>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

O Fiadeiro en Baltar

(ultima actualización: 17 / 11 / 17 )





AGRUPACIÓN O FIADEIRO
dentro do ciclo...
DANZA 3 - Folclore na rúa

Sábado 18 de novembro de 2017 ás 22:00h
Lugar: Baltar (no pabellón de deportes)

Entrada: de balde.
Organiza: Agadic, Concello de Baltar

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega.

O proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupacións a distintos Concellos da xeografía galega.

Nesta ocasión, o grupo de baile e música de O Fiadeiro, pretende dar mostra do seu amplo repertorio a pé de rúa. Para esta proposta, contará cun repertorio baseado en pezas e bailes do seu propio arquivo, que adaptará ás necesidades do momento. Creando en 60 minutos un espectáculo único, espontáneo e persoal, polo que non haberá dous espectáculos iguais.
Para isto, O Fiadeiro, contará co grupo de baile, grupo de pandereteiros, pandereteiras e da súa charanga, para animar á xente a que participe deste FOLCLORE NA RÚA.
Os temas que interpretarán serán variados, en canto a ritmos e formacións.



Baltar.
Abrir mapa en navegador

- O Fiadeiro -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal