Páxina anterior

SARAIBAS "CANTAMOS PARA PODER VOAR"

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

2 comentarios deste disco .....
 
   
 
 
 
 
Amparo Calvo
Voz
 
 

 
 
 
Mª dos Anxos Barro
Voz 
 
 
 
 
Avelino Cinza
Voz e frautas
 
 

 
 
 
Miguel Sanjurjo
Voz 
 
 
 
 
 Juanjo Porta
Voz e guitarras
 
 

 
 
Vicente Bermúdez
Gaita e frautas
 
 
 
 
 
Martín Sanjurjo
Voz, guitarras e mandolina
 

 
 
 
 COLABORACIÓNS
 
Jesús Iglesias Vicente: 
Acordeón
 
Pancho Álvarez:
Bouzouki e violín
 
Carlos Castro:
Percusión
 
Paco Dicenta:
Baixo
 
1.- Namorados
 
2.- O moer da muiñeira
 
3.- A "Xunta" da culata
 
4.- Andoriñas
 
5.- Camiño longo
 
6.- Non preciso máis
 
7.- Tóxicos
 
8.- Vivencias
 
9.- Teoría da arbre
 
10.- O dedo sen uña
 
11.- Ameliña, Amelia
 
12.- Pantalón remontado
 
13.- Nai Galicia
 
 
 
 

1.- Namorados     
Letra: popular 
Música: popular - Juanjo porte e Vicente Bermúdez 
 

O soliño cando nace
á túa porta vai dar
non é milagre que eu te busque
cando o sol te vai buscar.
 
Favores que me fixeches
na cara mos vas votando
favores non dan amores
libre quedo en chos pagando.
 
Favores non dan amores
libre quedo en chos pagando.
 
Se ti me quixeras moito,
xa me viñas a buscar
como a auga  busca o río
como o río busca o mar
como o río busca o mar
ai la la la la, ai la la la la
 
Non hai amor verdadeiro,
coma o amor dos paxariños
eles non teñen diñeiro,
e que ben fan o seu niño
e que ben fan o seu niño
ai la la la la, ai la la la la
 
Se ti me quixeras moito,
xa me viñas a buscar...
 
 
 
2.- O Moer da muiñeira  
Letra: Popular 
Música: Martín Sanjurjo Sixto 
 
E a muiñeira moe, moe,
e a muiñeira moerá.
E a muiñeira embarca, embarca
e a muiñeira embarcará.
 
Aquela vella de Riba de Meira
de día moe, e de noite peneira,
porque era uso daquela terra
i o peneireiro decoté sin vela.
 
Minguilitín matou á muller
fíxona en cachos e foina vender
todos pensaban que era touciño
era a muller de Minguilitiño.
 
E a muiñeira moe, moe,...
 
Margaritiña remenda o refaixo
lévalo roto por riba e por baixo
lévalo roto por baixo e por riba
Margaritiña remenda a mantilla.
 
E a muiñeira moe, moe,...
 
Acolá enriba, naquela peneda,
ándache un galo, i unha pita cega
o galo canta, a pita berra
iste é o demo que anda na terra.
 
Acolá enriba, no monte da iacha
estaba unha vella rascando a ferracha
i acolá embaixo no río do allo
quedaba un vello movendo o ferrallo.
 
E a muiñeira, moe, moe,...
 
 
 
 

3.- A Xunta da Culata    
Letra: Miguel A. Sanjurjo Sixto 
Música: Martín Sanjurjo Sixto 
 

Tiruliruliru miña gaita
tiruliruliru que che falta
te-lo vio na bodega
e o pan de trigo na arca.
 
Nosa terra é coma un coche,
estanos dando moita lata
hai que cambiarlle a xunta,
¡ai! a xunta da culata.
Ten a dirección moi torta,
e non atopa o camiño
foi mercado nun desguace,
por encargo dos veciños.
 
Tiruliruliru...
 
Cando o poñemos a andar,
agarrótanselle os freos
que tamén foron mercados
no desguace madrileño,
as buxías non dan chispa
e quedámonos parados,
isto cheirame ó chamusco
coma o dos montes queimados.
 
Tiruliruliru...
 
Deste coche que non anda
e tanto da que falar
xa que fómo-los galegos
quen o quixemos mercar
ten as rodas moi lampiñas
e patínalle o embrague
este non parece o coche
de vascos e cataláns.
 
Tiruliruliru...
 
E se falamos do cambio
a pesar da garantía
non hai marcha que lle entre
nin de noite nin de día
por enriba da ferruxe
soamente ten fachenda,
que o falar non ten cancelas,
quen queira entender que entenda.
 
Tiruliruliru...
 
Foron cinco mil gaiteiros
ben repletos de empanada
para festexa-la compra
deste coche que non anda
haiche pouquiña memoria
da historia do país
antes non eran gaitteiros,
eran gardas color gris.
 
   
Andoriñas viaxeiras
levadoras de saudades
agarimo dos ausentes
se poidérades falare.
 
Lonxe de min, vai o meu amor
faime compaña a soidade
como esa auga que bica a flor
e agarda o sol que virá de mañán.
 
Camdo paséde-lo mare
e escoitéde-la serea
collede coas ás o canto
que xa ven a primavera.
 
Lonxe de min, vai o meu amor
faime compaña a soidade
como esa auga que bica a flor
e agarda o sol que virá de mañán.
Camiño, camiño longo
o que ten o meu país   (bis)
e aquí, mande quen mande
sempre manda para sí   (bis)
 
Para chegar ó poder,
polo si ou polo non,
nunca díga-la verdade
se estás na televisión.
 
O país vai ben ou mal
que dixera Calderón
según o xornal que leas,
según qué televisión.
 
Camiño, camiño longo...
 
 Conselleiros e ministros
deputados de "ocasión"
patriotas polos cartos,
todos na televisión.
 
Gobernar para os demais,
ten moi fácil solución
subenciona-lo teu soldo
e máis a televisión.
 
Camiño, camiño longo...
 
Teño a túa voz, e o teu camiñar
o sorriso aquel, de luz musical
teño o teu amor, non preciso máis.
 
Ninguén un poema, puido acariciar
poemas na noite son as túas mans
teño o teu amor, non preciso máis.
 
O teu corpo foi ó mar
do verán que nos amou
coa promesa do querer
veu o teu amor.
 
Bicos de cor, das flores do San Xoán
veu a túa luz, camiñando nun cantar
teño o teu amor, non preciso máis.
 
O teu espertar, para min
é como sair ó sol,
non preciso nada máis
teño o teu amor.
 
Teño a túa voz, e o teu camiñar
bicos de cor, das flores do San Xoán
teño o teu amor, non preciso máis.
Non preciso máis
Non preciso máis.
 
 
 
 

 

 
Non, non, non, non, non, non...
 
Adeus ríos, adeus fontes,
adeus regatos pequenos
todos van contaminados
polo tóxico veleno. (bis)
 
¿A quen beneficia, no país?
que en calquer recuncho, sen razón
poñan unha planta de contaminación
planta de residuos, tóxicos.
 
Non, non, non...
 
Postos de traballo, poucos son
a cambio de tanta, polución
son estercoleiros, compañeiro
que todo se merca, co diñeiro.
 
Ríos limpos fontes claras,
en Vilalba e en Lalín
menos mal que aínda lles quedan,
ós que vivan por alí (bis)
 
Hai quen argumenta, por aí
a mais poderosa das razóns
a de ser "Somozas", porque si
porque a alguén lle sae dos...
 
¿A quen beneficia, no pais?...
 
 
 
Non ten sentido, o cantar
que non reflexe vivencias
da terra do ceo ou mar
de amores ou de experiencias
pensando na terra canto
o que me fala a conciencia.
 
Cando de min, se fala ben
dou as graciñas e voume
non quero non, chegar a ser
o que son algúns homes
que pagan por escoitar
que se pronuncie o seu nome.
 
Non ten sentido, o cantar...
 
Non son ninguén entre os cantores
nin entre ilustres poetas
son do pobo, compañeiros
e dos que fan a historia a secas
e son para min as aldraxes
dos que polo pobo mexan.
 
Non ten sentido, o cantar...
 
Teño a vulgar expresión
daquela xente chamada inculta
esa é a miña condición
pero non sei se é miña a culpa
vai no fondo o sentimento
do pobo que nada oculta.
 
Non ten sentido, o cantar...
 
 
O berce foi antes arbre,
arbre berce do vento
arbre fillo da terra,
danos sombra i alimento.
 
Arbre, a porta da casa
Arbre, o estrado i o teito
Arbre, o carro i a mesa
Arbre, a chuvia no vento
Arbre, a porta da casa
Arbre, a chuvia no vento
Arbre, o carro i a mesa
Arbre, a fiestra e o asento.
 
Arbre, souto, barca,
no medio soio silencio
 
A nosa casa é un arbre,
arbre casa do vento
que pasa peleriñando,
con ledos paxaros dentro.
 
O mundo semella un arbre
prantado no firmamento
a vida parece un arbre,
no medio tan soio o vento.
 
Arbre, a porta da casa
Arbre, o estrado i o teito
Arbre, o carro i a mesa
Arbre, a chuvia no vento
Arbre, a porta da casa
Arbre, a  fiestra e o asento.
 
Arbre, souto, barca,
no medio solo silencio
 
 
 
Un domingho pola tarde
cosendo estaba Carmiña,
sentada na eira ó sol
cantando na maruxiña.
 
Cuando detrás dela olló
un rapaz que lle decía:
 
-Parece que estás contenta,
pois Deus nos dé alegría.
 
-Valgha to demo, Manolo,
que a fe me metiche medo
pois co susto que levei,
clavei a aghulla nun dedo.
 
-Pois non te asustes, Carmiña,
porque bien lo sabes tú,
que a mi lado non pereces,
como  Deus me dea salud.
 
-Quen se fía dos rapaces,
que sóde-lo quinto demo
mais pra enghaña-las rapazas,
pareceis santos do ceo.
 
-Pois las mozas se Deus quer,
tamén sodes zalameras,
que pra enghaña-los rapaces
hasta pintais las oreghas.
 
-Pois los mozos tamén sodes,
pelexís e calaveras,
co que ghanais non vos chegha,
para ghastar en borracheras.
 
-Tes unha lenghua, Carmiña,
que a fe cheghaba pra sete,
cuando borracho me viches,
pra deci-lo que dixeches.
 
-Vinte no mes de febreiro,
polo día de San Blas,
que me pediches un beso,
i alghuna cosita más.
 
-Eu non era de borracho,
nin de cousa parecida
era por querer probar,
a ver que tal leite tiñas.
 
-Pois boa pena levaches,
que te quedaches coas ghanas,
que eu non son desas rapazas
que se fían de palabras.
 
-Pois deixémonos de contos,
porque é pasa-lo tempo
se che parece Carmiña,
tratemos de casamento.
 
Aquela noite Manolo,
non durmeu máis que unha hora,
andivo amañando asuntos
que necesitan pra boda.
 
Avisaron ós parentes,
o cura, i o sacristán,
e o sábado seguinte,
casaron pola mañán.
 
E na mesma sacristía,
que estaba ben adornada
eles i os acompañantes,
alí tomaron a parva.
 
Despedíronse de todos,
e tamén do señor cura,
e marcharan pra estación,
de cabalo dunha burra.
 
Fóronnos acompañare,
o padriño e a madriña,
e ó despedirse Manolo,
estas palabras dicía:
 
-Non sei que diaño foi,
que levo un dedo sin uña,
de paso vouno bañar
á capital da Coruña.
 
Por fin chegaron aló,
co seu dedo tan inchado,
e ós tres baños que lle deu,
xa lle quedou descansado.
 
I aghora xa están na casa,
il e a pobre da Carmiña,
il xa ten o dedo sano,
i a ela inchoulle a barriga.
 
 
 
- Ameliña Amelia, non seas carota
ven e dame un beixo, desa túa boca (bis)
 
- Desta miña boca, non cho podo dare
ta meu pai alerta, pódeme raiare (bis)
 
-Ta teu pai alerta, anque raie, non é non
Ameliña Amelia, do meu corazón (bis)
 
- O meu corazón é como unha pedra dura
fai como a larangha, cuando está madura (bis)
 
Cuando está madura no seu verde madureiro
asi fan os mozos cando están solteiros (bis)
 
O que está solteiro fai a cama onde el quere
i o que non a fai, é que ten mullere (bis)
 
Ameliña Amelia, non seas carota
ven e dame un beixo, desa túa boca
ven e dame un beixo, desa túa boca.
 
 
 
 
Con pantalón remontado,
con pantalón remontado
se non vos parece mal,
tocarei o agarrado.
Ai la, la...
 
O mar che sirva de cama,
o ceo de covertore
a lúa de cabeceira,
para que durmas millore.
Ai la, la...
 
A do refaixo amarelo,
vai na popa do navío
téndeme conta con ela,
que non se caia no río.
Ai la, la...
 
Por ben que o loureiro medre,
o ceo non ha chegare
por ben amores que teña,
a ti non te hei de olvidare.
 
Os amores dalgún día,
eran un regalo ó velos
agora tanto me ten,
amalos coma perdelos.
 
Aquel bico que me deches,
antre os toxos daquel monte
pasa dun ano que foi,
e parece que foi onte.
Ai la, la...
 
Aquí vai a despedida,
aqui vai a derradeira
acabouse o chiculate
rompeu a chiculateira.
Ai la, la...
 
 
 
 
 
  Esta Saraiba é unha chuvia gozosa de xeo cantareiro que non estraga os acios e nos dará un viño feliz e ben acordado. 
Esta é unha Saraiba que repenica acompasada coas febras do noso espírito e que denuncia, fiel á nosa tradición musical concebida con semifusas retranqueiras, todo o que cómpre denunciar -que non é pouco- cando nos desfaen a querencia que queremos, nos atribúen outras paisaxes, e nos dotan dunha deficiente mecánica do automóbil autonómico que padece de xunta da culata fundida, e máis das veces de funda da chulata fodida. ¡Pobre daquel que exclame que os tempos pasados pertencen ao pasado!
  
  Esta Saraiba, vella e anovada, segue a facer matria co amor auténtico no que só as mentes preclaras saben expresarse: cantando, pois é ben sabido desde os nosos trobadores, xenios namorados do escarnio e bendicir, que non das cantigas, aínda que o semellen, son inxeis, e sobre todo, que non todos os inxeis posúen a virtude de cantar.
  
  Esta Saraiba, nova e vella, musicalizada con mestría, canta con intelixencia e dozura militante, para gozo dos nosos corazóns, a música interior co repenique cotián de xeo teimudo que a todos nos conmove, e consegue reforzar aínda máis o noso compromiso coa Terra que amamos. ¿Qué máis se lles pode pedir aos músicos?   
Alfonso Álvarez Cáccamo
 

www.vigonet.com/chorima
www.vieiros.com/ferrol/saraibas/saraibas.html





Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con

* VII Aña Urbana en Pontevedra
* Luar Na Lubre - Miranda de Ebro
* Repichoca na Esghalla (Vila de Cruces)
* Sonia Lebedynski en Rianxo
* O Sonoro Maxín en Ourense

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista




Na Flor dos Meus Anos
( Señora Carmen )
= >


Voltar á páxina principal