Páxina anterior

NA LÚA     "FEITIZO"
 
http://www.nalua.net

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

8 comentarios deste disco .....

 
  
 
 
 


 
 
 
 
Antón Rodriguez
 
 
 
 
 
 
  Gaita, saxo, frautas 
 
 
Cándido Lorenzo 

Gaita, clarinete,   
frauta, whistle 

 
 
 
 
 
 
 
 
X. R. Paz Antón 

Guitarras, 
bouzouki,   
laúde,  percusión,  
voz 

 
 
 
Ricardo Pereiro 
 
  
 
 
 
 
       Baixo eléctrico 
 
 
 
 
 
Xabier Camba  

Batería, percusión

 
 
 
Xabier Debesa  
  
Acordeón, guitarra, 
percusión, 
 sintetizador, voz
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 



 
 
 

   COLABORADORES:   

Aloia Martinez:  
Voz 

Irene Varela, de Avalon 
Arpa 

As Donicelas  
(Teresa, Isabel, Beatriz, Andrea e Noelia): 
Voces 

Antón López, de Treixadura: 
Tamboril 

Xabier Martinez, de Folia: 
Bombo tradicional 

Luis Correa, de Os Carunchos: 
Pandeireta, piña 

Emilio Pichel, de Anamoura: 
Pandeireta, tarrañolas, culleres, cunchas. 
 
 
 
 



 
 
 
Fotos:  Manuel Armengol 
Fotos do grupo:  Xoán Piñón 
Deseño gráfico: Ivius 
  
Producido por Xabier Debesa 
Gravado por Paz Antón 
 
    1.- Dúas Irmás    
    (Xabier Debesa) 
     

    2.-A Noite de San Xoán   
    (E.Pondal/Paz Antón)

É a noite de San Xoán: - Ide rapaces, 
De todo mal capaces; Collede herba ferrenta, 
Collede brizos, menta, E sarxa rabuxenta; 
Collede sabugueiro, E follas de loureiro; 
E collede sambuco, Tamén herba do cuco; 
Collede herba gateira, Aurego, herba cabreira, 
Con herbas dos eremos; 
Collede herba dos demos.. 
Collede herba do inverno, 
Collede, se podedes, herba do inferno... 
E facede con todo unha fogueira, 
No medio da lareira: E decide: -Ide bruxas, 
E agoreiras curuxas; Ide, casta embustera, 
Que se casa e se marcha con calquera; 
Ide, raza insidiosa, Sulfida e veleidosa, 
De extraña condición, Que sempre di que non; 
Ide, falsas belezas, 
Que trastornades dos tontos as cabezas; 
Abortos do profundo, 
Capaces todas de perder o mundo. 
(E facede con todo unha fogueira) 
 
    3.- Tres viras do Minho  
    (Tradicional / Paz Antón)
O da vira vira 
Da vira de Seixas 
Leva-te o diabo 
Se é que tu me deixas 
 
    4.- Fun polo vento  
    (Tradicional/Xabier Debesa)
Fun o muíño da miña comadre 
Fun polo vento, vin polo aire. 
Estas son cousas do encantamento 
Ir polo aire, vir polo vento. 

Marica cantou 
E eu cantei, 
Ela como sabe 
E eu como sei. 

5.- O Meigallo     
(Tradicional/Paz Antón
 
6.- Para facer un feitizo  
(Bouza Brey/Paz Antón
Sabugueiro da folla repinicada 
polo Maio estralando de brancas frores 
collereiche un ramallo na madrugada 
pra facer un feitizo prós meus amores. 
Que non fuxan os merlos que fan o niño 
no máis mesto curruncho dos teu verdores: 
esgazareiche as ponlas moi a modiño 
pra facer un feitizo prós meus amores 
Cocereiche con cornos de bacaloura, 
con fiúncho e con ruda dos arredores 
da ermida feituqueira da Virxe loura 
pra facer un feitizo prós meus amores. 
Pra este amor, sabugueiro, que me entolece 
túas frores segura menciña son, 
que ti tamén froreces cando frorece, 
vermelliño de rosas, meu corazón. 
  
7.-Encantamento  
(Antón Rodríguez/ Arranxos: Xabier Debesa
 
8.- As meigas chegan  
(Xabier Debesa
 
Catrocentas meigas todas embruxadas 
Fixeron a ronda para ver a quen levaban. 
Levarán o alcalde, levarán o crego, 
é cousa do demo a quen lle vai tocar. 
Vixiade as vosas fillas, pechade ben as portas, 
O aquelarre esta noite vai chegar. 
Conxurando feitizos, voando polo aire 
As meigas chegan non hai xeito de parar. 
Achégase perto unha treboada, 
Lóstrego salvaxe, bruxa iluminada. 
Sentindo a vella voz da natureza 
No máis fondo do noso pensamento. 
Ceibes para voar 
Catrocentas meigas todas embruxadas 
Moi apertadiñas facendo toleadas. 
Remexe o caldeiro, abracadabra, 
O diaño coxo virá con nós bailar. 
Vixiade as vosas fillas... 
Queimaban as fogueiras no medio da toxeira, 
O aquelarre esta noite vai chegar. 
O lume sae dos fentos voando ós catro ventos, 
As meigas chegan non hai xeito de parar. 

     
9.- Trasalbiña  
(Tradicional/Paz Antón/Antón Rodríguez
 
10.- O Xastre Coxo  
(Tradicional/Paz Antón
 
E acolá enriba, en Pena Maior, 
Hai un xastre coxo, ¡cáscalle alí!, 
Moi ghabadore, ¡i eso si! 
Ándase ghabando que cose moi ben, 
En sete parroquias, ¡cáscalle alí!, 
Non cose para ninguén, ¡i eso si! 
Chamouno a bruxa para facer un traxe 
E o raio do xastre, ¡cáscalle alí!, 
Non lle deu trespase, ¡i eso si! 
Para facer un traxe tres varas de pana, 
E o raio do xastre, ¡cáscalle alí!, 
Di que aínda lle falta, ¡i eso si! 
Fíxolle a chaqueta como a dun torero, 
E o raio do xastre, ¡cáscalle alí! 
Levaracho o demo, ¡i eso si! 
Hai un xastre coxo, ¡cáscalle alí! 
Moi ghabadore, ¡i eso si! 
Chamouno a bruxa, ¡cáscalle alí! 
Para facer un traxe ¡i eso si! 
Acolá enriba, ¡cáscalle alí! 
En Pena Maior ¡i eso si! 

 11.- Baile do demo  
(Paz Antón
  Cando chove e fai sol 
Anda o demo todo contento 
Perto do Ferrol 
O meu demo ti xa non es 
Que non tóca-la muiñeira 
Coma Os Cempés  
 

   


Na Lúa. Aptdo. Correos 8 36400 , O Porriño (Pontevedra)  antonr@aie.es

DO FOL EDICIÓNS r./ Príncipe, 22, 2º. VIGO 36202. Tel.:986 43 85 51 Fax: 986 43 74 18
E-mail: dofol@dofol.com
 



Na Lúa

Na lúa
A estrela de maio
Ondas do mar de Vigo
Contradanzas
Peliqueiro
Os tempos son chegados
Feitizo



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Na Lúa

* Finalistas XII Premios Opinión: Candidatos veteranos e noveis
* Pancho Álvarez presenta SONCHE ATLÁNTICO
* Sólidos Galicianos de Pancho Alvarez - Lanzamento dixital exclusivo de PAI Música
* Mucientes (Valladolid) acoge el sábado un concierto de la cantante gallega Uxía
* O Festival de Pardiñas, a piques de ser declarada Festa de Interese Turístico Galego

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista




< =Maio
( Mutenrohi )
Formas Diáfanas
( Nao D'Ire )
= >


Voltar á páxina principal