Páxina anterior

DANIEL BELLÓN & DIEGO MACEIRAS
“Unión das Terras”
 
www.bellonmaceiras.com

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

1 comentario deste disco.....





 


 




Como afeccionado á música é para min unha honra ter a oportunidade de dar a miña opinión sobre o dúo Daniel Bellón & Diego Maceiras.

Daniel Bellón –gaitas- & Diego Maceiras -acordeón cromático- constitúen un dúo dunha grande calidade e orixinalidade, no que prima a música que lles gusta.

É de salientar a grande técnica interpretativa, a súa perfecta compenetración, a simbiose entre os dous instrumentos. Son algo absolutamente innovador na nosa música por varias razóns: pola aparición no noso panorama musical do propio dúo, porque interpretan moitas pezas compostas ou arranxadas por eles mesmos e pola universalidade do seu repertorio, como amosa claramente o título do disco “Unión das Terras”. E iso é exactamente o que é: a interpretación da música de moitos países, amosando dunha maneira nidia que a música é universal e que, sen perder as propias raíces, é posíbel, eu diría máis, é necesario abrirse a novos horizontes para enriquecer o propio.

Sorte e longa vida ao dúo Daniel Bellón & Diego Maceiras.

Xosé María Rivera.

 

 

 

 

Daniel Bellón emprega gaitas de Seivane en Re grave, Sol, La, Sib, Do,  Do# e Re agudo

Diego Maceiras emprega acordeón cromático Castagnari en tódolos temas agás no 9 que usa acordeón cromático Menghin

Tódolos arranxos do disco son de Daniel Bellón & Diego Maceiras, agás os temas 1, 2, 7, 10 e 12 que tamén son arranxados por Álex Blanco

 

 

 

Grazas  a

Valentín “Curi”, pola paciencia que tiveches.
Álex  Blanco, Xabier Díaz e Xosé L. Romero, por querer colaborar neste traballo.
Familia Seivane, sen vós isto  non sería posible.
Manolo Cociña, polas túas reparacións e ensinanzas .
Luis, Susa, Manel, Xiao e Pepe, por acompañarnos a tódolos concertos.
María, por ser ti e estar sempre ó meu lado.
Dani Lumbreras, pola túa dedicación.
Tomás, por tódalas nosas andainas e as que nos quedan.
Abada, polo voso apoio e confianza.
Dominique Le Bleis,  pour avoir été aussi agréable avec nous.
Ignacio, por crer en nós.
Agustín, polo teu punteiro en Sib.
Xián, polas túas fotografías.
Sebas e os seus alumnos, polo voso vídeo.
Todos os que tedes este traballo na man

 

 

Enderezo electrónico:   daniel@bellonmaceiras.com
                                       diego@bellonmaceiras.com

 

Contratación: Abada      
  Oficina : (+34) 981 576 574
  Móbil :  (+34) 659 484 803 
Enderezo electrónico: info@abada.es
(máis información : www.abada.es)

 

Gravado no Estudio Phonos, A Estrada (Pontevedra), nos meses de xullo e setembro de 2006.

 

Mesturado e masterizado no Estudio Phonos, A Estrada (Pontevedra) os días 22, 25,26, 27, 28 e 29 de setembro de 2006 por Valentín Torrado “Curi”, Tomás Ageitos, Daniel Bellón e Diego Maceiras.

Técnico de son: Valentín Torrado “Curi”

Produción: Phonos, Daniel Bellón e Diego Maceiras

Fotodeseño e ilustración: des_escribir

Edición de vídeo: Centro de Formación Phonos

 

 

 

1.- Prieguiceira     
Ernesto Campos

Daniel Bellón - Gaita en Do
Diego Maceiras - Acordeón cromático



2. Libertango     
Astor Piazzolla

Daniel Bellón - Gaita en Do
Diego Maceiras - Acordeón cromático
Álex Blanco - Guitarra acústica
Xosé Lois Romero - Pandeira

 


3. Outeiro Verde     
Daniel Bellón

Daniel Bellón - Gaita en Sol
Diego Maceiras - Acordeón cromático
Xabier Díaz - Voces



4.- Melide   
Tradicional galega

Daniel Bellón - Gaita en Do
Diego Maceiras - Acordeón cromático

 

 

5.- Once por Catro      
Diego Maceiras

Daniel Bellón - Gaita en Do
Diego Maceiras - Acordeón cromático

 

6. Canción de Mar     
Diego Maceiras

Daniel Bellón - Gaita en Sol
Diego Maceiras - Acordeón cromático

 

7. Corridinho     
Tradicional Portuguesa

Daniel Bellón - Gaita en Do
Diego Maceiras - Acordeón cromático

Álex Blanco - Guitarra acústica

 


8. Meiga Morena    
 
Música: Diego Maceiras
Letra: Manuel Campos

Daniel Bellón - Gaitas en Re grave
e Re agudo

Diego Maceiras - Acordeón cromático
Xabier Díaz - Voz

 

Só lúa ti
triste noite será,
lúa que escura
non pode brilar.

Nai da lus
ai meiga morena,
dime que podes
lavala co mar.

Mágoa que unha flor
só poida durmir
ai meiga morena.

Pide ó sol unha cor
que a faga sorrir
e fale con ela. .

Ven cara min
máxica bruxiña,
dame o segredo
que tes na túa man.

Fai de min
unha estrela fugaz,
que dende o ceo,
relumbre o soñar

 

9. Lac&Tango    
Raúl Lacilla

Daniel Bellón - Gaitas en La e Do#
Diego Maceiras - Acordeón cromático

 

 

10. Xudías Rusas     
Tradicional Xudía - Diego Maceiras

Daniel Bellón - Gaita en Do
Diego Maceiras - Acordeón cromático
Álex Blanco - Guitarra acústica
Xosé Lois Romero - Pandeira


11. Alalá de Monterrei     
Tradicional galega - Daniel Bellón

Daniel Bellón - Gaitas en Sib



12. Pontesampaio     
Tradicional galega - H. Mancini - Nino Rota

Daniel Bellón - Gaita en Do
Diego Maceiras - Acordeón cromático
Álex Blanco - Guitarra acústica

 

13. Postal para Dominique     
Pedro Lamas

Daniel Bellón - Gaitas en Sib e Sol
Diego Maceiras - Acordeóns cromáticos

 

 


 


 
 
 
 

 



Daniel Bellón & Diego Maceiras

Union Das Terras



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Daniel Bellón & Diego Maceiras


Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista





Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

info@ghastaspista.com




< =Directo en Balboa (2007)
( cuchufellos )
Emilio Rúa
( Emilio Rúa )
= >


Voltar á páxina principal