1.
Hai un paraiso
Letra e Música: Bieito Romero
Hai un paraiso nos confíns da terra,
Hai un paraiso ao que guian as estrelas.
Hai un paraiso nos confíns da terra ,
Hai un paraiso ao q guian as estrelas.
Por sete camiños chegan ata aquí
Por sete camiños, son os pelegríns...
Hai un paraiso nos confíns da terra,
E a cidade santa chamase Compostela.
Hai un paradiso nos confíns da terra
E a cidade santa chamase Compostela....
Por sete camiños chegan ata aquí,
Por sete camiños, son os pelegríns...
Meu Señor Santiago que estás en Galicia
Dende todo o mundo veñen con ledicia....
|
2.
O meu país 
Letra: Xoan Manoel Casado
Música: Miro Casbella
O meu país
é verde e neboento
É saudoso e antergo
/ é unha terra e un chan.
O meu país
labrego e mariñeiro
É un recuncho sin tempo
que durme nugallán.
Q quece na lareira
/ alo na carballeira
Bota a rir.
E unha folla no vento
alento e desalento,
O meu país.
O meu país
tecendo a sua historia,
Muiñeira e corredoira
agocha a sua verdá
O meu país
sauda ao mar aberto
Escoita o barlovento
e ponse a camiñar
. |
Cara metas sin nome
van ringleiras de homes
E sin fin.
Tristes eidos de algures
vieiros para ningures,
O meu pais.
O meu país
nas noites de invernía
Dibuxa a súa agonía
nun vello en un rapaz.
O meu país
de lenda e maruxias
Agarda novos días
marchando de vagar.
Polas corgas i herdanzas
Nasce e morre unha espranza
no porvir.
E unha folla no vento
alento e desalento
O meu país. |
3.
Uah lúa 
Letra: Eliseo Muas Pinto
Música: Bieito Romero, Xan Cerqueiro
Uah lúa, sagra lua
Uah branca, sagra lúa
Uah lúa, branca lúa
Uah sagra, branca lua
Collerei folla do visgo
É a noite de San Xoán
Brada o porco nos outeiros
Os carballos bruando están.
|
Bebe moza á meia noite
A frol da i'auga pura
Colle da herba preñadeira
Orballo para a fermosura
Alumean as fogueiras
As lembranzas do meu clan
Deses bravos q morreron
Por Kalaikia, seus irmáns
|
4.-
Memoria da noite
Letra: Xabier Cordal
Música: Bieito Romero
Madrugada, o porto adormeceu, amor,
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria.
Perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar.
Veu o loito antes de vir o rumor,
levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a mañá sen voz,
as redes baleiras, sen gaivotas. |
E dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao Patrón:
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar,
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar.
Madrugada, o porto despertou, amor,
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolación.
Non imos esquecer, nin perdoalo.
Volverei, volverei á vida
cando rompa a luz nos cons
porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,
non nos afundiremos nunca máis
que na túa memoria xa non hai volta atrás:
non nos humillaredes NUNCA MÁIS.
|
5.-
No mundo 
Letra : Luar Na Lubre
Música: Tradicional / Arranxos: Luar Na Lubre
No mundo hai tres cousas que me poñen mal
As guerras, a fame e a desigualdade
Non sexas pasivo e móvete xa
Aínda hai esperanza, devemos loitar
Coas guerras fracasa a humanidade
é unha constante de volta para atrás
morte, enfermidades e desolación
levántate, móvete e deixa o sillón.
|
Da fame, queridos, que vos vou dicer
Milleiros de nenos non ten que comer
En Asia, América ou en África
Polo ben deste mundo, solidaridade
En Asía, América ou en África
Polo ben
deste mundo..
|
6. Rivadavia
Música: Tradicional / Arranxos: Luar Na Lubre 7.
Corme
Música: Bieito Romero
8.-
Achégate
Tradicional / Adaptación e Arranxos: Luar Na Lubre
Achégate a min, Maruxa,
Achégate Moreniña
Tu has ser miña muller,
tu has ser a muller miña.
E si vas á herba,
heite de ir a ver
dareiche un abrazo
ai!! maruxa do meu querer
Un aberazo non
que nos ve meu pai
e despois na casa
el vaime berrar
Achégate a mín, Maruxa,
Achégate Moreniña
Eu quero casar contigo,
tu has ser a muller miña. |
E si vas á herba,
heite de ir a ver
dareiche un abrazo
ai!! maruxiña do meu querer
Un aberazo non
que nos ve meu pai
e despois na casa
el vaime berrar
Estreliña do luceiro,
ti ben o has de saber
¿cantas horas ten a noite
denantes do amanecer? |
9.-
Cantigas Alfonso X
Alfonso X (Popular) / Arranxos: Luar Na Lubre 10.- Versos de luz
Letra: Raquel González Gamallo
Música: Xan Cerqueiro
Tal vez penses que nada cambiou
que de ningún dos esforzos
ves a resposta hoxe
pero pouco a pouco
algo se move
e o sol, con versos de luz, avanza
atravesando as nubes
espertando a paisaxe
por entre os feixes de arumes
algún froito nace
Tralas nubes
versos de luz
quedan as pegadas
do que outros fixeron
tralas nubes
versos de luz
a historia nos agarda
i é noso o tempo
quedarán pegadas
do que estamos facendo
|
As cousas nunca se cambian de golpe
Pero non podes cansarte
Non quedes durmido
Porque o desta viaxe
Non é un camiño
Son mil, i temos de andalos todos
E seguimos avanzando
Sen un soio silencio
Que o vento segue soprando
I este é o noso tempo
Tralas nubes
Versos de luz
Chaman un futuro
Que non está tan lonxe
Tralas nubes
Versos de luz
Hai que cambia-lo mundo
Cada un como pode
Porque hai un futuro
E non está tan lonxe
|
11.-
Pando
Tradicional / Arranxos: Luar Na Lubre 12.- Uah Lúa (Remix - Bonus track )
13.-
Hai un paraiso (Remix
Carlos Jean - Bonus track) 
|