Páxina anterior

 

A r d e n t í a :

R E T E L L A N D O

 

 


www.ardentiafolk.com

 

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

17 comentarios deste disco.....

 

 

 

 

 

 


 

 

 

Retellando

Os contos, as músicas, as cantigas e en definitiva toda a cultura oral non e mais (nin menos) que pequenos anacos da ialma dos nosos devanceiros.
Este patrimonio intanxible creado nos tempos da suevia foi creendo e cambiando ó traverso dos anos, enriquezendo o fume das lareiras e quentando os fríos das romeirias. nesta cadea temporal de eslabóns imaxinarios Ardentía mistura gaitas, zanfonas, acordeóns e voces nunha xénese de melodías.
Deste alumeamento nacen quince fillos e a comadroa é a memoria.

 

 

 

 

Roberto C. Cendón do Nascimento
(Gaita e Clarinete)

 

Salvador Pérez Betanzos
(Gaita e Pandeireta)

 

Antonio Suárez
(Pandeireta, Bombo e Ferriños)

 

José Cristóbal Pascual Pérez (Tambor, Zanfona e Culleres)

 

Luis Prego Fernandez
(Acordeón, Gaita e Pandeira)

 

Miguel A. Gonzalez
(G
aita, Requinta e Bombo)

 

 

 
     

Colaboracións

 
 
 

 

 

Marcos Campos:


Gaita Midi (gaita irlandesa) no tema "Domingo Ferreño en as Neves"

 

 

Julio Vázquez:


Saxo no tema "Pasodobre do Marzo"

 

 

Jose Liz:


Bouzouki nos temas "Pigarzos", "Domingo Ferreño en As Neves", "Moscoso" e "No corral de San Roque"

 

 

Mercedes Arribe:


Voz no tema "Moscoso" e "Rumba de Barciademera"

 

 

Maria Prego, Beatriz Vázquez e Rosa Hermida no tema "Rumba de Barciademera"

 

 

 
     

Contactos:

 
 
 

R / Coutadas - San Pablo
nº101 Baixo
Teis 36207 Vigo
Pontevedra.

Tfnos:
986483388
986492048
627456886

 

© Edicións do Cumio
Travesía de Vigo, 156
36206-VIGO
Tel: 986266272
Fax: 986250767
ed.cumio@interbook.net
www.cumio.com


 

 

 

 

 


1.- Pigarzos     
Tradicional

Esta vai que rechispea (bis)
Viva o lugar de Pigarzos
E mais quen nel se pasea.

Debajo de tu barca
Dormido me quedé,
Tube un sueño contigo
Resalada, y olé.

Axúdame compañeira
Compañiriña leale,
Axúdame compañeira,
Non me deixes quedar male.

Debajo de tu barca...

Este pandeiro que toco
Non é meu que é de María,
Que llo pedín emprestado
Para ir á romería.

Debajo de tu barca...

Se tivera unha laranxa
Contigo a compartía,
Pero como non a teño
Vou a da-la despedida.

Debajo de tu barca...
Ai lala lalalala...


2.- Pasodoble do Mazo     
Tradicional


3.- Moscoso     
Autor: Luís Prego. Arranxos: Ardentía.

D'aquí do alto do cacho
Hei de dar un asubío,
Hei de dar un asubío,
Inda son quen era onte,
Inda non perdín o brío

Hei de plantar un piñeiro
No alto do teu tellado,
No alto do teu tellado,
Cando o piñeiro de piñas
hei de andar ó teu mandado.

Loureiro, verde loureiro,
Mala rama che secara,
Mala rama che secara,
Inda non tomei amores
Xa me traen amarmurada.

Hei de ir ó río Miño
Busca-la iauga serena,
Para me lavar con ela,
Que me din que son morena.


4.- Vals para Xulio   
Tradicional


5.- Portuguesiña     
Tradicional

Portuguesiña,
Miña, miña pequeniña,
A mais bonita que naceu no portugal
Ten uns olliños que parecen dous luceiros
E unha boca que parece de coral.

Porque el amor
Es como el fuego,
Que cuando prende
Ya no hay remedio

¿a dónde vas portuguesiña?
¿a dónde vas tan tempraniño?
Mira que hai moitos truanes
E corres de grandes peligros.

Porque el amor...

Levántate portuguesiña
Que son las dos de la mañana
Levántate portuguesiña,
Que ya han tocado diana.

Porque el amor...

 


6.- Baitucada     
Tradicional


7.- Baila arrebolos     

Dúas muiñeiras: "Muiñeira de Ardentía" (Ardentía), "Baila Rapaza" (Tradicional)


8.- Domingo Ferreño en As Neves     
Dous pasacorredoiras, o primeiro aprendido de Ramón González Bernal de Bos Aires e o segundo composto por Luis Prego e chamado Pasacorredoiras de As Neves.


9.- Xota de Laxoso     
Tradicional

Ai que noite de luniña
Ai que noite de luare
Ai que noite de luniña
Para eu contigo estare,
Vámonos nena, vámonos xa.

Vamos ve-la herba verde
Que o teu moreno cortou;
se verde estaba, verde quedou.

O cura e mai-la criada
Ordenaron de cocere
Tiñan a leña no monte
A fariña sen moere,
Vámonos nena, vámonos xa.

Vamos ve-la herba verde..

Eu querer, quéroche ben,
Teñoche admiración,
Solo me falta sabere
Se ti me queres ou non,
Vámonos nena, vámonos xa.

Vamos ve-la herba verde..

Vou a da-la despedida
Por riba dunha peseta,
Aghora non canto maise
Que teño a gharghanta seca,
Vámonos nena, vámonos xa.

Vamos ve-la herva verde


10.- Rumba de Emilio     
Tradicional


11.- A6    

Autor: Luis Prego. Arranxos:Ardentía

12.- No Curral de San Roque     
Autor: Nazario Iglesias "Moxenas"


13.- Ireite ver     
Tradicional

Maruxa ten boas pernas
Que llas vin no corredor,
Non vin pernas coma elas
Na filla dun labrador.

Ai, Maruxiña!
Do meu querere
Si estas doente,
Ireite ver,
Ireite vere.

Maruxa ten sete saias
Todas elas lle estan benhe,
Debaixo das sete saias
Leva a máquina do trenhe.

Ai, Maruxiña!...

-Maruxiña dame un bico
Que ch'ei de dar un pataco.
-non quero bicos dos homes
Que me cheiran ó tabaco.

Ai, Maruxiña!...

Ábreme a porta Maruxa,
Se non, entro polas tellas;
Teño un neno comezado,
Só me faltan as orellas.

Ai, Maruxiña!...

 

14.- Rumba de Barciademera     
Tradicional

O loureiro bate bate
Eu ben o sinto batere
Coa folla no tellado
Pro meu amor entendere
Ai lala ailalalalalalala
Ai la la ai lalalalalalala
Ai lala

Axudádeme a cantare
Mociñas da miña aldea
Axudademe a cantare
Que estou en terra allea
Ai lala...

Barciademera caiue
Redondo xa está no chanhe
Aldeiña de seixedos
Esta non cae que ten manhe
Ai lala..

O pandeiro toca benhe
As ferriñas danlle o sonhe
As mociñas que o tocan
De Barciademera sonhe
Ai lala...

A porta do San Amaro
Hai dúas pedras de asento
Unha é pra namorare
E outra pra perder o tempo
Ai lala...

Vou a da-la despedida
Despedida dunha rosa
Como me vou despedire
Dunha cara tan fermosa
Ai lala...

15.- No faro do Montedor     
Cantiga popular portuguesa

Oh faro de Montedor, oai, oai,
Oh faro de Montedor,
Alumea ca pra baixo, oai, oai,
Alumea ca pra baixo, oai, oai.

Que eu perdín o meu amor, oai, oai,
Que eu perdín o meu amor,
E as escuras não o hacho, oai, oai,
E as escuras não o hacho, oai, oai.

Será que o mataron a el, oai, oai,
Será que el matou alguén,
O meu amor que não ven, oai, oai,
O meu amor que não ven, oai, oai.


?
    

 




Ardentía

Ardentía
Retellando
Quince Anos de Viaxe



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Ardentía

* III Festifolc Atlántida en Matamá (Vigo)
* Concerto acústico Barroso & Penabad na Cova dos Trasnos (As Pontes)
* Almuiña Folk (Cela-Bueu)
* Malvela, Milladoiro e Ardentía nas festas do Viño do Condado (Salvaterra)
* XV Festival folk de Fornelos de Montes

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista




< =Ardentía
( Ardentía )
Quince Anos de Viaxe
( Ardentía )
= >


Voltar á páxina principal