Luar Na Lubre
SOLSTICIO

 

 

 

 

 

 

 


“Décimo Xunio Bruto, unha vez percorrida toda a costa do Océano como vencedor, alén dos Céltigos, Lusitanos, os pobos de toda Gallaecia, e tamén cruzado o río do Esquecemento, pánico dos seus soldados, non retirou os estandartes antes de descubrir, non sen certo medo e horror de sacrilexio, o sol caendo no mar e o lume xurdido da auga”.
L. Anneo Floro I, 33, 12

“Os montañeses, mentres beben, bailan en círculo ao son da frauta e da corneta e tamén saltando e axeonllándose”.
Strabon III, 3, 7

http://luarnalubre.com
Engade o teu comentario

 




 

 

solsticio

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MÚSICOS CONVIDADOS

 


Pat Kilbride
- Guitarra acústica en temas III e VIII
- voz en temas III e IV



Miro Casabella
- voz en tema VII



Xocas Meijide
- Clarinete e clarinete baixo en tema VIII



Diana Navarro
- voces en tema IX



Xulia Cea
- voz en tema X



Coro “Canta Compaña”
- voces en tema X



Miguel Queixas, Miguel Cabana e Rubén Montes
- tambores batá en tema X



Rubén Montes
- caixón en tema XII



Nani García
- teclados en temas IX, X e XV



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este C.D. foi gravado nos Estudos “BRUAR” da Coruña.

 


Bieito Romero e Xabier Ferreiro foron os produtores artísticos deste traballo coa imprescindibel colaboración de todos os membros do grupo.

 


As mesturas foron feitas nos Estudos “BRUAR” de A Coruña por Xabier.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Técnico de gravación e mesturas: Xabier Ferreiro

 


Técnicos asistentes: Nicolás Vieites e Bruno Area

 


Arte CD: Estefanía Domínguez Cagigao.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

Bieito Romero Xulio Varela Sara Vidal Xan Cerqueiro Xabier Ferreiro Eduardo Coma Patxi Bermúdez Pedro Valero


1.- O son das pedras (Cantigas de Santa María, Alfonso X)  
Suite en tres tempos artellada como banda sonora da grandeza da pedra, material nobre que perdura e resiste o paso dos anos en diferentes construcións realizadas polos mestres canteiros dende tempo inmemorial.

A suite está feita sobre tres cantigas de Santa María do Rei Alfonso X “O Sabio”, as número 119 “Como somos per consello”, 384 “Por muy gran fremosura” e 179 “Ben sab’a”.


2.- Camiño do Norte (Bieito Romero, Tradicional)  
A ledicia tamén nos define aos galegos como pobo, e un dos xeitos de
expresala é coa música, eis este “set” galaico. Unha danza inicial e final chamada “Armentón” e os Pasacorredoiras de Pontevedra e de Ponteareas cos nº 442 e 380 do cancioneiro musical de Galicia de Casto Sampedro y Folgar.


3.- Mia irmana fremosa - Muiñeira de Poio (Cantiga de Martin Códax, Cancioneiro de Casto Sampedro y Folgar)  
Esta é unha das 7 cantigas que chegaron ata nós do xoglar galego Martín Codax e que figuran no pergamiño Vindel, no cal está especificado o autor das composicións. A “Muiñeira de Poio” está recollida no cancioneiro musical de Galicia de Casto Sampedro y Folgar como a nº 315 e neste caso está interpretada coa colaboración do músico irlandés Pat Kilbride.

Mia irmâa fremosa,
treides comigo
A la igreja de Vigo,
u é o mar salido
E miraremo- las ondas.

Mia irmâa fremosa,
t reides de grado
A la igreja de Vigo,
u é o mar levado
E miraremo- las ondas.

A la igreja de Vigo,
u é o mar salido
E verrá i , mia madre ,
o meu amigo
E miraremo- las ondas

A la igreja de Vigo,
u é o mar levado
E verrá i , mia madre,
o meu amado
E miraremo- las ondas

4.- Unha volta polo medio (Tradicional, Bieito Romero)  
(Tradicional galega)
Pandeirada e Muiñeira, os dous ritmos galegos por definición coa interpretación vocal do músico irlandés Pat Kilbride, vello amigo de Luar Na Lubre.

Unha volta polo medio
Unha volta polo medio
Outra polo arredor
As í fai o que ben baila
As í fai o que ben baila
As í fai o bailador

Ai lalalala….

Este pandeiro que toco
este pandeiro que toco
por moito que repenique
doulle forte e non racha
doulle forte e non racha
que é de coiro de cacique

Se ti viras o que eu vin
s e ti vi as o que eu vin
na feira de Monterroso
vintecinco lobos xuntos
vintecinco lobos xuntos
a cabalo dun raposo

5.- Doentes (Bieito Romero)  
Vals e muiñeira compostos por Bieito Romero para a banda sonora da película “Doentes” do director Gustavo Balza.


6.- A Carolina (Giorgio Mainero, Tradicional)  
(SCHIARAZULLA MARAZULLA /A CAROLINA)
(Tradicional galega)

A primeira é unha peza renacentista composta polo músico italiano Giorgio Mainerio e incluída no “Il primo libro de balli” do ano 1578 onde se recollen cancións e danzas populares feitas polo propio músico.

A segunda é unha das cantigas máis populares da música vocal de Galicia.

A saia da Carolina,
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dalle ó rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu amor
Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!

A Carolina é unha tola
que todo fai ó revés;
véstese pola cabeza
e éspese polos pés

Bailaches Carolina?
Bailei no cuartel!
Dime con quen bailaches?
Bailei co coronel
Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!

O señor cura non baila
porque tén unha coroa.
Baile , señor cura, baile,
que Dios todo llo perdoa.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu Xosé
Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor!

7.- Quantas sabedes (Cantiga de Martin Codax)  
(Martín Codax)

Outra das 7 composicións do xoglar vigués Martín Codax, denominadas como “Cantigas de Amigo”, auténticas xoias da nosa música e lírica medieval. Neste caso contamos coa voz dun dos grandes da canción galega, o mestre Miro Casabella

Quantas sabedes amar amigo,
treides conmig’a lo mar de Vigo
e bañarnos emos nas ondas.

Quantas sabedes amar amado,
treides conmig’a lo mar levado
e bañarnos emos nas ondas.

Treides conmigo a lo mar de Vigo
e veeremo-lo meu amigo
e bañarnos emos nas ondas.

Treides conmigo a lo mar levado
e veeremo-lo meu amado
e bañarnos emos nas ondas.

8.- Monte Pindo (Bieito Romero)  
Muiñeira do Pindo + A derradeira balea de Caneliñas
Homenaxe musical ao noso sacro Monte Pindo con dúas composicións de Bieito Romero.


9.- A miña amiga (Xosé Quintas Canella)  
(Xosé Quintas Canella)

Fermosísimo tema inspirado na lírica medieval galaico-portuguesa e composto polo músico Xosé Quintas Canella, polo que sentimos unha grande admiración e respecto e ao que queremos renderlle unha pequena homenaxe coa nosa versión, que neste caso conta coa colaboración dunha das voces máis privilexiadas que escoitamos nos últimos tempos, a da malagueña Diana Navarro.

Pomba de brancas anzas
se ollas ó pé das augas
á mái belida fada
esa é a miña amada.

Pomba que voas leda
se ves na banda da ría
á máis belida frol
esa é a miña amiga.

E miña amiga,
coma as core s da mañá
feiticeira e garimosa,
coma unha noite de vran.

E miña amiga,
vimbro de xunca lanzal
arrecendente froliña,
aloumiño do luar .

Que non brile máis a lúa
nin luceiro da mañá
se miña amiga
perto de min non está.

Que sequen todas as fontes
e quede sin auga o mar
se miña amiga
perto de min non está.

Ehi vái ,véla que ben vái
miña amiga pola ría,
camiño de seu casal .

Os seus cabelos son loiros
coma as areias do mar
e as estreliñas rebrilan,
no medio do seu ollar.
Anduriña,anduriña,
se viras cabo da ría
á máis xentil e benfeita,
a millor ,a máis belida:
¡ esa é miña amiga!
¡ esa é miña amiga!

10.- Na Frouseira (Anónima século XV, Bieito Romero, )  
Suite de tres partes inspirada na morte do Mariscal Pardo de Cela diante da Catedral de Mondoñedo por mandato dos Reis Católicos.

De min a triste Frouseira
Que por treiçon foi vendida
Derrubada na ribeira
Que jamais se veu vencida

Por treiçon tamén vendido
Jesus nosso redentor
E por aquestes treidores
Pero Pardo, meu senhor.

11.- Maravillosos et piadosos (Alfonso X)  
Fragmento da Cantiga de Santa María nº139 atribuída ao Rei Alfonso X “O Sabio”.
Neste tema contamos coa colaboración inestimable de Xulia Cea e do coro “Canta Compaña”.

Maravillosos et piadosos
e mui fremosos
miragres faz
Santa Maria,
a que nos guia
ben noit' e dia
e nos dá paz.

12.- Ven bailar Carmiña (Tradicional galega)  
Tema clásico da música tradicional galega interpretado como a nós nos gosta: Ao noso xeito.

Ven bailar Carmiña,
Carmiña, Carmela,
con zapato branco,
con media de seda,
con media de seda
de seda calada,
ven bailar Carmiña,
miña namorada.

Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos ,
as raparigas bonitas
piden rapaciños guapos.

Ven bailar Carmiña,
Carmiña, Carmela,
con zapato branco,
con media de seda,
con media de seda
de seda calada,
ven bailar Carmiña,
miña namorada.

Aí che vai meu corazón
Se o quere s matar ben podes
Pero como t i vas dentro
Tamén, se ti o matas , morres.

Ven bailar Carmiña,
Carmiña, Carmela,
con zapato branco,
con media de seda,
con media de seda
de seda calada,
ven bailar Carmiña,
miña namorada.

13.- Vía Láctea (Pedro Valero)  
Dende tempo inmemorial o camiño de estrelas trazado no ceo e coñecido como Vía Láctea foi guía para moitos peregrinos que guiados polo seu fulgor chegaban á Fisterra galega, onde ficaban abraiados pola inmensidade do Atlántico e os impresionantes solpores que dende alí se poden ver.


14.- Sabor a Santa María - Con gran razón (Cantigas de Santa María)  
Cantigas 328 e 215 de Santa María , cuxa composición está atribuída ao Rei Alfonso X “O Sabio” aínda que hai teorías que falan de que puido ser o poeta e trobador galego Airas Nunes o compositor de moitas delas, incluídas estas.


15.- Trasmontana (Bieito Romero)  
Peza inspirada nos vellos agarrados que tantas veces fixeron bailar ás xentes de Galicia e co noso tratamento e arranxos pretendemos que sigan facéndoo.


16.- Romance de Don Gaiferos (Tradicional)  
Guillermo X , duque de Aquitania, é probablemente o protagonista deste romance, quizais un dos máis antergos que se conservan en lingua galega. De orixe xermánica, pertence ao ciclo carolinxio, cantado polos xograres e posteriormente polos cegos, chegou ata os nosos días grazas a eles. Gaiferos de Mormaltán era o nome cabaleiresco desta personaxe que chegou en peregrinación ata Compostela onde morreu, diante do Apóstolo Santiago.

Esta é a nosa particular versión dun tema recuperado e gravado por primeira vez polo musicólogo ourensán D. Faustino Santalices, a quen lle debemos o legado de moitas cantigas por el recuperadas, así como a revitalización da zanfona, un instrumento que estudou, reconstruíu e do cal deixou a máis interesante das gravacións plasmada nun L.P. realizada no ano 1949.

I onde vai aquil romeiro,
meu romeiro a donde irá,
camiño de Compostela,
non sei se alí chegará.

Os pés leva cheos de sangue,
xa non pode máis andar,
malpocado, probe vello,
non sei se al í chegará.

Ten longas e brancas barbas,
ollos de doce mirar,
ollos gazos leonados,
verdes como a auga do mar.

-I onde ides meu romeiro,
onde querede s chegar?
Camiño de Compostela
donde teño o meu fogar.

-Compostela é miña terra,
deixeina sete anos hai,
relucinte en sete soles,
brilante como un altar.

-Cóllase a min meu velliño,
vamos xuntos camiñar,
eu son trobeiro das trobas
da Virxe de Bonaval.

- I eu chámome don Gaiferos,
Gaiferos de Mormaltán,
se agora non teño forzas,
meu Santiago mas dará.

Chegaron a Compostela,
foron á Catedral,
Ai , desta maneira falou
Gai fe ros de Mormaltán:

-Gracias meu señor Santiago,
aos vosos pés me tes xa,
si queres tirarme a vida,
pódesma señor tirar,
porque morrerei contento
nesta santa Catedral .

E o vello das brancas barbas
caíu tendido no chan,
Pechou os seus ollos verdes,
verdes como a auga do mar.

O bispo que esto oíu,
al í o mandou enterrar
E así morreu señores,
Gaiferos de Mormaltán.

Iste é un dos moitos miragres
que Santiago Apóstol fai.





Luar Na Lubre

O son do ar
Beira Atlántica
Ara Solis
Plenilunio
Cabo do Mundo
XV Aniversario
Espiral
Hai un paraíso
Saudade
Camiños da Fin da Terra
Ao Vivo
Solsticio
Mar Maior



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Luar Na Lubre

* Luar Na Lubre en León
* XABIER DIAZ & ADUFEIRAS DO SALITRE na Festa do Avante! (Portugal)
* Vindeiros concertos de Luar Na Lubre
* XXXVIII Festival Irmandiño de Moeche
* XIII Festival Folk & Rock nas Portelas (Lubián. Ancares)

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista




< =Ao Vivo
( Luar Na Lubre )
Mar Maior
( Luar Na Lubre )
= >


Voltar á páxina principal