MONOGRÁFICOS 07.

 

Este sábado dia 20 comezan os monográficos de Lalín, cursos especiais arredor da música, numerosos e eclécticos. Durante 7 anos os monográficos son unha referencia para formarse fora pero dentro do conservatorio atendendo ás peticións do alumnado e do mundo artístico que rodeia o centro. Van dirixido a amadores e profesionais da música, curisosos e curiosas que deciden vir de distintos pontos do pais a Lalín, ao centro folque do Deza.


Este ano o violino viaxara de Oslo a Compostela con QUim Farinha, a percusión de láminas irrumpe na música tradicional con Dario Gonzalez , os ritmos do Brasil tamén con Lilian França e Sérgio Tannus, revisitaremos 100 anos de música galega grabada con R. Pinheiro, pasearemos pola música sefardíta e as danzas renacentistas con Fernando Reyes, aprenderemos mais sobre o repertorio galego-portugués con J.Luis d.Pico e un dia bailamos danzas do mundo con Beatriz Diaz mentras aprendemos Sibelius e Finale con Benjamín Otero.  

 

O dia 20 abrese a matrícula para:

 

GUITARRA ACÚSTICA E BOUZOUKI impartido polo guitarrista compostelán Chiri de xaneiro a xuño de 19 a 20h. Cunha matrícula de 50€ mes.

 

PANDEIRETA E REPERTORIO CANTADO impartido polo músico-performance Davide Salvado. Desde xaneiro a marzo ás 19,30h cunha matrícula de 50€ mes.


ZANFONA E VOZ. Repertorio cantado para zanfonistas: romances e coplas varias a cargo do Luis Correa “O Caruncho” coa duración dun dia enteiro e a mesma matrícula.

 

AFINA O TEU CORPO COMO PRIMEIRO INSTRUMENTO. Monográfico básico e apropiado para cantantes e músicos, para adquisición de conciencia corporal, control de tensons e posturas…. Este monográfico está impartido por Pablo Caramés (1ª xeración de técnica Pilates do Estado Español e coñecido en Galiza por ser o percusionista do místico grupo Dhais) e Ana Llaras. Será os dias 20 de xaneiro, 3 e 17 de febreiro, 3 de marzo de 10 a 13 h. cunha matrícula de 90 €.

 

Inscrición.  

luania13@yahoo.es   
tlfe 690 195217

www.folque.com
organizamos As.CMTF Lalín.
promove Patronato Cultural de Lalín,Concelleria de Cultura da Xunta de Galicia.

 

Outras novas