Duro cravo me encravaches
con ese teu maldesir,
con ese teu pedir tolo
que non sei qué quer de min,
pois dinche canto dar puden
avariciosa de ti.
O meu corasón che mando
Cunha chave para o abrir.
Nin eu teño máis que darche,
nin ti máis que me pedir.
.
6. Lume de Carozo
Madialeva
|