Páxina anterior

 

 

 

 

 

 

SETE SAIAS
 

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

15 comentarios deste disco.....
 

 

 

 

 


 

 

 

 

 


 

 


 


 

 

O dúo Sete Saias xurde no seo do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, concretamente na aula de arpa dirixida por Rodrigo Romaní. Marta Quintana e Clara Pino son a súas  compoñentes, dúas mulleres galegas que amosan no seu traballo a orixinalidade, a beleza e o contrapunto nas arpas e nas voces. A paixón pola música é común a ambas compoñentes de Sete Saias, algo que queda claro vendo o seu paso por diversos grupos e corais antes de ingresar no citado Conservatorio de Música Tradicional de Vigo.

 

Neste primer proxecto musical abarcan no só a música tradicional, que é a principal fonte de inspiración deste traballo, senón tamén a música de autor, contando con temas propios. Ademais, contan coa colaboración de grandes artistas como é o caso de Rodrigo Romaní (autor dalgúns dos temas e arranxos), Xosé Manuel Budiño, Xosé Lid y Fernando Abreu nun total de trece temas producidos xunto a Segundo Grandío. Así mesmo contan tamén coa participación do pintor portugués afincado en Vigo, Xavier Magalhaes, que elaborou a portada e contraportada do presente traballo, o que o fai ademais dunha obra musical unha obra pictórica.

 

Un gran disco que as descubre como un dos valores en alza do folk galego e con unha sensibilidade moi especial

 

 

 

 

Sete Saias son:

 

 


Marta Quintana,
Arpa e Voz.

 

 


Clara Pino,
Arpa e Voz .


 

 


MUSICOS

Violín:
Begoña Riobó

 

Violonchelo:
Alfonso Abel

 

Bouzouki, requintas, etc.:
Xosé Liz

 

Percusión:
Roi Adro

 

Clarinete:
Fernando Abreu

 



Programación en
Rompendo a Marea
:
Xosé Manuel Budiño

 

 

 

 

 


Gravado
por Segundo Grandío e Pablo Casal

 

 


Mesturado e masterizado por Segundo Grandío

 

 

 

Producido por Segundo Grandío e Sete Saias

 

 

 

Gravado, mesturado e masterizado nos estudios Casa de Tolos

 

 

 

 

 

 

 


1.- Alalá das Mariñas    
 
Tradicional

Arranxo arpas e voces:
Rodrigo Romaní e Sete Saias


Teño unha casiña branca,
Na mariña entre os loureiros.
Teño amores, teño barcas.
E estou vivindo no ceo.

Ai, le, le, lo...

Adeus á miña casiña,
Portelo do meu quinteiro
Auga da miña casiña
Sombra do meu laranxeiro

Ai, le, le, lo...


2. Bágoas de Azar     
Letra e música de Clara Pino, inspirada nunha canción tradicional irlandesa

Arranxo arpas:
Rodrigo Romaní e Clara Pino.
Arranxo voces:
Sete Saias

 

Dime, dime que ves
No espello de luar
No brillo sereno do ar?

Vexo a vida voar
Sen sentir as paixóns
Do meu, do meu amor.

Dime, dime que tes
No interior do teu mar,
No verde e lánguido ollar?

Teño bágoas de azar,
Teño sangue de sal,
Polo meu, polo meu amor.



3. Rompendo a Marea     
Rodrigo Romaní

Arranxo arpas e voces:
Rodrigo Romaní

 

Mirame dende a luz do teu ollar,
Mirame dende a sombra do solpor,
Fálame maino, que ao vida ao pasar
Morra e envexa por nós.

(Bis)

Cóntame contos vellos de alén mar,
De mañanciñas frescas na túa pel,
Cántame versos antigos de sal
Rimas dos elfos no Edén.

O teu cabelo nas ondas,
Vén a min, rompendo a marea
Asubiando mariñas
E vento suave
Aloumiño de terra

Vivo na cara e na cruz
Nun tempo de amor
Contemplando estrelas
Unha parte de mi aprende
O que outra parte de ti me deixa.

Armas disparan lonxe no mencer
Sons de acedos ecos a rancor
Bágoas que as pombas non poden beber
Fugas de opio e alcohol

(Bis)

Dime se aínda hai un espertar
No meu corpo teus dedos a vencer
Lévame a tempos que están por pasar
Enche os meus beizos de mel

(Bis)

O teu cabelo nas ondas,
Vén a min, rompendo a marea
Asubiando mariñas
E vento suave
Aloumiño de terra

Vivo na cara e na cruz
Nun tempo de amor
Contemplando estrelas
Unha parte de min aprende
O que outra parte de ti me deixa


4.- Maneo de ulla - Fandango de Redondela   
Tradicional

Arranxo arpas:
Rodrigo Romaní

 

5.- Menina das Sete Saias      
Tradicional

Arranxos:
Xosé Liz

Arranxo arpas:
Marta Quintana

Arranxo voces:
Sete Saias

 

Da miña ventana vexo
O fondo que ten o mar
Tamén vexo o meu amor
E non lle podo falar

Aparta loureiro verde
Deixa clarear a lúa
Se non vexo meu amor
Non vexo cousa ningunha

Ai ! a cinta de namorar
Ai ! a cinta namoradeira
Ai ! a cinta de namorar
Traiocha na faltriqueira

Sete bruxas se encontrarán
No luar das sete praias
Sete segredos que terán
Menina das sete saias

Aquí tes o meu corazón
Ai !, se o queres matar ben podes
Ai !, como estás ti aquí dentro
Ai !, se o matas tamén ti morres

Sete danzas se bailarán
Sete veces que desmaiarás
Sete lúas te ansiarán
Menina das sete saias

Heite de amar paxariño
Heite de amar gorrión
Heite de amar paxariño
De noite e de día non

Cantan os galos pro día
Erguete meu ben e vaite
Como me hei de ir queridiña
Como me hei de ir e deixarte

 

6. No Mar Ausente     
Marta Quintana

Arranxo arpas e voces:
Sete Saias

 

Teño o amor no mar ausente
Pero a min non me quere
Pero a min non me quere

Cando o mar novas del me trae
Mal de amores sospiro
Mal de amores sospiro

Se eu fora escuma branca
Xunto a el estaría
Xunto a el estaría

Namorada estou dun bo mozo
Pero a min non me quere
Mal de amores sospiro


7. Solaina     

Letra de Avilés de Taramancos e
música de Rodrigo Romaní

Arranxo arpas:
Rodrigo Romaní
Arranxo voces:
Sete Saias

 

Fíos de ouro no ar
Tece a dona o sol da eira
E vén a bris silandeira
Abaneando o seu van
Recende a pan o silencio
A sombra do laranxal
Desafía a dona cantigas de namorar
¡Ouh a ferida do vento!
Zouzou a campana o val
Co seu amor recén nado din, dan
Fíos de ouro recendo de pan din, dan
Canta a dona na solaina esperando ó seu galán

 


8. Polos teus Ollos    
 
Letra de Alvaro Cunqueiro e
música de Rodrigo Romaní

Arranxo arpas e voces:
Sete Saias

 

Polos teus ollos quen pasou amiga
Deixou unha ollada de amor perdida
Deixou de amor perdida unha ollada
Polos teus ollos quen pasou amada
Nos ollos teus, nos ollos teus.

Cinzas levas nos ollos amiga
Daquela ollada de amor perdida
Borrallo nos ollos levas amada
Que non mirache a quen te ollaba
Nos ollos teus, nos ollos teus.


9. Ramo Verde     
Tradiional

Arranxo arpas:
Rodrigo Romaní
Arranxo voces:

Sete Saias

 

Como queres que te queira
E que te teña afección
Se outro paxariño voa
Debaixo do teu balcón

Dime ramo verde
Dime onde vas
Que si vas de ruada
Quérote atopar

Ti no mare, eu tamén
Os dous andamos perdidos
Ti no mar dos meus amores
Eu no mar dos teus sentidos

Dime ramo verde

Dime onde vas
Que si vas de ruada
Quérote atopar

Non me tires con pedriñas nin con follas reviradas
Que se o ramo verde
Vés a percurar
O ramiño verde
Has de atopar

 

 

10. The Girl I Left Behind Me  Tradicional

Arranxo arpas:
Dewey Owens e Rodrigo Romaní


11. The Siglo Fancy     
Tradicional

Arranxo arpas:
Dewey Owens e Rodrigo Romaní



12. Fía Na Roca     
Tradiional

Arranxo arpas:
Rodrigo Romaní e Sete Saias
Arranxo voces:

Sete Saias

 

Críate vaite criando rosa branca do xardín
Críate vaite criando rosa branca do xardín
Críate vaite criando que te crías para min
Críate vaite criando que te crías para min
Nunha fiada de liño noutra fiada de lan
Nunha fiada de liño noutra fiada de lan
Unha noite me colleron e outra non me collerán
Unha noite me colleron e outra non me collerán
Fía fía fía na roca
Fía fía fai mazaroca
Fía fía fía na roca ai la ai lalala, ai la ai lalala, ai la ai lalala.
Fía fía fía na roca
Fía fía fai mazaroca
Fía fía fía na roca ai la ai lalala, ai la ai lalala, ai la ai lalala
Críate vaie criando rosa branca do xardín.

 

13. Rompendo a Marea     
Rodrigo Romaní

Arranxo arpas e voces:
Rodrigo Romaní

 


 

Contacto:
Jose Patiño
jpatino@pai-musica.com

986 389 191
666 683 199
www.pai-musica.com

 

 

 

 


Sete Saias

Sete Saias



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Sete Saias

* Clara Pino e Pablo Vidal presentan NOWHERE en Compostela
* Marta Quintana na Sala Ingrávida (Porriño)
* AS ARPAS DE BREOGAN Novo disco de Rodrigo Romaní­
* ST Música Presente 2012
* Ou dúo de música tradicional Sete Saias edita ou seu primeiro disco, de título homónimo

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista





Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

info@ghastaspista.com




< =Na Flor dos Meus Anos
( Señora Carmen )
Trastempo
( SonDeSeu )
= >


Voltar á páxina principal