>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

MOENDO Muiñeiras en Mazaricos

(ultima actualización: 17 / 11 / 17 )





Sábado 18 de novembro ás 22:00h
Castelao, 1 - A PICOTA - 15256 Mazaricos. CASA DA CULTURA.


Moendo Muiñeiras. A obra que mezcla baile tradicional, teatro, música e cancións a partes iguais chega a Mazaricos dentro da programación da Rede de Cultura da Deputación da Coruña, organizado polo Concello de Mazaricos.
Con Montse Rivera, Xabier Iglesias e Pablo Pintor. Coa direción de Paloma Lugilde e na parte técnica o equipo de ASA-SON.
A ENTRADA É DE BALDE

Moendo Muiñeiras é un espectáculo que xira ao redor da muiñeira no que, como sinalamos, se misturan a partes iguais teatro, danza e música. Os protatonistas da historia farán un percorrido polas catro formas de muiñeiras conservadas a día de hoxe: muiñeira nova, muiñeira vella, carballesa e regueifa; levados por unha apaixoante trama ao ritmo zanfona e clarinete.

Sipnose: Que pasaría se recibises unha carta anunciándoche que herdas un antigo muíño?
Unha parella de mozos urbanitas ve cambiada a súa vida ao voltar as súas orixes.
Uxía, moza de Brais, herda un muíño de Xosé, alcumado O muiñeiro.
Neste muíño, pasarán cousas aparentemente inexplicables, que pouco a pouco iranse comprendendo
ata descubrir a historia dos seus verdadeiros avós, Sofia e Xocas.

Unha historia de amor, de vida, de baile e de música acontecida en 1936 entre fariña e muiñeiras.

Equipo Artístico:
Uxía/Sofía : Montse Rivera
Xocas/Brais: Xabier Iglesias
Xosé o muiñeiro/guerrilleiro: Pablo Pintor
Voces en off: Paloma Lugilde, Carlos Díaz

Equipo Tecnico:
Luces e son: Alfredo Sarille
Creacións musicais para o espazo sonoro: Carlos Díaz
Música en directo: Pablo Pintor
Coreografías baile tradicional e cantos: Xabier Iglesias, Montse Rivera
Construción muíño: Jorge Illán
Deseño gráfico: Sabela Eiriz
Fotografía e Video: Bruno Máez
Dramaturxia, autoría, deseño espazos e dirección: Paloma Lugilde
Produción: Xabier Iglesias















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal