Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]


Páxina aberta de
Actualidadesical Galega

XML




   >> Iniciar Sesión  

 


 

VI Foliada da Mariña

(nova engadida o día 15/ / 7/ / 10 )



A  Asociación cultural Saiñas de Xove vai celebrar o vindeiro sábado, 17 de xullo a VI FOLIADA DA MARIñA na carpa situada na praza do Centro Cí­vico de Xove.

Comezaremos sobre as 14:00 h. con pasarrúas e actuación dos gaiteiros de Saiñas.  A partires das 18:00 h. terán lugar os xogos tradicionais para pequenos e maiores no parque do Centro Cí­vico.

ís 20:00 h. temos preparada unha cea popular que estará composta por empanada, tortilla, churrasco, chorizo, pan e bebida a un prezo de 10€. Repartiranse preto de 300 racións.

Sobre as 21:30 h. dará comezo a foliada na que pode participar todo aquel que o desexe cantando, tocando ou bailando.

De seguido, ás 23:00 h. comezarán os concertos cos grupos :

·  Os Minhotos de Lugo

·  Tanto nos Ten

·  Quempallou

Continuará a festa rachada con máis actuacións a pé de rúa, ata que o corpo aguante.

Dende a Asociación queremos agradecer a colaboración de todas as institucións, organismos e comerciantes porque sen eles non serí­amos capaces de organizar esta boa proposta festiva e cultural para toda a Mariña.
- Foliada da Mariña- Quempallou- Tanto nos Ten -


COMENTARIOS:

 




Engade o teu..

Antes unha preguntiña ben sinxela
(tanteando a robots pesados..)

2 + 2 =

?

Comenta..

 

E identifícate (se queres)

nome:
clave (si es un usuario rexistrado):

Crea a túa conta en Ghastas Pista?.
O rexistro de usuarios está en preparación e fase de probas, pero a intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta.

 

 

 

Atrás.

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal