Páxina anterior

TREIXADURA  "UNHA NOITE NO MUÍÑO"
www.treixadura.com
 

  .....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

3 comentarios deste disco...
 
 
  
   Colaboradores:  

Delio Domínguez:  
voz en Unha noite no muiño.  

Parrafadas: O Chirlo.   
 

  
Xaquín Xesteira: 
gaitas en Do e La, tamboril, 
pandeireta, pandeiro, cunchas e coros. 

Toniño López:  
gaita en Re, tamboril, pandeireta,  
cunchas, voz e coros. 

Xoán López: 
gaita en Do, Re e La, bombo, 
voz e coros. 

César Longa:  
acordeón, bombo e coros. 

Paulo Nogueira:  
gaitas en Do, Re, La e bombo. 


1 e 2 .- Unha noite no muiño 
 
   Alalá e muiñeira populares. 
 

UNHA NOITE NO MUIÑO
UNHA NOITE NON É NADA
UNHA SEMANIÑA ENTEIRA
ESA SI QUE É MUIÑADA
 
 
3.- O Merlo 
 
  Foliada ben coñecida por terras de Catoira, onde grupos como Os Areeiras, ou Faiscas do Xiabre, adoitaban tocala.
 
O MERLO E MAILA MERLA
IBAN POLO PRADO ABAIXO
O MERLO COMO ERA PILLO
METEU A MERLA DEBAIXO.
O MERLO E MAILA MERLA
IBAN POLO CAMPO ARRIBA
O MERLO COMO ERA PILLO
BOTOULLE A PATA POR RIBA.
SAN ANTONIO DE CATOIRA
CASAMENTEIRO DE VELLAS
¿POR QUÉ NON CASAS ÁS NOVAS?
¿QUÉ MAL CHE FIXERON ELAS?
AÍ VOS VAI A DESPEDIDA
AÍ VOS VAI A DERRADEIRA
ACABOUSE O CHICULATE
ROMPEU A CHICULATEIRA.
 
4.- Ó pasar por Coruxo 
 
  Pasodoble composto por Enrique Otero Covelo, co que o seu grupo, Os Cruceiros, despedían o verán polas praias de Vigo e Coruxo
 
 
5.- Xota de Xosé 
 
  Xota de corte tradicional pertencente ó repertorio de Os Montes, de Lugo.

6.- Vinde rapazas 
 
  Son dúas muiñeiras do repertorio do Coro Aires da Terra, de Pontevedra, dirixido por Perfecto Feijóo. A segunda delas foi aprendida dun famoso gaiteiro de Cangas chamado O Choqueiro.
 

TÓDOLOS QUE CANTAN BEN
TEÑEN POSTO NO MUIÑO
E OS QUE NON SABEN CANTAR
MIRAN POR UN BURAQUIÑO.
FUN Ó MUIÑO DE ABAIXO
E VOLTEI POLO DE RIBA
O DE ABAIXO TEN FERROLO
E O DE RIBA CARAVILLA.
ANQUE CHE FUN Ó MUÍÑO
ANQUE CHE FUN MUIÑAR
ANQUE CHE FUN Ó MUÍÑO
NON TEÑO PAN QUE CHE DAR.
NON QUERO SER MUIÑEIRO
NIN BARRE-LO TREMIÑADO
PORQUE DIN QUE NOUTRO MUNDO
PIDEN CONTAS DO ROUBADO.
A MUIÑEIRA MOE, MOE,
A MUIÑEIRA MOERÁ
A MUIÑEIRA ESTÁ DE PARTO
A MUIÑEIRA PARIRÁ.
VINDE RAPAZAS TODIÑAS CHEGAI
E VAMOS Ó ADRO PRA LOUCOS BAILAR
PORQUE HOXE É FESTA, RUADA HABERÁ,
POIS ÉVOS UN DÍA DE MOITO TROULAR.

7.- Valses da Arousa. 
 
  De sempre foi práctica habitual entre os gaiteiros, ofrecer unha versión persoal dos temas que tocaban. Esta é a de Treixadura, dous valses de grupos tan enxebres como Os Areeiras e Os Campaneiros.

8.- Esta noite. (Alalá de Meira) 
 
  Particular interpretación deste alalá que figura nos arquivos do Coro Cántigas da Terra como Alalá de Meira
 

ESTA NOITE HEI DE IR ALÓ
TERÁ-LO PUXIGO ABERTO
QUE SI CHO ATOPO PECHADO
O TEU QUERER NON É CERTO.
E SI É CERTO O TEU QUERER
RAPAZA NON TEÑAS MEDO
DÉIXAME O PUXIGO ABERTO
QUE HEIME DE MARCHAR CEDO.

9.- Marchas Procesionais. 
 
  Dúas marchas de procesión, recompiladas no seu día por Castro Sampedro como propias de Xerve e Pontevedra.

10.- San Fins do Castro. 
 
  Foliada que se canta na parroquia de Cesullas (Cabana). Fai referencia á romaría de San Fins do Castro, célebre polo "berro seco" instaurado polo crego Saturnino Cuíñas.
 

PENSA MIÑA NAI QUE ESTOU
PESCANDO NA CARBALLEIRA,
ESTOU NO SAN FINS DO CASTRO
BAILANDO UNHA MUIÑEIRA.
A MIÑA NAI PORQUE PUIDO
FIXO UNHA CASA NA ILLA,
PARA VER ÓS DE NEAÑO
COMO PESCAN A SARDIÑA.
O CURA DE CORME É XASTRE
MALPICANO E MARIÑEIRO
O DE PAZOS LABRADOR
E O DE CESULLAS GAITEIRO

11.- Pasodoble de San Roque.   

 
  Con este pasodoble adoitaban facer a súa entrada no recinto da romaría de San Roque, en Vigo, os gaiteiros Os Morenos de Lavadores. Foi moi popularizado por tódolos grupos da bisbarra e, de forma sobranceira, polos Irmáns Portela.

12.- Terra de Montes.   
 
  Tema coñecido con diversos títulos (Foliada de Soutelo, Foliada de Santo Andrés de Teixido, Foliada de Barro de Arén) que, polos lugares que cita - Barro, Arén E Meilide no concello de Cerdedo ou no de Forcarei- lévanos á Terra de Montes.
  Dos seus orixinais intérpretes habería que destacar, ademáis do Coro Cántigas da Terra, ós Gaiteiros de Soutelo de Montes, pola súa calidade e porque en 1999 cúmprese o centenario do nacemento de Avelino Cachafeiro, mito, lenda, norde e referencia de tantos e tantos gaiteiros.
 

VIVA BARRO, VIVA BARRO
VIVA BARRIÑO DE ARÉN
VIVA BARRO, VIVA BARRO
VIVA MEILIDE TAMÉN.
MORENIÑA POR MORENA
TÉÑOCHE O OLLO BOTADO
HAS DE SER MIÑA MULLER
OU NON HEI DE SER CASADO.
MIÑA MONTEIRA GARRIDA
MIÑA MONTEIRA GARRIDA
MOITO ME TES ENCUBERTO
ALÁ POR SOUTELO ARRIBA.
OS SOLTEIROS VALEN OURO
OS CASADOS VALEN PRATA
OS VIÚVOS CALDERILLA
E OS VELLOS FOLLA DE LATA.

13.- Muiñeira do Seixo. 

 
  Esta é a aportación de Treixadura ó repertorio de música para gaita. Seixos hai moitos por todo o país. Este en concreto fai referencia ó da parroquia de Marín.

14. Polca dos Matos. 

 
  Tema popularizado polo grupo da Coruña Os Matos. Outro excelente gaiteiro coruñes, Ricardo Santos, a quen hai que agradecer o seu interese e traballo a prol da música tradicional, colaborou na súa divulgación.
 


TREIXADURA gaiteiros.  Aptdo 76 36630 Cambados (Pontevedra)
Edicións do Cumio, S.A. - Tel 986266272
Tfnos: 986414196 - 609805837


Treixadura

Obrigado
Unha noite no muiño
Unha noite non é nada
Unha Semaniña Enteira



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Treixadura

* Treixadura en Astorga
* XV Noite Folk - Negreira
* Treixadura en Riveira
* Treixadura en Marín
* Treixadura en Rianxo

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista




< =Raianos
( Trasmundi )
Unha noite non é nada
( Treixadura )
= >


Voltar á páxina principal