|
1. Rei deserto
Letra e música: Seso Durán
Deixa que eu me achegue
Ata o ceo dos teus pés
deixa que eu xa non podo máis,
Déixame, déixame
Rei do subir,
Rei do baixar,
Rei que fas o deserto
Con cada paso que das.
Deixa que eu me alimente
Das fazañas de ninguén.
Deixa que os teus heroes
Morran pola túa fe.
Rei do ruxir
Rei do calar.
Rei que fas o deserto
Con cada paso que das
Queima o seu país
Baixo o sol da eternidade.
Non sabe que fai
O Rei Deserto,
O principe da paz.
.
2. Un sorriso mundial 
Alberto Lago, Seso Durán
3. Antes 
Letra de música: Seso Durán
Antes de que nacera o firmamento
De que chegaran os invernos,
A chuva fresca e a mañán.
Antes de que chegara o teu cantar
Eu xa sabía que, de certo,
O paraíso eran Teus Beizos
E o meu inferno Teu Marchar.
Antes de existiren os romances,
As memorias dos espidos
E os navíos polo mar
Antes de que xurdiran os imperios
De terra, mar, bandeira e ceo,
O paraíso eran Teus Beizos
E o meu inferno Teu Marchar
Dime ti,
Se hai cousa máis linda que ser
Da túa cama revolta
E non ser
Tan só un sentimento
Que voa e voa e voa
Nun aire de turbia memoria.
Antes de soaren as alarmas
E tódolos incendios
Prendesen nun momento, nun lugar.
Antes de acordar para soñar
Eu xa sabía que, de certo,
O paraíso eran Teus Beizos
E o meu inferno Teu Marchar
Dime ti,
Se hai cousa máis linda que ser
Da túa cama revolta
E non ser
Tan só un sentimento
Que voa e voa e voa
Nun aire de turbia memoria.
Mais non é
Nin sombra do que pode ser,
Abrazado de frío,
Collido da man dun suspiro.
Dime tí...
Dime ti...
4.- Baroña
Alberto Lago .
5.- Curandeiro de Sombras 
Letra: Seso Durán
Música: Seso Durán / Alberto Lago
Vén, curandeiro de sombras,
Na hora sen sombra
Vénme curar.
Sabes que eu desespero
de mediodía e xamáis.
Lonxe deste momento
Vento de sol vaime levar
Abaixo, á profundidade,
Na que máis nunca lembrar.
Fica comigo que eu non sei
Moi ben cal é o meu mal.
Acorda comigo
E xa máis nunca se vai.
O curandeiro de sombras
Ha de traer un pouco de paz.
Tesouros sen segredos
Para que eu os poida mirar.
Logo, na inmensidade
Dalgún momento vou descansar
Acougos atrasados
Que xa non van agardar.
Fica comigo que eu non sei
Moi ben cal é o meu mal.
Acorda comigo
E xa máis nunca se vai.
Xa non me importa o que custe,
Non teño a quen acudir
Éche unha pena que á volta dos anos
Teña que ser así.
.
6. Street bella
Alberto Lago
7. Ruído Branco
Letra e música: Seso Durán
Fun de gris, fun de auga e ó fin
vin o ceo fuxir cara as sombras e ti
Desde abaixo peiteabas a serpe de cores
Con cores distintos ós meus.
Fun o fin, o principio e así
Vin a terra durmir, vin as nubes fluír.
Ruído branco estralando sobre
A cidade de sol inmóbil.
Primeiras palabras, a xente que cala,
Tan só nun momento desfíos de nada.
Riso que é berro. Falso por certo.
Dementos que pasan e pasan e pasan.
Non teño preguntas, non quero respostas.
Algo por ser, algo por vir.
Voleando no baile do vento
Devezo, mareo, sentir, fluír
Mais tarde esa dor
No peito é sempre.
Máis tarde, iso é:
Me fai chorar.
No fondo desa dor
Hai un misterio profundo
Que xamáis eu vou contar.
8. Cousas da vida pequena
Letra: Seso Diurán
Música: S. Durán / Alberto Lago
/ Suso Iglesias
Cantan os trasnos na carballeira,
Cantan os presos na pedra,
Cantan os bardos da miña terra
Cousas da vida pequena.
Cantarei eu á túa beira,
Xuntos na fonte pequena:
Hai máis beleza no teu ollar
Que en todo o mar dos poetas.
Cantan os reises descoroados
Misas por tódolos santos.
Cantan os bardos da miña terra
Cousas da vida pequena.
Cantan os trasnos...
9. Ela
Letra: Seso Durán
Música: Seso Durán / Montse Ogando
Ela ten un vestido de lume
Que lle deixou unha fada
E máis que na felicidade,
Ela sinte os camiños da alma.
Ela tantas veces foi
O mellor deste mundo...
Cando falan do amor,
Todo se esvae nun segundo.
Ela ten unha maleta
Onde garda as palabras
Que os mozos lle dixeron
Nunha fala inventada.
Ela tantas veces foi
O mellor deste mundo...
Cando falan do amor
Todo se esvae nun segundo.
Nas noites máis duras do inverno,
Sabémolo ben,
Ela e máis eu,
Que hai estrelas que alumean
Unha escea diferente.
Ela ten o cabelo tecido
Polas cores do día,
A ilusión agachada nun cuarto
Que aínda ás veces visita.
Ela foi un día quen
De rompe-las barreiras,
De sentir, saber e ser
E sempre din que quen tivo retén.
Ela ten un destiño
Que entre soños se foi construíndo
Dunha cor de papel de canción...
Nas noites máis duras do inverno,
Sabémolo ben,
Ela e máis eu,
Que hai estrelas que alumean
Unha escea diferente
10. Trovante
Alberto Lago
11. Salvar Galiza
Letra e música: Seso Durán
Cando dixeches que era certo,
Que a esperanza non é porvir
Logo bateches aquela porta
E todo o meu mundo bateu por ti...
Fun polas rúas cos abandonados.
Reverberando por aí
A un pasiño de non quererte
E agora morro por tí.
Nunca quixen salvar Galiza,
Nunca quixen saír de aquí.
Soio espero a que un día voltes
Desenvolvendo o que fas e dis.
Almas perdidas indo para a festa
Suplicando compaixón
Cánta ironía na libertade,
Faiche ser escravo ou bufón
Cando o futuro é un misterio
E un xa non pode voltar atrás,
Non teñas medo de que che cante,
Non é por mal.
Eu fago a conta das soidades
E sáeme a túa de máis,
Baixen compadres do cemiterio,
Imos beber, imos bailar.
12. Agardando 
Letra: Alberto Lago / Seso Durán
Música: Alberto Lago
Se estás agardando a que chegue o frío,
Se estás agardando a que neve chegue....
Se aínda cres que sentes
Se eres fiel e mentes,
Se vai ben e penso
Que xa me perdiches.
Se é que non e segues,
E non soio ás veces.
Se non son tristuras
O que ti mereces.
13. Pasan os días 
Letra: Seso Durán
Música: Seso durán / Benito Sánchez
Pasan os días,
Sen te sentir, síntote máis,
Máis de vagar.
Soño de día,
Sóñoche a ti
e non sei por qué,
quero gritar.
As túas palabras:
Cable de mel,
Pan de papel,
A miña paz.
Non, eu non fuxiría
Da túa lei.
Eu fico aquí,
Sempre a esperar.
Pasan os días,
Sen te sentir, síntome máis,
Máis de vagar .
Non, eu non fuxiría
Da túa lei.
Eu fico aquí,
Sempre a esperar.
Pasan os días,
Sen te sentir, síntome máis,
Máis de vagar .
Soño de día,
Sóñoche a ti
e non sei por qué,
quero gritar.
As túas palabras:
Cable de mel,
Pan de papel,
A miña paz.
Máis.. quén sería quen un día...
De acumular cando si estás e respirar...
Pasan os días. Pasan os días
14. Mar de Cores 
Alberto Lago
|