Páxina anterior

 


NOVA GALEGA DE DANZA
“Alento”
 

www.novagalegadedanza.com

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

3 comentarios deste disco.....

 





 


 




 

O alento persoal e individual, o alento enraizado nunh cultura silenciada e, agora, proxectada. A danza cobra unha forma espontánea de frescura, de expresividade e coa loita latexante da sempre inqueda comunicación artística.

En "Alento" únense motivos distintos sombreados, moitos espritos herdados, moitos camiños encontrados.. xurde a arela de crear.

Galicia fala entre a música e a danza, respira entre os ollos que amiran. Galicia ámase.

A mancheas de frescura, conseguida nos proxectos encontrads, presentamos a forza da nosa cerna cultural:

"Alento"... para as miradas.

Alba Felpete

 

 

 


 

 

 

Xabier Cedrón
Violín

Pedro Lamas
Saxo Soprano e Gaita

Xabier Díaz

Voz

Ricardo Rozas

Guitarras

Melo Suárez

Percusión

Xosé Lois Romero

Acordeón en 1, 2 ,4 ,5 ,7 ,10 e 12

Suso Iglesias

Acordeón en 3, 6, 8, 9 e 11

Miguel Queijas

Escobillas en 'Entre a terra e o mar'

Vicente / Jaime / Pastor

Zocos en Bater III

Músicas e letras de XOSÉ LOIS ROMERO agás 'Dúas Cores', 'Soán' e 'Epílogo' de PEDRO LAMAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVA GALEGA DE DANZA
foron, son e serán

Vicente Colomer, Jaime Pablo Díaz,
Ruth Cordero, Miguel Queijas, Pedro Lamas,
Liliane Frías, Xabier Cedrón, Olga García,
Jesús Vallinas, Ricardo Rozas, Carlos Meléndrez,
Xosé Lois Romero, Alba Felpete, Emma Cabanas,
Pablo Torneiro, Iván Novo, Pastor R Feal,
Xabier Díaz, Dani Sisto, Suso Iglesias,
Antón Cabado, Juan Felpeto e Melo Suarez.

 

 

 

 

 

 

 

 

VOAMOS

    Voamos.
Aprendimos a voar.
Exerciamos as ás, perdímolo medo e ceibmonos no ar.
E comezamos unha iniciática viaxe por entre as nubes nun permanente estado de desequilibrio e liberdade.

Eis un agasallo da nosa primeira travesía.

O mapa sonoro do noso 'Alento'. As vibracións do ar que fan mover pés, máns, brazos corpos.. e emocións.

Pero esta música non é un anaco inconsistente e orfo sen a danza, senón que é unha das unidades que se fundiron nesa grande sinerxia que é 'Alento'.

¿Qué marabillosa demencia sofrimos que nos obriga a crear? ¿Qué nos fai supoñer que as nosas fantasías tórnanse cabais cando as compartimos? ¿Quén alimenta a ese molesto verme do inconformismo que nos rebule nos miolos?

Se cadra todo radique en que a NGD está impulsada polo motor máis potente que coñece o home: o corazón.

Gracias a tod@s.

Xosé Lois Romero

 

 


1.- alento
   
 
(o ritmo da vida)


2. preludio, sinerxia, o engado     
(o nacemento, o encontro e a fusión)

 

 

 

 

 

 

 

 


3. entre a terra e o mar     
(o canto ás paisaxes do corazón)

Entre a terra e o mar
medran flores de escuma
ribeiranas de sal
carantoña teimuda.

Obradoiro de soños
pra quen quere mudar
o que ven os seus ollos
por un outro mirar

de fervenzas no vento
e de areas fecundas,
onde o mar é un xoguete
dos enredos da lúa.

Ribeiranas de sal
firmamento de area
entre a terra e o mar
nos cantís de Fisterra.

 

 

 

4.- branco   
(xota da liberdade)

 

 

 

 

 

 

5.- dous      
(o número da paixón)

 

 

6. bater (I)     
(qué foi primeiro, o ritmo..?)

 

Vira na roda da vida
vira como unha buxainda
por cada volta que viras
vaise unha pena da ialma
vira pra que tra-la noite
sempre veña a ialba.

Son como as nubes do ceo
son como a escuma do mare
non teño acougo nin quero
son unha folla que cae
vivo no berce do vento
preso estou do aire.

Baila e bate na terra
pra enxermar a primavera

Baila e toca as estrelas
Coas azas das arelas

 

 

7. dúas cores     
(dúas sons)

 

 

 


8. bater (II)    
 
(..ou a danza?)

 

 

9. anguria    
(..e soedade)


 

 

10. soán     
(a forza do vento do abrente)

 

 

D


11. alalá     
(a voz da esperanza)

Teño a vida nunha man
e na outra o corazón
non vos teño máis que dar
fica núa miña voz
Alala...

Xa non quero máis chorar
o que o tempo nos negou
hoxe traio pra mañán
bágoas cheas de paixón
Alala..

 

 

 



12. epílogo     
(a fin)

 

 


Xosé Lois Romero
Producción e Dirección Musical
Santiago Alcalá
Producción Técnica
Vicente Golomer e Jaime Pablo Díaz
[NOVA GALEGA DE DANZA]
Producción Executiva
Jesus Vallinas
Fotografía
Sofía Menéndez
Fotografía
des_escribir
Deseño Gráfico e Ilustración

Gravado en Canide (Oleiros, A Coruña) en Xaneiro de 2005
por
Xosé Lois Romero e Santiago Alcalá.
Mesturado e Masterizado en Risskov ( Årbus, Dinamarca) en
Maio de 2005
por
Xosé Lois Romero e Santiago Alcalá

 

CONTACTO

www.novagalegadedanza.com
info@novagalegadedanza.com
teléfono / (+34) 881 895 647
              (+34) 661 063 703


 


Nova Galega de Danza

Alento
Engado



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Nova Galega de Danza

* Ser e Terra de Nova Galega de Danza en Ferrol
* Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en Avilés
* Nova Galega de Danza presenta Son en Vilagarcía de Arousa, Narón e Vigo
* Nova Galega de Danza en Vilagarcía
* Maxia nos pés no Pazo, en Narón

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista




< =Egobarros Namarinos
( Nordés )
Engado
( Nova Galega de Danza )
= >


Voltar á páxina principal