|
1.- non 
alonso barreiro
letra: c.e. ferreiro
arr. roi xordo
Si dixese que sí,
que todo está moi ben,
que o mundo está moi bon,
que cada quen é quen...
Conformidá,
Ademiración ...
Calar, calar, calar,
e moita precaución.
Si dixese que acaso
as cousas son esí,
porque sí,
velei,
e non lle demos voltas.
Si dixese que sí,
pero non.
2.- sete horas 
g.rubén pérez
arr. roi xordo
3.- edoi lelia doura 
marcos fraga
letra: p. eanes solas
arr. roi xordo
Eu velida nom dormia
lelia doura,
e meu amigo venia
edoi lelia doura!
Non durmia e cuidava
lelia doura
e meu amigo chegava
edoi lelia doura!
O meu amigo venia
lelia doura,
e d'amor também dizia
edoi lelia doura!
O meu amigo chegava
lelia doura
e d'amor tambem cantaba
edoi lelia doura!
4.- pándega
alonso barreiro
arr. roi xordo
5.- 48-12 
marcos fraga
letra: roi xordo
arr. roi xordo
Quédome pensando
como podo facer para
deixar de quererte
lévote comigo e ti
esquecícheste de min
Ti nos teus soños
e eu
sigo esperta cavilando
nos sentimentos,
lonxe estás, aínda así,
non podo fuxir de ti.
Mariñeiro, xa
non
guiarás máis o meu
barco na terra adentro,
non podo, non quero,
isto xa topou seu fin.
6.- 1431
alonso barreiro
arr. roi xordo
7.- terra adentro
marcos fraga
arr. roi xordo
8.- bágoas de lúa
elena fraga
letra: elena fraga
arr. roi xordo
Prantos de muller, un lamento
sen querer,
que se escoita en todo o ceo ó amencer,
lúa solitaria, dime, ¿quen te namorou?
¿Por qué choras dese xeito día sí
e día non?
Foi o sol quen
me roubou o corazón,
quen me dixo: lúa branca veño a darche o meu amor,
despois marchou, e aquí soa me deixou,
dende aquela choro e choro día sí e día
non.
Contan as estrelas,
que xa hai tempo que pasou,
cando aínda eran rapaces e vivían xuntos os dous,
sen avisar o sol radiante, un día de alí marchou
deixando un perdón escrito para o seu gran amor.
Nunca soubo
a lúa a razón que tiña o sol,
para deixala alí soíña sen a luz do seu
amor,
dende aquela a lúa branca cando ve chegar ó sol,
co sentimento derrotado marcha cara o seu rincón.
Foi o sol quen
lle roubou o corazón,
quen lle dixo lúa branca veño darche o meu amor,
despois marchou e alí soíña quedou,
dende aquela a lúa chora día sí e día
non.
|