Páxina anterior

MALVELA:
Da miña xanela á túa

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

2 comentarios deste disco.....
www.malvela.info

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Con este disco, Malvela quere render unha homenaxe a todas esas mulleres que sufriron malos tratos físicos ou psíquicos, e que un día foron quen de abrir esa xanela na que tanto tempo estiveron agochadas sen poder gozar dunha liberdade e un respeto ao que todas temos dereito. O noso desexo é que sigan abrindo todas as xanelas do mundo e, a curto prazo @s nos@s fill@s, net@s e bisnet@s poidan vivir nun mundo no que sexa unha realidade o respeto mutuo e a igualdade para tod@s.

Fita

 

 

 

 

 

Ademais do compromiso que Malvela ten coa tradición popular, tamén nos sentimos comprometidas co presente. Así, énchenos de ternura cantarlle ós nosos maiores nos asilos polo Nadal, e participar en galas benéficas como a de "Proxecto home.
Pero sen dúbida, dos espectáculos de Malvela, o que máis me gustou foi: "Que o pano non me namora". Este evento, coordinado por Uxía, repetiuse en diversos lugares con motivo do "Día contra a violencia de xénero" ou no 8 de marzo (día internacional da Muller). Penso que tería que representarse moitas mais veces, por atoparse nel unha escolma de cantigas, a fermosura da música, uns textos de Dorinda Castro facendo un percorrido por toda a problemática da muller, non so das galegas, senón do mundo enteiro; e a parte visual, cunhas diapositivas de gran valor testemuñal, que comezan cunha xanela pechada e rematan cunha xanela aberta. Tal vez por ela queiran fuxir moitas queixas agochadas detrás de portas pechadas.


Lina

 

 

 

 

 

Sempre me gustou cantar. Cando era nena, miña avoa dicía que ía perde-la voz de tanto cantar, porque non cantaba baixiño, non, cantaba ben alto mentres facía o que fose. Só calaba cando durmía.
Co tempo a miña afección, foi indo a menos e só cantaba facendo algunhas tarefas do fogar e os domingos, na Igrexa, ata que xurdiu Malvela e pasei a ser unha das súas compoñentes.
Comezamos cun ensaio semanal dun grupo de veciñas amigas que compartimos a mesma afección.
Dirixidas por Uxía e Ana, que conseguiron a base de esforzo sacar o mellor de cada unha de nós, e un elenco de músicos cos que nos sentimos encantadas, polo valor terapéutico da música.
Malvela ten calidade e cantidade, tanto que ás veces non cabemos nalgúns escenarios. O éxito está no entusiasmo, e nós o temos. Teño a sensación de que estamos a facer algo importante: mergullarnos na tradición galega coa música, o canto e coa linguaxe, porque se para Malvela cantar é importante, facelo en galego é necesario.
Neste disco, o terceiro que gravamos, o mesmo que nos anteriores, hai cantos de orixe portugués moi fermosos. Di a letra dunha canción: "Portugal é o amante e Galiza é a amada".
Teño a firme convicción de que ó gravar estas cancións populares estamos deixando un pequeno patrimonio, que co percorrer do tempo terán (se cadra) un valor pedagóxico e sentimental, porque estas vellas letras reflexan unha pequena parte da historia dos nosos pobos; falannos de costumes, inquedanzas, traballos, amores e desamores doutro tempo. En Malvela desexamos conciliar o pasado e o presente, tamén coa música. E cando as cantadeiras calamos, escoitamos pezas instrumentais, unhas, xoias do pasado e outras, composicións novas que nos enchen de ledicia.
É moito o que recibo en alegría, satisfacción persoal, cariño de todo o grupo, e síntome moi agradecida por formar parte de Malvela

Lina

 

 

 

 

 

 

 

Malvela Somos

 

 

Voces:
Sra.Carmen
Silvina
Fita
Clara
Carmiña
Carmen
Matilde
Lina
Maruxa
Aurita
Dina
Teresa
Merchi
Adela
Juaniña



Gustavo Domínguez:
Acordeón, zanfona e arranxos.


Raquel Domínguez:
Gaitas e frautas


Pablo Ces:
Bombo


Anxo Pardo:
Tambor, tarrañolas, culleres,
cunchas e pandeiro.


Abilio Santos:
Cavaquiño, viola braguesa, harmónica, adufe e voz.


Ana Senlle:
Pandeireta, triángulo,
voz e dirección vocal.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Colaboradores



ALFONSO FRANCO e
MARÍA FREIRÍA:

Violín en “O trébol de catro follas”





SÉRGIO TANNUS:
Guitarra, cavaquinho e
pandeiro brasileiro





CHARANGA DE
“O FIADEIRO”:

Gaitas,clarinete,saxo,
tambor,caixa,bombo e
platillos en
“Viva Xoaquina
+
Muiñeira de Armenteira”




UXÍA:
Voz en “Meninas,
vamos ao Vira”





FERNANDO ABREU:
Clarinete baixo,
alto e requinto.





OLI GIRÁLDEZ:
Requinta en “Dúas Xanelas”
e “Conanfrón”





LUÍS CARUNCHO:
Requinta en
“Muiñeira de Dorinda”
e coros en “A gota d’agua”





AUGUSTO CANARIO:
Concertina,viola braguesa
e cavaquinho.





LORENZO SUÁREZ:
Contrabaixo





CUARTETO DE CORDA
(DAVID VEIGA,
VÍCTOR MANUEL PÉREZ,
ISABEL ABRIL
e BEGOÑA RIOBÓ):

En “Que o pano
non me namora”




ANDRÉS GIRÁLDEZ:
Tambor en “A gota d’agua”





ORFEÓN “TREIXADURA”:
Voces en “Dúas xanelas”





JOSÉ M. SANROMÁN
(MELENAS):

Gaita en “Muiñeira de Armenteira”





VIQUI PÉREZ:
Cunchas, tarrañolas
e culleres.





NEN@S: Voces en
“O trébol de catro follas”
(Nerea, Andrés, Carlos, Sara,
Yaiza, Andrea, Silvia, Rocío,
Paula, Nazaret, Antía,
Sara, Lara, Manel,
Rui, Carmela, Nuria,
Irea, Telma, Leticia, Pablo,
Patrick, Roi e Ali)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Créditos Técnicos

 

Gravación:

Estudio Casa de Tolos (www.casadetolos.com)
durante os meses de Febreiro
e Marzo de 2007.

 


Técnicos de gravación:

Segundo Grandío
e Pablo Casal

 

 


Mestura:

Segundo Grandío e Uxía

 

 


Produción artística:

Segundo Grandío e Uxía.

 

 

 


Coordinación de produción:

Ana Senlle

 

 


Mastering:

Segundo Grandío

 

 


Audio 5.1:

Pablo Casal

 

 


Autoría DVD:

Pablo Casal

 

 

 


Deseño gráfico e ilustración:

Pablo Giráldez “O Pastor”

 

 


Fotografías gravación:

Segundo Grandío e Ana Senlle

 

 

 


Fotografías Malvela:

Andrés Giráldez,
Chus Domínguez
e Manuel Sío

 


Gravación, realización e montaxe de video:

Miguel de la Peña

 

 


Voz en off:

Lina Sío

 



EDITADO POR PAI MÚSICA
www.pai-musica.com

 

 

 


     
 

1.QUE O PANO NON ME NAMORA 
MÚSICA :Tradicional
LETRA:Tradicional
ARRANXOS:Juan Eiras

 

Este tema aprendémolo de Enrique, ex-bailador e ex-pandereteiro de O Fiadeiro. Cambiámoslle a letra por outra tamén tradicional, para adaptala a un espectáculo de Malvela contra a violencia de xénero. A orixinal falaba de Marín: “Xa fun a Marín, xa pasei o mar, xa comín laranxas do teu laranxal”.Fixemos dúas versións diferentes desta mesma peza: unha coa instrumentación de Malvela(a que abre o disco), e outra con cuarteto de corda e percusión tradicional(para pechar o disco). “Vinde, vinde á nosa festa, non hai outra coma ela; para aliviar as penas, agora canta Malvela.” Á nosa alegre Malvela Matilde queremos renderlle unha homenaxe con este disco e este “Que o pano non me namora” que nos chegou ó corazón vai para ela.

Moza que estás na ventana
coa punta do pano fora
quen me dera verche a cara
que o pano non me namora.

Cadeniñas non me prendas
mira que non me aseguras
mira que teño rompido
outras cadeas mais duras.

Agora xa foi na deixaras ir
a túa cabeza dáche que sentir
dáche que sentir dáche que pensar
agora de feita non vale chorar.

Ai que ventana tan alta
quen a poidera subire
ai dame moza fermosa
as tranzas do teu mandile.

As tranzas do meu mandile
son curtas e non dan voltas
se ti foras do meu gusto
eu ch'iría abri-la porta.

Agora xa foi.....

O meu corazón che mando
cunha chave para o abrire
nin eu teño mais que darche
nin ti mais que me pedire.

Vinde vinde á nosa festa
non hai outra coma ela
para aliviar as penas
agora canta Malvela.

Agora xa foi....

     

     
 

2. DÚAS XANELAS     
MÚSICA: Raquel Domínguez/Edmundo Granja(Mundi)
LETRA:Tradicional/Andrés Giráldez,Ana,Uxía,Raquel
ARRANXOS: Gustavo Domínguez

.A muiñeira é unha composición da nosa gaiteira Raquel para Malvela pensando no espírito festeiro do grupo que nesta ocasión canta ao desafío co Orfeón “Treixadura” nunha disputada e divertida regueifa. O pasodobre “Xanelas” de Edmundo Granja(Mundi) encaixou nesta peza como se fose feito para ela. Que peza tan alegre e canto talento hai tanto en Mos como no Rosal!

 

Aquí estamos as Malvela
dispostas para cantare
e o Orfeón de Treixadura
seica quere regueifare.

Nós queremos regueifare
a todo o mundo avisade
ben se ve quen canta ben
Treixadura ben o sabe.

Non me turres da chaqueta
non me turres que ma esgazas
mira non te comprometas
que comigo non te casas.

Alcipreste froleado
é cousa que nunca vin,
para dicir que me esqueciches
inda non te pretendín

Os amores da muler
sonche como os da galiña
e faltándolles o galo
a calquer polo se arriman.

Que lles pasa os do Orfeón
que teñen as gorxas frías
se non saben regueifar
que saian por bulerías.

Non ensei que o toxo verde
posto no mar que prendía
non pensei que a túa lingua
tanto mal de min dicía

Para cantar como eu canto
non ábra-la boca tanto.



     

     
 

3. MARÍA RITA    
MÚSICA: Tradicional portuguesa/Uxía LETRA:Tradicional portuguesa ARRANXOS: Gustavo Domínguez e Uxía
Cada unha das Malvela ten un papel dentro do grupo, ou unha especialidade. Lina é a nosa presentadora, e nesta ocasión voz solista. Aprendemos esta peza na voz de Amalia Rodrígues nun disco moi recomendable de pezas populares de Portugal que ela cantaba con esa voz de ouro que admiramos

Fui un dia a uma caçada
ó Maria Rita, eras tão bonita!
entrei na cevada, aveia!

 

Vi uma lebre deitada
ó Maria Rita, eras tão bonita!
com o pé alevantei-a!

Além vem a Maria rita
com o chapeuzinho ao lado
c'as calças de tiro-liro,
casaca de pano, chapéu desabado!

Metí a espingarda à cara
ó Maria rita, eras t#ao bonita!
Dei ao gatilho, matei-a!

Já vinha ferida doutro,
ó Maria rita, eras tão bonita!
Não era minha, deixei-a!

Atirei um tiro +a pomba
a pomba no ar voou
enleouse naquela roseira
e a maldita pomba sempre lá ficou!


     

     
 

4.-O PIRIMPIMPÍN   
MÚSICA:Tradicional de Portugal
LETRA:Tradicional
con adaptación local
ARRANXOS: Gustavo Domínguez

 

A nosa gaiteira Raquel, aprendeu esta peza de Pablo, o noso alegre e saltarín bombeiro, e as súas irmáns Pili e Rosa Ces de Ferrol. Elas aprendérona duns Ranchos Folclóricos portugueses que foron actuar a Ferrol. Dende que o incluímos no noso repertorio converteuse no “hit parade” de Malvela. .

Teño dentro do meu peito,
unha laranxa partida
para darlle ó meu amor,
o pirim pirim pim pim,
para darlle a miña vida.

Pirimpimpim,
pim pim pim pim
Manolo vira pra ca,
María vira pra aquí.

De Portugal me mandaron
tres peras nun ramalliño
quen me dera a min sabere,
o pirim pirim pim pim,
quen me ten tanto cariño.

Do outro lado do río,
do outro lado, meu ben-e
do outro lado do río,
o pirim pirim pim pim
teño a quen lle quero ben-e.

Ó entrada en Sanguiñeda,
hai un lexo de letreiro
que sempre está a dicir,
o pirim pirim pim pim
Portugal meu compañeiro.

Rebola o pai,
rebola a nai,
rebola a filla,
e eu como son da familia
tamén quero rebolar

     

     
 

5.- O TRÉBOL DE CATRO FOLLAS     
MÚSICA:Tradicional/Gustavo Domínguez
LETRA:Tradicional ARRANXOS: Gustavo Domínguez

Tema de unión entre Malvela e os seus netos, netas, achegados e achegadas. Queremos transmitirlles o noso amor á música tradicional para que xa dende cativos se animen a seguir os nosos pasos. E abofé que veñen pisando forte!. A peza gañou brío e frescura cos violíns de María e Alfonso e a voz solista de Abilio nesta peza universal da música popular. O trébol de catro follas é o amuleto de Malvela. É Silvina a que se encarga de encher cada unha das nosas carpetas coas súas follas que di que dan moi boa sorte . En honra a ese trébol foi a portada do primeiro disco de Malvela.e parece que funcionou....

Apañar o trébol
o María, non te encollas
apañar o trébol
o trébol de catro folla

Se está ben déixese estar
eu non podo estar mellor
estou á beira de quen amo
non hai regalo maior.

Apañar o trébol
non te encollas, o María
apañar o trébol
ate ao romper do día

Se está ben déixese estar
eu non podo estar mellor
estou á beira de quen amo
non hai regalo maior.

Apañar o trébol
o trébol do chan
apañar o trébol
na mañán de San Xoán

Se está ben déixese estar
eu non podo estar mellor
estou á beira de quen amo
non hai regalo maior.

 
     

     
 

6. A GOTA D’AGUA     
Tradicional do Alentejo(Portugal)
ARRANXOS: Gustavo Domínguez

Un dos temas favoritos de Malvela orixinario do sur de Portugal . Ata se animaron a cantar os músicos de Malvela e Luís Caruncho, que en canto escoitou a peza quedou prendado dela e dixo que a ía incluír no seu menú aderezada con zanfona.


 

Fui à fonte beber água
achei um raminho verde,
quem o perdeu tinha amores
quem o perdeu tinha amores
quem o achou tinha sede

Dáme uma gotinha d'água
desa que oiço correre,
entre pedras i pedrinhas
entre pedras i pedrinhas
alguma gota há de havere.

Alguma gota há de havere
quero molhar a garganta,
quero cantar como a rola
quero cantar como a rola
como a rola ninguém canta.

A áuga da fonte corre
limpa, clara, fresca e pura
asím corren os meus olhos
asím corren os meus olhos
para a túa fermosura.



     

     
 

7. CONANFRÓN     
MÚSICA:Tradicional
LETRA:Tradicional
ARRANXOS: Uxía e Gustavo Domínguez

Aprendemos esta curiosa composición de Josefa García Pena(Fina), de 86 anos. Ela naceu en San Martiño (Cabanas), na provincia de A Coruña. Cando era unha nena cantaba esta canción co grupiño de amigos e amigas da zona. Era un tema burlesco que cantaban para divertirse e burlarse de Don José (“Cometó”), terratenente desa zona (o típico picaflor) a súa serventa Conanfrón e a irmá desta, “la condesa de la mierda”. :

Conanfrón barriga moura
cara de "suel" de zapato
enganaches a un cesteiro
na porta do priorato

 
Teño un nabo, Marica,
na miña leira
aquí xa sobra nabo
pra quen o queira
se o sabe conanfrón
que tanto cobiza
é capaz de tragarse
nabo e nabiza

Rentando un día en Chamoso
chamoume pillo e bribón
"la condesa de la mierda,
hermana de Conanfrón".
     

 


.

 
   
8.MENINAS, VAMOS AO VIRA  
MÚSICA:Tradicional portuguesa.
LETRA:Tradicional
ARRANXOS: Uxía e Gustavo Domínguez

Contamos aquí cunha colaboración, para nós moi especial como é a voz da nosa madriña Uxía, que apostou por nós de forma incondicional dende o comezo de Malvela. Grazas por regalarnos a túa voz, e sobre todo grazas por seguir aí apoiándonos sempre. Ademais de Uxía, non podía faltar neste disco a voz solista da Sra. Carmen, que nos namorou a tod@s e agora saca un disco en solitario.Raquel, Ana e Uxía adican este Vira á memoria do seu avó Amadeo, a quen tanto llo escoitaron cantar cando eran pequenas.

Meninas, vamos ao vira,
ai, que o vira é coisa boa;
eu já vi dançar o vira,
ai, às meninas de Lisboa.

O vira, o vira, o vira virou,
as voltas do vira son eu quen as dou.
son eu quen as dou, son eu quen as dou
o vira, o vira, o vira virou

Meninas , vamos ao vira,
ai, que o vira é coisa linda
eu já vi dançar o vira,
ai, às meninas de Coimbra


O vira, que vira e torna a virar,
as voltas do vira são boas de dar
o vira, o vira, o vira virou,
as voltas do vira son eu quen as dou.

Meninas , vamos ao vira,
Ai, que o vira é coisa bela.
Eu já vi dançar o vira,
Ai, às meninas de Malvela!

O vira, que vira e torna a virar..

     

     
 

9. COSTUREIRIÑA     
MÚSICA:Tradicional/Uxía
LETRA:Tradicional
ARRANXOS: Gustavo Domínguez e Uxía

Pasodobre moi festeiro.da nosa rica tradición que interpreta a nosa maior aturuxadora: Maruxa, a que aturuxa. Para que logo digan que aturuxan as que non cantan !.


 

Costureiriña bonita
lévame os bois a bebere
pola nai que te pariue
volverasmos a traere.

este pandeiro que toco
éche de coiro de ovella
inda onte comeu herba
e hoxe toca que arrabea

Miña nai, miña naiciña
como miña nai ningunha
lavoume a miña camisa
dentro da manga da súa

Esta xa vai polo todo
esta xa vai polo todo
acabouse a palla branca
aghora vou polo estrollo.

     

     
 

10. MUIÑEIRA DE DORINDA     
MÚSICA: Uxía
LETRA: Tradicional
ARRANXOS: Gustavo Domínguez

Esta é unha homenaxe á nosa querida Dorinda, nai de Clara, quen tantas cantigas nos ensinou e con quen tivemos o pracer de compartir momentos entrañables.Así era ela, alegre e cantarina,como a requinta de Caruncho e como esta composición de Uxía inspirada na muiñeira que ela nos cantaba..

Aparta loureiro verde
deixa clarexar a lúa
se non vexo os meus amores
non vexo cousa ningunha

Non quero zapato baixo
que se me enterra na area
non quero amores de lonxe
que os teño na miña aldea.

Paxariño millarengo
non me comas as cereixas
que o meu marido está fora
non teño a quen dar as queixas.

 

 

 

Eu non sei o que me deches
que non te podo olvidare
de día no pensamento
e de noite no soñare.

Quen che dixo pau de buxo
que servías para culleres
as mentiras son dos homes
e as verdades das mulleres

Penar por quen non te quere
e levar augas o río
non solo perde-lo tempo
senón tamén o sentido.

     

     
 

11. FADINHO DA TI MARI BENTA    
MÚSICA:Tradicional
LETRA: Tradicional
ARRANXOS: Gustavo Domínguez e Uxía.

Temos en Malvela mulleres sol.Un bo exemplo delo é Carmen, en quen pensamos dende o primeiro momento para cantar esta peza. O pai dela era portugués, o mesmo que Abilio, o noso músico da outra beira, que a acompaña nesta ocasión cantando a dúo. E para seguir en Portugal, que mellor que a concertina de Augusto Canario que se mestura co pandeiro brasileiro de Sérgio Tannus nunha festa miñoto-brasileira.

 

 

Não olhes p'ra mim não olhes
que eu não sou o teu amor
eu não sou como a figueira
que dá fruto sem flor

Ó comadre Maria Benta
seu garoto está melhor
o mal não é táo forte
que o faça estar pior

Ó olhos azuis claros
contrários ao meu viver
que gosto tens tu amor
em me ver a padecer

Tenho dentro do meu peito
chegadinho ao coração
duas palavras que dizem
amar sim deixar-te não

As ondas do teu cabelo
são loiras e perfumadas
são redes a que se prendem
as almas apaixonadas

     

     
 

12. CANTIGAS MARIÑEIRAS     
MÚSICA:Uxía
LETRA: Tradicional
ARRANXOS: Gustavo Domínguez

Cantigas mariñeiras musicadas por Uxía a ritmo de xota para un certame de Cantos Mariñeiros no Berbés(Vigo). Queremos adicarlla ás nosas queridas Cantadeiras do Berbés, excelentes compañeiras e partícipes do espírito de Malvela. Cada encontro con elas acaba sendo unha auténtica festa.


 

Mar de Vigo mar de vigo
mar de Vigo ten a neve
os teus ollos verten auga
e os paxariños a beben.

As ondas do mar me levan
con elas me deixo ire
levaime ondiñas levaime
levaime para o Brasile.

Á ría de Vigo non
se pode entrar
con tanta lanchiña
que vai cara ó mar
que vai cara ó mar
entrar e saír
á ría de Vigo
non se pode ir


Polo mar abaixo vaie
polo mar de Redondela
polo mar abaixovaie
quen no corazón me leva.

Embarquei no mar de Vigo
na casca dunha cebola
embarquei no mar de Vigo
desembarquei en Lisboa.

     

 


 
 

13. XOAQUINA EN ARMENTEIRA  

MÚSICA:Arturo Bastos/Tradicional
ARRANXOS: Gustavo Domínguez

O pai de Gustavo(Celso) aprendeu esta peza do seu mestre de acordeón Arturo Bastos á que lle sumamos a Muiñeira de Armenteira.Contamos aquí coa colaboración especial da Charanga de “O Fiadeiro” e José Sanromán,alias Melenas(gaiteiro de SonDeSeu).Con ela queremos render unha homenaxe á memoria do grande músico e acordeonista do Rosal, Celso Domínguez, quen conservou a partitura de Viva Xoaquina como ouro en pano e que agora recuperou para nós o seu fillo Gustavo, digno herdeiro do seu talento.

 
     

     
 

14. AMORIÑOS     
MÚSICA:Tradicional
LETRA:Tradicional con adaptación local
ARRANXOS: Gustavo Domínguez

Tema moi popular que non falta en ningunha festa. E cando se trata de festa alí está Malvela participando dela. A esta peza lle engadimos unha parte B, que é un pasodobre tradicional.


 

Amoriños collin
na beiriña do mar,
amoriños collín
non os podo olvidar,
non os podo olvidar,
non os podo olvidar,
amoriños collín
na beiriña do mar.

Ai ó mar, mariñeiriño
ai ó mar ó mar non vaias
canto mais fondo máis peixe
canto mais fondo máis peixe
canto mais fondo máis auga.

Ai la la lará ai la la lará
ai la la lará la la lará la la.

Amoriños collin
na beiriña do mar,
amoriños collín
non os podo olvidar,
non os podo olvidar,
non os podo olvidar,
amoriños collín
na beiriña do mar.

Río senlle, río Senlle
a popa che vou virando
non sei que me queda nele
non sei que me queda nele

Ai la la lará ai la la lará
ai la la lará la la lará la la.
que o corazón vai penando

     

     
 

15. QUE O PANO NON ME NAMORA    
(versión final)

 
     

 

 

 

 

 

 


Malvela

Da miña xanela á túa



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Malvela

* Festival Costa dos Castros 2017 (Oia)
* Festa do Marisco en O Grove
* Obradoiro de percusión miúda en O Fiadeiro (Vigo)
* Gala do Património en Tui
* Concerto acústico Barroso & Penabad na Cova dos Trasnos (As Pontes)

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista





Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

info@ghastaspista.com




< =Rúa Aberta
( Madialeva )
Isué
( Mercedes Peón )
= >


Voltar á páxina principal