>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Xornadas de percusión tradicional en Narón
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 17 / 11 / 17 )





Este sábado 18 de novembro, a partir das 10:00 horas, terán lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura unhas Xornadas de Percusión Tradicional, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos coa colaboración do Padroado.

O programa previsto para estas Xornadas de Percusión Tradicional comezará ás 10.00 horas coa entrega de documentación e a partir das 10.30 iniciarase o primeiro dos obradoiros, sobre “O pandeiro cadrado na Galiza”, a cargo de dous profesionais da percusión, Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio. Ás 13.10 horas haberá un descanso e ás 13.20 presentarase en primicia a publicación O tamborileiro técnico, de Marcos Saburido, Kinhos. O autor estará acompañado no acto de presentación por Juan Luna, director da Escola de Música Tradicional Galega “A Pintega Marela”, editora do libro.
Xa pola tarde, a partir das 16.15 horas comezará o segundo dos obradoiros, “Achegamento á pandeireta en Galicia: ritmos”, a cargo de Xermán Muíños e ás 18.30 terá lugar o último, sobre “Pandeireta e canto en Bergantiños”, con Fransy González.

As persoas interesadas en recibir máis información sobre as xornadas ou inscribirse –son de balde- poden facelo a través dos números de teléfono 986 847 074 ou 982 229 966, ou enviando un correo electrónico á dirección: secretaria@gaiteirosgalegos.gal, sendo preciso facilitar nome e apelidos e un teléfono de contacto. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Esta convocatoria está subvencionada pola Deputación da Coruña.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal