>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Gala Ano do Patrimonio en Cangas

(ultima actualización: 16 / 12 / 17 )





Sábado 16 de decembro a partires das 20h no Auditorio de Cangas

A gala estará presentada pola actriz Isabel Risco e contemplará actuacións de regueifa, teatro e música relacionadas con diferentes aspectos patrimoniais.

Teatro de Ningures, que actualmente se atopa traballando na montaxe que levará a cabo no evento de Cangas 1617: A Defensa da Vila, representará un fragmento do xuízo que se lle fixo a María Soliña, no que se lle acusaba de meiga. Tamén se reproducirá unha visión lírica poética na que María Soliña ve a pantasma de Pedro Barba.

A Coral Polifónica de Bueu aportará unha pincelada de música mariñeira coa colaboración de Suso Souto. Pezas dedicadas a María Soliña ou a Carmiña Fernández formarán parte do seu repertorio.

Xosé M. Budiño realizará unha breve intervención ao final do evento con Mercedes Peón.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal