Páxina anterior

 

 

Treixadura:

UNHA NOITE NON É NADA
www.treixadura.com


Xaquin Xesteira Paulo Nogueira Xan López César Longa Toniño López

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

4 comentarios deste disco.....


 

 

 

 

 

 


 

 

Xan López,
Gaitas en Do e Re, Bombo e Voces

 

César Longa,
Acordeón

 

Toniño López,
Gaita en Re, Tamboril, Pandeiro, e Voces

 

Xaquín Xesteira,
Gaitas en Do e La, Bombo, Tamboril, Pandeireta, Cunchas e Voces

 

Paulo Nogueira,
Gaitas en Do, La e Re, Pandeiro, Cunchas e Voces

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

1.- A Chula de Pontevedra    
Tradicional
Colección de temas tradicionais galegos extraídos da zarzuela "La Chula de Pontevedra" de Paradas-Jiménez-Luna-Bru, publicada o 27 de febreiro de 1928.

Non che canto por cantare,
nin por gañas que che eu teña,
Canto por dar alegría
A un corazón que ten pena.

Quen me dera, quen me dera,
Quen me non costara nada,
Unha meniña bonita,
Coloradiña da cara.

Para boas mozas Mourente,
Garridas as de Estribela,
Bonitas as de Salcedo,
E a palma está en Pontevedra.

Sempre te atopo lavando
No río Lérez lixeiro,
Quen me dera se-la iauga
Onde te lavas primeiro.

Vállame San Miquiquí
E o canciño de San Roque,
A virxe da Peregrina
e o santo do paletroque.

Ai! Maruxiña non vaias á herba,
Porque ven o vento e toda cha leva,
E lévacha toda e toda cha leva,
Ai! Maruxiña non vaias á herba

 

2, 3 - Unha noite non é nada       
Tradicional/ Repertorio de Os Campaneiros
Alalá tradicional recollido en Vilanova dos Infantes que acompañamos cunha alborada do repertorio de Os Campaneiros de Vilagarcía de Arousa


4.- Cacería en Do Maior (mazurcas)    
Repertorio de Os Campaneiros / Os Encantiños do Umia
A primeira das mazurcas pertence a Os Campaneiros e aparece no arquivo de Xerardo F. Santomé. A segunda foi recollida por José L. Dopico Orjais a Os Encantiños do Umia en Godos (Caldas de Reis)


5.- A Mazá gardada    
Ttradicional
Esta foliada foi aprendida de Marisa Bermúdez na vila de Ponteareas. As coplas pertencen a diversos cancioneiros tradicionais galegos.
Acompañámola doutra foliada que co rexistro CF 95 aparece en "Aires da Terra" de José Luís Calle.

Teño unha mazá gardada,
Que ma deu o carpinteiro,
Xa vai un ano que a teño
e aínda non perdeu o cheiro

Esta noite hei de ir á fía,
Non por fiare na roca,
Vou por tocar o pandeiro
Que esta noite a min me toca.

Se queres ir vai bailare
Se queres ir vai agora,
Despois non vaias dicindo
Que a foliada non foi boa

Agora non canto máis
Que se me acabou a gracia
Aquela pouca que tiña
Deixeina quedar na casa.

As de alá de arriba cando van co gando,
Espetan a vara e bailan o tango,
E bailan o tango e máis a muiñeira,
Ás de alá de arriba non hai quen as queira.


6.- Aires da Terra    
Tradicional
No traballo do mesmo nome, José Luis Calle aporta este par de muiñeiras do repertorio de Perfecto Feijóo.

7.- Polca da Porteliña    
Paulo Nogueira
Nunha das ladeiras do monte Aloia, no lugar de Porteliña, atópase a escola pública da parroquia de Pazos de Reis. A ela vai adicada esta polca para dúas gaitas


8.- Xiada    
Paulo Nogueira
Adicada a Ricardo Santos
e ó cuarteto de gaiteiros Xiada de A Coruña

 

9.- Os Amigos    
Benxamín Fernández Pazos
Pasodoble que Benxamín Fernández Pazos adicou ó grupo de gaiteiros Os Amigos

 

10.- Pandeiretada    
Tradicional
En "tódolos Muiños da Terra Galega", Andrés Sampedro presenta a melodía coa que se abre este tema. A segunda muiñeira pertenceu ó repertorio do gaiteiro O Choqueiro de Cangas ("Aires da Terra", CF 38, muiñeira de Aldán). As letras son populares

Danse bicos os paxaros,
Bícanse a terra e o mare,
Aqueles que ben se queren
Por qué non se han de bicare.

Púxenme a contar estrelas,
E a botalas nun sombreiro,
Nunca lles puiden dar conta
Ata que veu o luceiro.

Quen ten amores non dorme,
Quen non os ten adormece,
Quen os ten lonxanos chora,
Quen os ten preto padece.

A despedida vou dando,
Con rosas e caraveles,
Pois según vou entendendo
A despedida ti queres.

 

11.- Melide    
Repertorio de Os Mariñáns
Versión de Treixadura deste fermoso pasodoble do repertorio de Os Mariñáns de Sísamo.

 

12.- Xota Vella    
Repertorio de Modesto Sánchez
Á memoria do ilustre musicólogo Alan Lomax, quen na súa viaxe por Galiza, no ano 1952, recolleu esta fermosa melodía interpretada por Modesto Sánchez (gaiteiro da coral De Ruada).

 

"Unha noite non é nada" foi gravado e mesturado no estudio As Galegas, Albeida (Serra de Outes), durante os meses de novembro e decembro do ano 2001.

 


 

Misturas e masterización:
Rodrigo Romaní

Arranxos:
Treixadura

Técnico de son:
Rodrigo Romaní

Asistente de gravación:
Isaac Millán

Idea orixinal:
Treixadura

Fotografías:
Ricardo Bará, Xosé Ameneiro
e Antón Guisande

Artesán de percusión:
Ramón Vázquez "O Chirlo"

Artesáns de Gaitas:
Obradoiro Seivane, Alfonso R. Castro, Ramón Vázquez "O Chirlo"

Artesán de palletas:
Rubén.

 

Producción dirixida e realizada por: Rodrigo Romaní para Edicións do Cumio.


Editado por Edicións do Cumio. Marzo de 2003.

 

 

 

"Orfeón Treixadura", aparece en "A Chula de Pontevedra", Manuel Alvarez Solista.


Treixadura

Obrigado
Unha noite no muiño
Unha noite non é nada
Unha Semaniña Enteira



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Treixadura

* Treixadura en Marín
* Treixadura en Rianxo
* Treixadura en Padrón
* 33 FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA<
* Treixadura en Ames

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista




< =Unha noite no muiño
( Treixadura )
Unha Semaniña Enteira
( Treixadura )
= >


Voltar á páxina principal