>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festa despedida Chotokoeu en Lugo

(ultima actualización: 7 / 12 / 17 )





Xoves 7 de decembro ás 23:30h
Club Clavicémbalo.
Rúa Paxariños, 23.
Lugo.


Chotokoeu e "ATASEMPRE TOUR" chega a Lugo!
Tras unha década a bordo deste barco, o próximo ano cada un de nós seguirá o seu propio rumbo, rematando unha fermosa etapa chea de música, aventuras e emocións.
Non temos palabras para describir o incrible que foi esta experiencia e o orgullo que sentimos por facer posible co noso esforzo e o voso apoio, un proxecto tan utópico e marabilloso como CHOTOKOEU.
Lonxe dos divorcios e das rupturas conflictivas chegamos a este punto dun xeito consensuado sen problemas nin discusións que emborronen todo o vivido. Por iso, a familia seguirá unida, coas portas sempre abertas para o que faga falta e co desexo de que chotoko volva a soar pronto.
Como vos contamos non temos palabras para describir o que foi isto pero si que estamos cheos de emocións para transmitilo cos nosos instrumentos nunha xira de celebración e de despedida que queremos desfrutar e compartir con tod@s vós!
No Clavicémbalo o 7 de decembro ás 23:30 (anticipada 6e/taquilla 8e) Anticipadas escribindo a club@clavicembalo.com
VÉMONOS ALÍ?? :D



Club Clavicémbalo. Rúa Paxariños, 23. Lugo.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal