Páxina anterior

LUAR NA LUBRE
plenilunio

www.luarnalubre.com


.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

3 comentarios deste disco .....





 

 


 

 



Desde o medio do ceu alumia as mulleres ermas que contan ondas na Lanzada. Dona da fertilidade, raiña do mar e do ventre, compasa os seus ritmos diverxentes e abre-os ao milagre da reprodución na novena onda.

Tamén en Corme as fémeas case espidas buscan o ritmo do seu seo baixo a Lua, vixiadas pola Serpente Alada, ferida cunha cruz no seu lombo.

Cando as fémeas soben ao monte, a Serpente alza o seu volo levando unha Vella que Fia na Roca o fio do tempo; a sucesión de luas novas e vellas, e cada Plenilúnio, deixa ao seu paso grandes laxes que enchen de dólmenes a terra húmida, de Dombate ao Hospital da Fonsagrada, da Faladoira ao Morrazo.

O luar fende a terra, e escoita-se un ritmo xordo de percusión profunda que é o pandeiro do amigo que xa non está. É o son do dolmen, o antigo ritmo da semente transformada na espiga do eterno campesino neolítico que todos levamos dentro.

A Serpente Alada continua a viaxe, e a Vella que Fia na Roca sementa de pedras as beiras do Gran-Mar, e debuxa a Lua nas pinturas das Antelas na Beira Alta, nos relevos do Gavrinis na Armórica, e nas gravuras de Loughcrew na Irlanda de Brugh na Bóinne, e cose co seu fio os confins do mundo que levan por nome Fistrra. Asi nasce a Irmandade da Pedra e a Lua nas terras húmidas unidas polo mar.

Ritmo de mar, ondas e mareas. A Lua marca o tempo, e o tempo fai-se pedra na Laxe das Rodas de Muros, e fai-se onda nos círculos de Fentáns e Cotobade. E o tempo cruza o mar, e os seus mistérios quedan ocultos para sempre nos Labirintos de Mogor e Hollywood.

Ritmo interminábel, água esvarando sobre a pedra. A Lua cria entón a vida vexetal sobre o dolmen e a laxe gravurada, e nasce a ruína. Pedras do monte, fogares de musgo.

E pasan luas. No Plenilúnio os homes dos castros, libada a cervexa ritual dos que se senten guerreiros do Bronce, bailan cun só pé mentres lanzan aturuxos e berros secos. Máis tarde, no mesmo lugar unha moura peitea os seus cabelos loiros, e unha serpente agarda os nove bicos que abrirán o grande tesouro a aquel que saiba decifrar a mensaxe da Lua no Labirinto e teña a barileza de pasar as probas sen cair no terror. Mentres, desde o alto, a Lua dedica o seu sorriso aos Sete Pitos de Ouro, agardando que volten ao seu lugar cósmico a beira dela.

Lua sobre a fonte, e un tolleito cura o tangaraño. Lua na cruz dos camiños, e unha sábia queima os cabelos de infante para afastar a meiga chuchona. Lua sanadora das ondas e das pedras furadas. No claro do bosque un home pecha-se nun círculo mentres pasa a Compaña levada por un anxo enfermo e triste.

Ritmo de vida. Plenilúnio de Agosto para cortar a xesta e, máis tarde, en Setembro, a árbore de madeira boa na touza escura.

Ritmo de onda e de mareas, ritmo de pedra e do tempo, ritmo da vida e do bosque.

Ritmo da Lua neste Luar de Plenilúnio na Lubre Atlántica.

Fóra a-iauga, veña a Lúa
polas portiñas da Cruña.

Xosé Mª Bello Diéguez
(Director do museu arqueolóxico de A Coruña).

 

 



Rosa Cedrón :
Violoncello e Voz


Bieito Romero :
Gaitas galegas, acordeón diatónico e zanfoña


Xulio Varela :
Bouzouki, trompa e percusións


Xan Cerqueiro :
Frautas


Patxi Bermúdez :
Bodhran e tambor galego


Xavier Cedrón :
Violín


Daniel Sisto :
Guitarra acústica

 



Colaboradores:

-Xabier Ferreiro:
Percusións latinas e efectos
(4, 6, 7, 10, 11 e 12)

- Xosé Alvarez
Mandolina (4 e 12)

- Paula Oanes
Harpa celta (2 e 9)

- Daniel Cerqueiro
Guitarra acústica (1)

- Michel Canada
Guitarra acústica (5)
e triángulo (12)

- Fernando Villar
Teclados (1 e 3)


1.- O son do ar   
 
    
Bieito Romero

 

2.- Tu gitana     
(Tradicional)
Letra: J. Alfonso.

Tu gitana que adevinhas
me lo digas pues no lo se
si saldré desta aventura
o si nela moriré.

O si nela perco la vida
o si nela triunfare,
Tu gitana que adevinhas
me lo digas pues no lo se.



3.- Ao-Tea-Roa      
(Tradicional)


4.- Roi Xordo        
(Bieito Romero)



5.- Os teus ollos       
(Tradicional)


Cando se pon a lúa tras dos penedos,
choran as estreliñas todas do ceo.

Tamén eu choro, tamén eu choro,
cando non me alumean eses teus ollos.

Buscan os pitos reises para faguer niño,
a herba santa que nace beira do rio.

Eu busco solo, eu busco solo,
unha mirada meiga deses teus ollos

 

6.- Ronsel       
(Bieito Romero)

 

7.- Pola Pomte de San Xoán      
(Tradicional)

Pola ponte de San Xoan
vintecinco cegos van,
pola ponte de San Xoan
vintecinco cegos van.

Cada cego coa sua moza
cada moza co seu can,
cada cego coa sua moza
cada moza co seu can.

Cada can co seu gato
cada gato co seu rato,
cada can co seu gato
cada gato co seu rato.

Cada rato coa sua espiga
cada espiga co seu grao
cada rato coa sua espiga
Cada espiga co seu grao.

8.- Pandeirada das Fiandeiras /
    muiñeira de Ramelle    
          
   
(Tradicional)

Alá arriba naquel monte unha fiadiña hai (bis)
Quen me dera ir a ela sin o saber miña nai (bis)

Ai lalalalala Ailalalalalalala (bis)

Esta noite hai unha fía e mañán unha espadela (bis)
Boteme o caldo mi madre que eu tamen quero ir a ela (bis)

Ai lalalalala Ailalalalalalala (bis)

Os mariñeiros no mare arman vela arman vela (bis)
Arman vela, arman vela i eu tamen a vou armar(e) (bis)

Ai lalalalala Ailalalalalalala (bis)

9.- Sol de Outono        
(Daniel Sisto)

 

10.- Cantiga de Falván        
(Tradicional)

Cando quero canto, canto
cando canto canto ben(e)
non se me pon no camiño
arrodeo de ninguen(e)

Ai Amor, arrodeo de ninguen(e).

Se en Galiza traballasen
os que arrumban o diñeiro
medraria pan na artesa
e millo no cabaceiro

Ai Amor, e millo no cabaceiro.

A vida que leva o probe
e como a vida de un grilo
polo dia moita fame
pola noite moito frio

Ai Amor, pola noite moito frio.

Esta noite ha de chover
que leva cercado a lua
para uns e sinal de fame
para outros de chea e fartura

Ai Amor, para outros de chea e fartura.

Voa unha vella cantiga
entre as uces de falvan(e)
que me rouba o sentimento
e me traba como un can(e).

Ai Amor, e me traba como un can(e).

11.- Romance de Bernaldino e Sabeliña        
(Tradicional)

Polo mundo me vou, madre,
polo mundo a camiñar(e)
en busca de Bernaldino
que no o podo atopar(e).

E se foi de terra en terra
e de lugar en lugar(e)
topou unha lavandeira
lavando nun areale.

-De Bernaldino señora
Que novas me pode dar(e)?
-Bernaldino, é da reina
o paxeciño galan(e).

Ao decir estas palabras
Bernaldino a porta sae

-Quen te trouxo aquí Sabela,
Quen te trouxo a este lugar(e)?

-Teus amores Bernaldino,
por aquí me fan andar(e).
colleronse polo brazo,
Puxeronse a pasear(e).

En canto os vira a raiña
aos dous mandara matar(e)
a ella enterrana no coro,
enterrano no altar(e).

Dela naceu unha fonte,
E del un verde olivar(e);
Tanto crecen un e outro
Que aos ceos foron chegar

Cando os ventos sopran mainos
os dous se queren falar(e)
Cando os ventos sopran recios
os dous se queren bicar(e)

12.- Galaecia       
(Bieito Romero)

 

 



1997 Warner Music Spain S.A



Luar Na Lubre

O son do ar
Beira Atlántica
Ara Solis
Plenilunio
Cabo do Mundo
XV Aniversario
Espiral
Hai un paraíso
Saudade
Camiños da Fin da Terra
Ao Vivo
Solsticio
Mar Maior



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Luar Na Lubre

* Homenaxe a Ricardo Portela
* Luar Na Lubre en Compostela
* Presentación de 'De aquí para alá' de Lydia Botana nas Illas Canarias
* Luar Na Lubre en Zamora
* Luar Na Lubre en Medina del Campo

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista





Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

info@ghastaspista.com




< =Ara Solis
( Luar Na Lubre )
Cabo do Mundo
( Luar Na Lubre )
= >


Voltar á páxina principal