Páxina anterior

 


Crema de Gaita
TanGalego

 

 


www.cremadegaita.com

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

Engade o teu comentario .....

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Crema de Gaita ten, como non, unha base do noso mellor licor tradicional, destilado ao longo da aprendizaxe da música de raigame. A esta base engadímoslle ingredientes propios e alleos, escollidos con agarimo dos froitos máis saborosos que nos ofrecen as músicas que mellor tocan a nosa sensibilidade. O produto resultante é unha crema que sentimos galega ante todo, mais con arrecendos diversos, entre os que destacan varios sabores latinoamericanos -de aí a etiqueta desta primeira colleita: TanGalego

Composición da Crema de Gaita:
Zona de procedencia: D.O. Rías Baixas.
Variedade e feitura: Uva calva de Chapela, Augardente bravia da Ulla, Herbiñas celtas de Matamá, Cereixas negras de Beade, Esencia de carácter do Calvario, Lume estralante de Bouzas, Alma ghaiteira de Lavadores, e Alambique sen fondo de Cabral.

Características da cata:
Cor de brétema, transparente, con reflexos do solpor atlántico e arrecendos das noites de lúa na praia. Ataque dóce e suave, aínda que tamén refrescante e afroitado. O gusto é feiticeiro, duradeiro e cheo de sabores cambiantes e intensos. Esta brebaxe esperta os sentidos e aleda o corazón.
Sirvase soa ou ben acompañada.

A Crema de Gaita está servida.
Bo proveito!

 

 

 

 

Crema de Gaita son:

Marcos Campos:
Gaitas, whistles, requinta, Master Gaita e coros.


Diego Mariño:
Gaita e whistles.


Xose M. López "Josele":
Gaita, clarinete, saxo e frauta de pico

Ernesto Campos:
Guitarra, serrucho musical e coros

Cris Macías:
Piano, voz e coros.

Judith Alonso:
Baixo eléctrico

Xosé C. Villar "Bouza":
Percusión

Suso "Feixón" Alonso:
Batería e percusión

 

 

 

 

 

Gaitas:
Construídas por Antón Corral, Xosé M. Gil e Olimpio Giráldez

Produción artística:
Crema de Gaita


Produción executiva:
Xosé Manuel Campos "Pete".

Gravado nos estudios:
Sonyarte de Vigo, por Arturo Sabugueiro (pai) e Arturo Sabugueiro (fillo) entre o San Brais e o Magosto de 2006.
Misturas:
Arturo Sabugueiro (fillo) e Crema de Gaita.

Fotografía:
Eduardo Irago.
Deseño:
Ideiagrafica.net

 

 

Contacto:
http://www.cremadegaita.com
cremadegaita @ gmail . com


 

 

 

1.- Foliada de Luxán    
(Tradicional - Ernesto Campos)
Foliada tradicional pasada polo noso "filtro" particular.
Colabora: Alexandre Fernández (pandeireta e tarrañolas).


2.- Lagarto Pintado    
(Tradicional - Ernesto Campos)
Un tema de bossa nova para unha canción ben coñecida para todos: A Carolina.
Colabora: Kin García (baixo eléctrico) e Almu Janeiro (coros)

A saia da Carolina
ten un lagarto pintado,
cando a Carolina baila
o lagarto dálle ao rabo.

Bailache, Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailache.
Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor.
Bailache, Carolina?
Bailei, si señor!

O señor cura non baila
porque ten unha coroa,
baile, señor cura, baile,

que Deus todo llo perdoa.


3.- Tangalego    
( Ernesto Campos)
Un tango ao xeito arxentino interpretado con gaitas: Tan... Galego.



4.- O fillo da Teresa  
(Ernesto Campos)
Un dos primeiros temas de Crema de Gaita, nado en Olite e medrado nestas terras, á beira da ría.

 


5.- Lembranzas do que Voltou    
(Ernesto Campos)

A equipaxe do emigrante torna chea de aromas, imaxes e ecos de ultramar.


6.- Mensaxeira do inferno    
(Cristina Macías - Ernesto Campos)
Unha canción adicada a todas aquelas vítimas da violencia de xenero.
Colaboran: Almu Janeiro (voz), Lucas Llumá (piano) e Luis Caballero (cello) .

Viches no horizonte negras nubes
dende o primeiro golpe no teu peito.
do que xa non quero lembrar
co que cada noite
compartías leito.

Fuches quen de non ficar calada
logo de arrastrar esta condena,
nun berro contido
e cun paso firme e decidido,
demostraches ao mundo
que non eras tan pequena.
Ai, ai, ai..

Mensaxeira do inferno,
neste tempo
foi unha mestura de temor
e valentía,
na senda máis xusta e
perigosa
a túa verdade
custouche a vida...
custouche a vida...

Unha noite apareceu a besta
rematando coas túas esperanzas,
golpes navegando no alcol,
trocando a túa vida
nunha noite amarga.

Unha néboa invade a miña alma,
non deixo de pensar na túa morte,
noite repentina
que nos guía e que nos ilumina
e que representa
as que correron a túa sorte.
Ai, ai, ai...

Mensaxeira do inferno,
neste tempo
foi unha mestura de temor
e valentía,
na senda máis xusta e
perigosa
a túa verdade
custouche a vida... .
custouche a vida...

A Ruth Villar, por saír do inferno.

 


7.- Noites de Lúa na Praia    
(Ernesto Campos)
Un bolero ao xeito mexicano con gaita, entre outras cousas.
Colabora: Oriol Mula (frauta).

 


8.- Rumba para Susi    
(Ernesto Campos)
As persoas que conviven cos músicos teñen que aturar as súas neuras, horarios e rarezas...
Que menos que lles adiquemos unha peciña!!
Colabora: Xosé M. Campos "Pete" (gaita)

 


9.- Non te Namores, Meniña!   
(Tradicional - Ernesto Campos)
Incluímos nesta peza un instrumento algo descoñecido nestas terras, pero moi popular noutros países: o serrucho musical.
Colabora: Xosé L. Represas Carrera (saxo soprano)

 


10.- Muiñeira da Cascarexa    
(Ernesto Campos)
Composición escrita orixinalmente nun gardanapos de papel na tasca Cascarexa de Candeán (Vigo)
Adicámola á memoria do que foi o seu primeiro dono, o inefábel "Guti", quen xunto coa súa familia sempre tivo as portas abertas á música e á cultura.
Colabora: Banda de gaitas Xarabal e Alexandre Fernández (pandeireta)

 


11.- Bonequiña    
(Cristina Macías)
Colabora: Almu Janeiro (coros)

Tanto tempo xa,
lembrando con nostalxia
a miña bonequiña
coa que vivin a infancia.

Ela compartiu
as penas e as ledicias...
Que pasou?
Non o sei,
todo rematou!

Ficou no Alén,
na praia chorei,
a miña bonequiña
xamáis esquecerei.

Voou lonxe de min,
a pena non ten fin,
a miña bonequiña,
que xamáis esquecerei.

... A Mary

 


12.- Crema de Whisky    
(Ernesto Campos)
Balada, giga e reel. Homenaxe á música irlandesa dende a óptica galega.
Colabora: Ioanna Pérez (violín)

 


13.- Carafuxa    
(Ernesto Campos)
Outro bolero, inicialmente unha introdución a Café con Ghotas.
Colabora: Marcos M. Valcárcel (percusión)

 


14.- Café con Ghotas    
(Ernesto Campos)
Seguindo coa nosa fusión de música galega e latina: un tumbao.
Colabora: Marcos M. Valcárcel (percusión)

 


15.- Regueifa de San Salvador de Pedreiro (Santa Comba)   
(
Tradicional - Jesús Alonso - Ernesto Campos)
O album TanGalego non podía rematar sen unha mostra do noso folclore tradicional. Agora ben, sempre co noso "toque" persoal. Esta peza foi recollida por Leni Pérez no ano 1996 ás informantes Concepción e Florida, veciñas do lugar.
Colaboran: Tanxedoras do Pandeiro (voces e pandeiretas), Alexandre Fernández (voz e pandeireta) e José González "Zé" (voz).

Nosa señora da barca
ten un camarín de pedra,
inda o podía ter d'ouro
miña virxe se quixera

O cura cando marchou
deixoulle dito a criada:
veña tarde, veña cedo
déitate na miña cama.

O meu amor non me fala
que o ten nunha baixeza,
como é rapaciño novo
ten o airo na cabeza.

Tenho pulghas na camisa,
na saia teño piollos,
como teño tanto ben-he
ao mundo vánselle os ollos.

Imos da-la despedida
dende Ghalisia a Ghamaica,
imos da-la despedida,
nós e os de Crema de Ghaita.

 

 

 


Crema de Gaita

TanGalego



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Crema de Gaita

* Festa da Cultura en Vigo
* XXIX Festival de Ortigueira
* XXVIII Festival de Ortigueira
* Crema de Gaita no Aturuxo (Bueu)
* Programación definitiva do Festival de Ortigueira

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista





Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

info@ghastaspista.com




< =Folla de lata
( Chouteira )
Tiruriru
( Cuarteto Caramuxo )
= >


Voltar á páxina principal