Páxina anterior

QUEMPALLOU
www.quempallou.com

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

12 comentarios deste disco.....

 



 

1. Ruadiña-PaXota

2. A Rabuda

3. Quempallou

4. Paulino N'Asturies

5. Moreniña

6. Polca da Fonsagrada

7. Muiñeira do Incio

8. Tango-O Farovello

9. Historia do Cebreiro-
Muiñeira de Forcarei

10. Rumbas con Arrós!!

Xoán Manuel Novas (Mui):
gaitas en Do, Sol e Re.

Guillerme Ignacio:
gaita en do, requinta, pito,
frauta de bico contralto e voz.

Roi Maceda:
Acordeón, coros.

Álex Torresquesana:
bouzouki, piano.

Guillermo M. Lamosa:
guitarras acústica e española.

Xosé Maceda:
bombo, coros.

Bernardo Pena (Berni):
tamboril, tarrañolas, platos, coros.

Anxo Novas:
pandeireta, pandeiro, cunchas,
culleres, tarrañolas, coros.

Anxo Graña: zanfona, coros, saxo
tenor e charles no bis
.
Javier "O Arxentino": voz no Tango.
Eloy Porto Vázquez: trompeta no bis.

 

 


    1. Ruadiña - Paxota   
(Tradicional - X. Manuel Novas)

-"Maruxiña ponte tesa
Que te veñen a pedir"
-"Eu ben tesiña me poño,
Pero non os vexo vir".

Ai ruada, ruadiña
Vinde nenos e nenas
Á foliadiña.


Maruxiña vai na fonte,
Moito tarda que non vén;
Ou rompeu a cantariña
Ou moitos amores ten.

Ai ruada, ruadiña
Vinde nenos e nenas
Á foliadiña.


    2. A Rabuda
(Música:Guillerme Ignacio
Letra:Guillerme Ignacio/
Guillerme Lamosa / Trad.)

Vimos trae-las historias
da montaña e máis do mar,
achegaivos meus amigos
que xa é tempo de troular

Nunca fun a foliadiña
que viñera sen beillar
e nunca vin está-los mozos
coma parvos a mirar
Ai lilelo...

O río cando vai cheio
leva toxos e fieitos,
tamén podía levar
todos caciques a eito

Disque hai quen anda dicindo
que o galego lle dá noxo;
nós non somos reparados,
nós turramos polo noso
Ai lilelo...

Adeus que me vou do mundo
sen flores e sen campás,
por fidalgo, por cacique,
por xogar coas aldeás
Ai lilelo....

*Coplas 1ª, 3ª e 4ª de Guillerme Ignacio Costa;
2ª tradicional, e despedida de Guillermo Lamosa.




    3. Quempallou    
(Anxo Graña)


    4. Paulino n'Asturies   
(Tradicionais galego e asturiano)

    5. Moreniña    
(Guillerme Ignacio.
Letra: Guillerme Ignacio / Tradicional)

Moreniña por morena
téñoche o ollo botado,
ou ti has de se-la miña
ou non hei de ser amado.

Ou pasa-lo río ou non o pasar,
ou molla-lo pé ou non o mollar
...

Se ti me queres a min
como te eu quero meu ben,
heite ver mañán á noite
no lugar da Vilalén.

Aí che vai meu corazón
fechadiño cunha chave,
ábreo e métete dentro
que ti é-la única que cabe.

Ou pasa-lo río ou non o pasar,
ou molla-lo pé ou non o mollar

...


Meu amor foise pra lonxe
camiño de Compostela,
o seu corazón quedouse
e o meu marchou con ela.

Heiche da-la despedida
miña rula se me deixas,
heiche da-la despedida
cun ramiño de cereixas.

Ou pasa-lo río ou non o pasar,
ou molla-lo pé ou non o mollar
...

Letra tradicional adaptada por
Guillerme Ignacio Costa, agás
coplas 3 e 4, do autor.


    6. Polca da Fonsagrada   
(Tradicional)

 


    7. Muiñeira do Incio   
(Xosé Maceda e Roi Maceda)

 

    8. Tango /    
                        O Farrovello   
(Descoñecido /
                        Anxo Graña)

 

    9. Historia do Cebreiro -
Muiñeira de Forcarei
(Tradicionais)

Oigan señores a historia
Nas montañas do Cebreiro
Dunha rapaciña nova
Que casou con un gaiteiro.

A el chamábanlle Cristobo
Pero un día vendeu a gaita
E a rapaciña choraba
Seica lle facía falta.

-"Ai non chores máis, muller
Porque che vendín a gaita
Vendina porque era vella
E estaba toda estragada"

-"Pois boa cousa fixeches,
¿seica te tentou o demo?
Vaite durmir ó palleiro,
Que eu sen gaita non te quero"

E ó outro día o Cristobo
Vindo de volta para a casa,
Saíulle a muller ó camiño
Por ver se traía a gaita

E así que lle viu a nova,
Botoulle as maos ó punteiro,
E dixo moi contenta ela:
-"Tiruliru meu gaiteiro"

"Esta si que che é ben feita,
Pois parece unha monada,
Vaia punteiro máis fino,
Que cousa máis axustada"

-"Pois esta noite, muller,
habémola tocar un pouco
bailarémo-la jotiña,
se o permite o santo Antonio"

E é que pouco máis
Ten unha ca outra;
Pero o que vale,
É TER GAITA!.

 


10. Rumbas con Arrós!!   
(Tradicionais)

Bis. Quen teña viño    
(Tradicional)

 

 


CONTACTOS:

Quempallou
Aptdo. de Correos 80. 36930 Bueu
(Pontevedra) Galiza

Tf. 986322307 (Guillerme)
639754236 (Roi)

E-mail: quempallou@hotmail.com

 


Quempallou

Maqueta
Disco, Gañadores do II Certame Folk Radio Obradoiro
Estremonías
Polo Aire!!



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Quempallou

* Corme Folki 2017
* Quempallou en Begonte (Lugo)
* I Festival de Normalización Lingüistica en Portonovo.
* XVIII Esmorga Folk (A Bandeira. Silleda)
* Día da Gaita e Romería de A Xira de Santa Cruz (Ribadeo)

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista




< =Maqueta
( Quempallou )
Estremonías
( Quempallou )
= >


Voltar á páxina principal