>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XII HECTÓMETRO LITERARIO PARA MINI E MERO en Vilalba

(ultima actualización: 17 / 11 / 17 )





SÁBADO 18, , VILALBA 12:00 H.

Celébrase o día 18 no Concello de Vilalba, ás 12 da mañá no Paseo dos Soños, un percorrido pola lembranza da xente honrada en anos anteriores, para chegar á deste ano dedicada a Mini e Mero, músicos e cantores. Será un paseo compartido e celebrado na palabra de distintas persoas que cos seus textos, darán voz aos aos vínculos cos cantores. Acabará coas verbas dos, desta volta, honrados para finalizar coas consideración de Alfonso Blanco Torrado. Despois haberá un xantar fraternal e para participar haberá que anotarse previamente. Organiza Irmandade Manuel María e Asoc C. Xermolos.

PROGRAMA:

12:00 H. Xunzanza no Muíño do Rañego, a carón do río Madalena (Concello de #Vilalba).
Interpretación da Peza composta a Mini e Mero polo gaiteiro nubeiro Raúl Galego.
Recitado do poema a Mini e Mero por Xoán Xosé Fernández Abella.
Recepción a cargo de Jesús Mato Mato

A continuación, comezará a andaina polo Paseo dos Soños e por cada hectómetro de fantasía e ilusión intervirán:
Paco Martín, Xosé Lois García, Miro Casabella, Luís Foz, Marica Campo, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade, Rubén Aramburu, X.L. Santos Cabanas, Isidro Novo, Xulio Xiz.

Diante do XII hectómetro (creación de Xosé Val Díaz) intervirán Mini e Mero, e seguidamente pechará o acto Alfonso Blanco.

(Xantar no Restaurante Terra Chá (20 €), apuntamentos no 646-413-890)














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal