>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Tanxugueiras na sala A Fundación (Melide)

(ultima actualización: 15 / 12 / 17 )





Venres 15 de decembro ás 23:30h
Fundacion Bowling Melide.

Sabela Maneiro, Aida Tarrio e Olaia Maneiro son tres extrovertidas e orixinais voces procedentes de Teo e do Barbanza que en xaneiro de 2016 dan un paso máis no seu soño de amosar na escena musical galega todo o aprendido, recollido e herdado das nosas avoas, dándolle vida ao proxecto Tanxugueiras.

A simpatía, enerxía e forza de Tanxugueiras sobre o escenario non pasa desapercibida, e durante este tempo xa contan con colaboracións con grandes artistas da talla de Xabier Díaz ou da Banda das Crechas, coa que cantaron no coñecido Festival Celtic Connections de Glasgow, e de onde saíu un dos seus vídeos convertidos en virais que revolucionou as redes sociais confirmándoas como grandes promesas do Trad feminino e demostrando que a música tradicional continúa a abrir novas fronteiras de son, escena e público.

Agora, pisarán por primeira vez o escenario da Sala A Fundación en Melide, para facernos pasar unha noite única!

--------------
Será o venres 15 de decembor, ás 23:30h. Entrada anticipada: 3€, Entrada na billeteira: 4€



Fundacion Bowling Melide.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal