>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Luar Na Lubre e amigos en A Coruña

(ultima actualización: 19 / 12 / 17 )





Martes 19 de decembro ás 20:30h
Teatro Rosalía de Castro.
Número, 37.
A Coruña.


Concerto especial de Nadal no que participarán como convidados especiais as voces Irene Cerqueiro e Irma Macías, a CORAL De RUADA, xunto con Pablo Rosales e Bieito Romero Diéguez do grupo Dequenvessendo











Teatro Rosalía de Castro. Número, 37. A Coruña.
Abrir mapa en navegador

- Luar Na Lubre -


NOVAS RELACIONADAS:



Tocar na casa é unha responsabilidade, pero tamén é sempre un pracer enorme
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2017/12/19/span-langgltocar-na-casa-e-unha-responsabilidade-tamen-e-sempre-pracer-enormespan/0003_201712H19C10996.htm




Luar na Lubre regresa a casa polo Nadal, e o fai cun concerto especial, cargado de sorpresas, segundo conta o propio Bieito Romero. Terá lugar esta tarde no Teatro Rosalía de Castro, ás 20.30 horas, con entradas que van dos 6,50 aos 14 euros.

-Este concerto de Nadal pódese dicir que está dentro da xira do 30.º aniversario?

-Podes dicir que estamos pechando a xira, pero realmente non rematará ata que saquemos o seguinte disco, que estará pola primavera. E alí empezaríamos a nova xira.

-Rematan unha e empezan con outra!

-Pero estamos moi contentos, porque esta xira foron uns cen concertos ata o de agora e con cheos en todos os lugares onde actuamos, que foi por todas as comunidades do estado pero tamén en México, Bretaña, Portugal...

-De ese próximo disco escoitei falar xa hai un tempo, si é o que está inspirado na Ribeira Sacra.

-É. Trátase dun disco conceptual no que estivemos traballando alí mesmo todo o que foi o seu embrión, e que xa estamos entrando no estudio para gravar. A idea é que saia sobre o mes de abril. Teño moita ilusión con este proxecto sobre a Ribeira Sacra, que para nos é patrimonio da humanidade e agardamos que pronto o declare así a Unesco. A verdade é que a miña familia é de por alá, así que a min tócame dunha maneira moi directa.

-O concerto de mañá ten realmente algo de especial ou simplemente, como cae en decembro, chamádeslle «Especial de Nadal»?

-Iso é moi certo, pero neste caso si que é un concerto especial. De entrada porque é na Coruña, e tocar na casa sempre é unha responsabilidade, pero tamén un pracer enorme. Ademais imos ter unha serie de convidados que van facer un espectáculo diferente ao resto. Por outra banda, é de Nadal pola data e porque imos presentar unha cantiga na que estamos traballando -de feito aínda non a temos rematada de todo-, que é un Canto de Reises, así que é moi propio para estas datas. Vai ser unha presentación exclusiva.

-Quenes son eses convidados que estarán no escenario?

-Estará con nós a Coral de Ruada, de Ourense, cos que temos unha longa relación, estamos irmandados con eles. Temos tamén a unha rapaza de Vimianzo que ten unha voz espectacular, Irma Macías; Irene Cerqueiro, que é sobriña do noso frautista e filla da primeira cantante de Luar na Lubre, Ana Espinosa; dous gaiteiros que son Pablo Rosales e o meu fillo Bieito; unha parella de bailaríns que estarán no escenario... Entre todos danlle ás cancións outra dimensión. Vai ser moi atarefado, pero tamén moi divertido, con moito movemento.





"O folk non ten apoios como outras msicas. Case é unha fazaña heroica continuar"
http://ocio.laopinioncoruna.es/agenda/noticias/nws-631398-o-folk-non-ten-apoios-como-outras-musicas-case-e-unha-fazana-heroica-continuar.html


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal