No ano 1986 nace LUAR NA LUBRE na cidade de A Coruña, convertíndose co paso dos anos e o seu teimoso traballo, nunha das formació
..>>
No ano 1986 nace LUAR NA LUBRE na cidade de A Coruña, convertíndose co paso dos anos e o seu teimoso traballo, nunha das formacións máis prometedoras e referenciais da música feita na Galiza e en galego. O traballo que desenrola a banda está enfocado dende a óptica de entender que a música é un dos factores culturais máis importantes para a afirmacióndo dereito á diferencia enriquecedora do pobo galego.
O grupo pretende que na Galiza predomine a súa cultura, aínda que non rexeita influenzas que melloren a súa proposta, sen deturpar o carácter central do seu proxecto, que baséase fundamentalmente nas músicas de raiz e língua galegas, polo que adican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos, así como ao traballo de campo, que lles proporciona un fondo coñecemento sobre a realidade musical galega, que tamén se revela determinante nas composicións propias.
LUAR NA LUBRE é hoxendía a banda máis internacional da Galiza, así pois dende Palestina a Canada, e dende Arxentina a Alemaña, levan percorrido parte do planeta levando a cultura e a música da nosa terra a través da súa proposta.
No ano 1992 coñeceron ao músico británico Mike Oldfield para o cal ofreceron un concerto privado nunha coñecida sala de concertos coruñesa. Dese improvisado concerto saiu unha amizade que ainda perdura e que se traduciu nunha relación que levou a Mike a facer unha versión de "O SON DO AR" composición de Bieito Romero, un dos temas máis emblemáticos de Luar Na Lubre e título do que no 1988 foi o seu primeiro L.P. Mike incluiuno no seu C.D. "Voyager" (1996) como tema 1. Esto foi determinante na carreira de Luar Na Lubre sendo un gran impulso á súa proposta que medrou cando o propio Mike os convidou no 1999 a realizar a xira "Then & Now" por diferentes cidades do estado con grande éxito e confirmándose como grupo "revelación".
Entre as xiras por Galiza, estado español e mundo, no ano 2004 e dirixida por Ignacio Vilar, LUAR NA LUBRE gravou o seu primeiro DVD onde se recolle parte da súa traxectoria e vivencias. Unha experiencia magnífica, onde se combinan as paisaxes do noso país, a música do grupo e as anécdotas persoais de cada un dos seus membros.
É destacabel tamén a incorporación da nova voz do grupo. Tras a estela de Ana Espinosa e Rosa Cedrón, chega a doce e persoal voz da lisboeta Sara Vidal, que confirma un aporte de frescura e nitidez á nova etapa da banda.
Despois de 24 anos percorrendo os cinco continentes. Despois de 26 países visitados. Despois de dar as grazas en 12 idiomas distintos… 2009, era o momento de publicar o noso primeiro CD/DVD en directo. Un agasallo para o noso público e un testemuño para toda a xente que participou como espectador nos nosos máis de 800 espectáculos, e que contribuíron para que LUAR NA LUBRE sexa actualmente, o que é: un dos grupos internacionais máis importantes da música celta.
Tras a estela de Ana Espinosa e Rosa Cedrón, chegou a doce e persoal voz da lisboeta Sara Vidal, que confirmou un aporte de frescura e nitidez á esta etapa da banda; coa que gravou, dende a súa incorporación no ano 2005, 4 CDs como vocalista: "Saudade", "Camiños da fin da terra", "Ao vivo" e "Solsticio".
2011 É O ANO NO QUE LUAR NA LUBRE CELEBRA O SEU XXV ANIVERSARIO:
12 traballos discográficos, 9 deles editados por Warner España, máis de 300.000 discos vendidos, 2 discos de ouro, 9 Premios da Música e 1.000 conciertos en máis de 23 países confirman a Luar Na Lubre como a proposta musical máis consistente i estable de Galicia.
Neste ano 2011, Luar Na Lubre é embaixador musical da súa terra realizando máis de 35 concertos e levando a marca “Galicia” polos mellores teatros e festivais do estado cun éxito máis que notable.
Agora, a banda reemprende unna nova xeira na que presentará por diversos escearios a Paula Rey, a nova voz que sustitúe á da lisboeta Sara Vidal. Unha voz carregada de matices e de enerxía que combinada coa riqueza instrumental i estilística da banda, non deixará indiferente a ninguén.
Martes 19 de decembro ás 20:30h Teatro Rosalía de Castro. Número, 37. A Coruña.
Concerto especial de Nadal no que participarán como convidados especiais as voces Irene Cerqueiro e Irma Macías, a CORAL De RUADA, xunto con Pablo Rosales e Bieito Romero Diéguez do grupo Dequenvessendo
Xabier Diaz, que integrou os Berrogüeto e colaborou com artistas e grupos como Luar na Lubre, Kepa Junkera e Uxía, combina a sua actividade de músico e compositor com um intenso labor enquanto investigador e compilador do folclore tradicional galego. O seu mais recente trabalho, com as Adufeiras de Salitre, um grupo de percussionistas e cantoras de música popular (acompanhados por Guti Álvarez, na sanfona e violino, e Javier Álvarez, no acordeão diatónico), foi espectáculo sensação na última edição do Womex, rede internacional da chamada «música do mundo».
Delegación galega no Festival Interceltico de Lorient 2017
(texto engadido o día 6/ / 8/ / 17 )
O Festival Interceltique de Lorient, que naceu hai case cincuenta anos para impulsar o desenvolvemento da música e a cultura tradicional dos territorios celtas, vaise celebrar entre o 4 e o 13 de agosto na cidade bretoa. Durante 10 días acollerá a máis de 4.500 artistas e 750.000 visitantes en 120 concertos e outras actividades.
- Domingo 6, martes 8, mércores 9 e xoves 10 de agosto, 21:30h. no Stade Du Moustoir Cantigas e Agarimos + Banda de Gaitas Ximiela
- Domingo 6 de agosto, 21h. no Théâtre De Lorient. Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
- Luns 7 de agosto, 14:30h. no Espace Marine Banda de Gaitas Ximiela
- Luns 7 de agosto, 21:30h. no Palai sDe Congrès c TRIM
- Martes 8 ás 21:30h. na Église Saint Louis Erixúa
- Martes 8 de agosto, 14:30h. no Espace Marine Cantigas e Agarimos
- Mércores 9 de agosto, 22h. no Espace Marine. Luar Na Lubre
- Mércores 9 de agosto, 21:30h. no Quai De La Bretagne TRIM
- Venres 11 de agosto, 14:30h. no Espace Marine Cantigas e Agarimos