Páxina anterior

 



TIRULEQUE

 

 



http://www.tiruleque.com/

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

Engade o teu comentario


 

 

 

 

 

 



Cando deron o seu primeiro concerto non tiñan nome mais, dun xeito inconsciente, aquel día producíuse a xestación dun proxecto que os levou a percorrer un longo camiño. Pasaron sete anos daquela. Durante este tempo foron evoluíndo dende un repertorio totalmente tradicional até acadar un son propio que agora frorece en forma de álbum. O Cebreiro, Bretoña. Castro d´Ouro, O Viso, Pardiñas, Vigo, Burela, Couso, Ortigueira e, coma non, A Coruña son algúns dos lugares do noso país polos que Tiruleque levou a súa música.

Tiruleque é un grupo que, como tal, creeu nutríndose das actuacións en vivo. A súa alma é festeira e, polo tanto, é nos seus concertos onde desprenden toda a súa maxia. Consecuentemente, este álbum que tes nas túas mans é un traballo de estudio, mais coa esencia do directo, na procura de transmitir a verdadeira natureza da súa música.

Seica haberá quen os acuse de se afastar da tradición; mais so aqueles que ignoran que a tradición foi vangarda. Partindo da instrumentación con sons tradicionais (cómpre lembrar que os seis integrantes do grupo son gaiteiros), Tiruleque abríuse a outras músicas e ritmos que enriqueceron o seu repertorio. Neste traballo atoparás composicións de seu e pezas tradicionais arranxadas ao seu xeito, nas que os verás viaxar dende as muiñeiras, xotas, pasodobres ou rumbas do noso país até o klezmer, a bossa nova ou mesmo o ská.

I é que os Tiruleques, como boas personaxes teatrais, non so teñen unha cara, senón que poden mudala ao seu antollo. Así que ista é unha obra poliédrica para disfrutar na casa, no coche, na tasca... dende o mencer até o luar. Déixate engaiolar. Tirulequízate!


Bruno Sanxurxo.









 



TIRULEQUE son:

 

 

Antón Bueno Salto: contrabaixo, gaita e coros

 


Alejandro Fente Balsa:
acordeón

 


Fernando Román Pérez:
saxo soprano, clarinete, gaita e coros



Pablo Pintor Sánchez:
voz, gaita, clarinete, pito galego e triángulo



Miguel Horjales Fraga:
caixa, percusións e coros



Luis García Corral:
bombo con pratos, percusións e coros












COLABORACIÓNS:

 

Ricardo Casás "Richi":
arranxo sección de ventos e saxo alto no tema 13, zanfona no tema 8


Lourenzo Castro "O Vendaval do Rosal"
trombón no tema 13

 


Javier Trillo trompeta no tema 13

 


Lucía Viqueira coros no tema 4, pandeireta no tema 10 e aturuxos

 


Manuel Pintor, Paco Ulloa e Marta Horjales coro nos temas 3 e 5

 


Jorge López aturuxos
















1-2. Alvite - Queixas       
Non hai muiñeira sen xota, nin xota sen muiñeira, non si?
Para comezar nada mellor que botar man da combinación máis desexada polos nosos bailadores: Xota de Alvite (Cuntis, A Coruña) e Muiñeira do Carballeiro, do repertorio de "Os Queixas" (Cerceda, A Coruña). Ámba-las dúas pezas recollidas pola A.X.Xacarandaina. Lume!



3. A señá Lixandra.        
Deixala pasar!
Esta peza sacámola dunha gravación feita aos "Airiños do Piñeiro" (Cangas, Pontevedra), pertencente ao arquivo do Tear de Llerena, e conta a historia dunha senlleira muller. As dúas primeiras coplas son da reollida e as demáis inventámoslas nós.

A señá Lixandra
bebeu caña e viño,
a señá Lixandra,
borracha no camiño.
vámonos de aquí,
señora Lixandra,
vámonos de aquí
que vamos de parranda.

A señá Lixandra
matou un porquiño
a señá Lixandra,
que todo era touciño.
Vámonos de aquí,
Ai, tía Manuela!
Vámonos de aquí,
vamos de borrachera!

AÍ VAI CAROLINA,
DEIXALA PASAR,
VAI PARA A REPICHOA
VAISE EMBORRACHAR (bis)

A señá Lixandra
quería casare,
a señá Lixandra,
cun vello do lugare.
Vámonos de aquí
señora Lixandra,
vámonos de aquí,
que vamos de parranda.

Mais aquel velliño
quería intimare,
e a señá Lixandra,
non o quere deixare.
Vámonos de aquí,
Ai, tía Manuela!
Vámonos de aquí
vamos de borrachera!

AÍ VAI CAROLINA...

A señá Lixandra,
gustáballe o velliño,
a señá Lixandra,
por causa do cartiño.
Vámonos de aquí,
señora Lixandra
vámonos de aquí,
que vamos de parranda.

A señá Lixandra,
quería enviudare,
a señá Lixandra,
para poder heredare.
Vámonos de aquí,
ai, tia Manuela!
e vámonos de aquí,
vamos de borrachera!

AÍ VAI CAROLINA...

A señá Lixandra,
morreu ela primeiro,
a señá Lixandra,
deixou o vello solteiro.
E vámonos de aquí,
señora Lixandra,
e vámonos de aquí,
que vamos de parranda.

A señá Lixandra
deixounos aprendido,
a señá Lixandra,
non vivir para o cartiño.
E vámonos de aquí,
señora Lixandra,
e vámonos de aquí,
que vamos de parranda.

AÍ VAI CAROLINA...


4. Buscás    

Se vas a Buscás e buscas unha rumba, buscas Buscás.

Rumba recollida por Xosé A, Pérez en Buscás (Ordes, A Coruña) e tirulequizada con inluxos desta e da outra beira do Atlántico
(...baa-bii-baaa, baa-bii-baaa,...)


5-6. Sansa      

...ras, tras, patrás!

Épica muiñeira do repertorio da "Charanga do Cuco de Velle" (Ourense) que canta as vivencias dun aventureiro sen par en San Sadurniño (A Coruña), seguida dun pasodobre ben xeitoso do Miguel.


Eu fun á feira de
San Sadurniño,
enchinme de viño,
de rir e troular,
bailei a muiñeira,
brinquei coas nenas
e co meu fouciño
din paus a mallar

AI LA, LA, LA, LA...

Desfíxenlle o baile,
rompinlle o pandeiro
e os mozos do Outeiro
viñéronse a min;
e tonto non fixen
no campo enseguida
da miña mauciña
dous palmos lles din.

AI LA, LA, LA, LA...

Loitei un anaco
con tres veciñares,
tumbeinos aos pares
sen nada nas mans;
con un puñetazo
dos meus cotromeiros
chimpei os queixeiros
dos tres en Bardaos.

AI LA, LA, LA, LA...

Sentín o aturuxo
no medio da ponte
que ata o meu monte
sentín que estrombou;
deixeime de andar
i apreto a mauciña
pois cara min viña
quen aturuxou.

AI LA, LA, LA, LA...

E vin vir uns homes
no monte correndo
cos paus levantados
como unhos ladrós;
despois de mallarme
xunto a un pasadoiro
puxéronme en coiros,
o medo me entrou.

AI LA, LA, LA, LA...

Non volvo á feira
de San Sadurniño
nin bebo máis viño
nin volvo a troular,
nin bailo muiñeira
nin brinco coas nenas
nin co meu fouiño
dou paus pra mallar.

AI LA, LA, LA, LA...

Se vas á festa do viño
virás aburrido,
comerás castañas asadas
e leite ervido,
e ron, e ron, e ron
e ron, e ron, e ron, e ron
e ron, e ron, e ron
e róncalle o corazón
e róncalle o corazón
e róncalle o corazón.

RAS, TRAS, PATRÁS!

.





7. Valzz de Teixeira    

Un valse cun toque jazz.

E para voltar a arrexuntarse coa parella, este valse recollido por Carlos Xosé Vidal en Teixeira (Pobra de Brollón, Lugo).



8. Canto das mozas    

Sen acritude, éche todo mentira

Esta canción chegonos a través do Pablo dunha recollida de Salomé Couso en Outeiro de Rei (Lugo). Nós puxémoslle música e engadímoslle unhas coplas seguindo o espírito das orixinais.

Escoiten señores, presten atenión:
Primero las mozas diremos quen son
nos darán la razón e o van a estimar
PORQUE DE LAS MOZAS
MUCHO HAY QUE CONTAR

Van para la misa con mucha emoión
diciendo palabras en conversación,
son palabras buenas, son dignas de hablar,
PORQUE DE LAS MOZAS
MUCHO HAY QUE CONTAR

Salen de paseio con pie de pantufla,
Ai, que buena moza! Ai que buena burra!
se vai a casar, se vai a casar,
PORQUE DE LAS MOZAS
MUCHO HAY QUE CONTAR

As rapaciñas que veñen ó baile,
seica unha delas é a filla do fraile.
Ten moito coidado con quen vas bailar,
PORQUE DE LAS MOZAS
MUCHO HAY QUE CONTAR

Gústalles comprar e non miran os cartos,
sempre chegan tare e estamos xa fartos.
Se queres casar, telo que aguantar,
PORQUE DE LAS MOZAS
MUCHO HAY QUE CONTAR

Coidado coas nenas da cara pintada,
se as ves polo día non valen para nada.
Non che deixan ir, quérenche amarrar,
PORQUE DE LAS MOZAS
MUCHO HAY QUE CONTAR

Botámolas redes a ver se pescamos
sardiñas do mare ou herbas do campo.
Hainas que aquelar, non pensedes mal,
PORQUE DE LAS MOZAS
MUCHO HAY QUE CONTAR

Tódalas copliñas que vou rematare
só teñen a rima, nada de verdade.
Todos nesta festa vámolas cantar,
PORQUE DE LAS MOZAS
MUCHO HAY QUE CONTAR

 



9-10. Sesión vermú      

Deixa o bochinche e bótalle un baile, ho!

Este tema está formado por dúas pezas: primeiro, un fermoso pasacorredoiras que nos ensinou Pedro López Vázquez, o "Artilleiro de Santiago de Arriba", gaiteiro de cuarteto "Os de Vilar do Mato" (Chantado, Lugo), e que ben se pode bailar agarrado. E despois, para botar o solto: Xota Bakalada, composta polo Álex.






11-12. Rillote´Spadas    

Despois da calma sempre vén a tempestade (ou era ao revés?)

Trátase doutro set composto por dúas pezas: Rillote, un valse do Álex aquelado para a ocasión, e ´Spadas, unha danza aprendida do Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro y Folgar (nº 360)


Despois da calma sempre vén a tempestade (ou era ao revés?)

Trátase doutro set composto por dúas pezas: Rillote, un valse do Álex aquelado para a ocasión, e ´Spadas, unha danza aprendida do Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro y Folgar (nº 360)






13. Cen    

cen por cen pasodobre.

Donas e cabaleiros, nenos e nenas! Con este pasodobre do Álex adentrámonos na pachanga circense cunha marabillosa sección de ventos, arranxados polo amigo Richi, que fan tremer até o noso tiruleque!






Producción artística:
TIRULEQUE

Arranxos de todos os temas:
TIRULEQUE

Gravación, mesturas e masterización:
Jose Martínez "Bonxiña" en Bonham Estudios (A Coruña)

Ilustraións:
Pedro Bueno

Deseño e maquetación:
Tragaluz Estudio fotográfico e Ruben Viqueira

Deseño do logotipo do grupo:
Álex Fente





Tiruleque

Tiruleque



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Tiruleque

* XVIII Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)
* Tiruleque nas Lendas da Pena Molexa 2017 en Narón
* V Festa Amanexa en Oleiros
* Romaría de Santa Margarida (A Coruña)
* XVI Festa Folk na Fin do Camiño (Fisterra)

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista





Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

info@ghastaspista.com




< =Cinsa Namorada
( Tino Baz )
Raianos
( Trasmundi )
= >


Voltar á páxina principal