Páxina anterior

Emilio Rúa
VIDA MIÑA

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

7 comentarios deste disco



 

 

 

 

 

 

 

 

De amor, precisamente

Xosé Carlos Caneiro Cando canta Emilio parece que a lúa pon trenzas. É un artista, un inspirado, un bohemio que vai coa súa guitarra prendida na boca: os versos colgados dos ollos. Fai música que adormece, exalta, emociona, vulnera. Digo que é un inspirado porque só as musas son capaces de elaborar o canto que permanece. Nestes malos tempos, cibernéticos e incomunicados, á música de Emilio é celestina: aproxima, une, desata. Eu escoito a Emilio como unha terapia. Voz suave, fráxil en pocelana, de lúa digo. Con trenzas. Guapa. Hai que reivindicar a arte que nos salva do tedio. A arte que nos abraza e esperta. Esa que nos fai máis humanos. Este é un disco pleno de humanidade. Un disco lindo. Non reza ao deus dos negocios. Sabe que hai prezos que non poden pagarse e que os músicos de verdade, os que amo rotundamente, non cambian ás musas (á musa) por nada. A arte, para os que a queremos, é demasiado importante para venderse por pasta. Todo o que necesitas é amor, sabémolo. Emilio Rúa recorda este apotegma constantemente. Con rigor de bohemio inspirado, con caramelos, con Uxía, que ten unha casia branca na alma, nos labios, na voz. Este é un disco para tomar acompañado, en copas, ou no tabaco solitario da melancolía. É tamén un disco para curar a tristeza. Ambivalente, polivalente e multisectorial: palabras tan feas.Un disco de corazón amplo para ampliar o horizonte dos nosos dedos: eses que acarician. Deixarse acariciar por el é un regalo. De primavera. De abrazos. De amor, precisamente.

 

 

 

 

 

 

 

 

Emilio Rúa
Vida Miña

A primeira vez que cantei ante o público foi nunha aldea galega. Eu tan só tiña sete anos e tocaba no grupo que o meu pai foramara comigo e os meus catro irmáns, o Concorde Atenea. Con el percorremos durante oito anos Galiza, Portugal, Asturias e Castela-León ¡Aínda lembro tocarnos nunha palleira e nuns remolques de tractor!.
Logo da súa desaparición, comecei a facer cancións dedicándome por enteiro á música, a miña paixón. É foi así que, no ano 2000, gravei o meu primeiro CD, tras gañalo certame "Lluvia como furiosa" no pobo de Verín. Despois dun tempo, no 2006 publico este segundo traballo discográfico co selo BOA.
Durante o intervalo de tempo participei no certame "Cantigas de Maio 2004" en Ceutí (Murcia), no que acadei o segundo premio. No certame "Jovenes Cantautores de ELX 2005" recibín o primeiro premio. En ambos certames puiden contar co apoio de José Miguel López de Radio3, e cantando sempre na miña lingua: o Galego.
Foi gracias a Uxía Senlle, a Segundo Grandío e a Fernando Luaces que confiaron na miña música e fixeron posible este CD. Din que sendo un meniño xa cantaba. Eu non o recordo. E que, sentado nunha cadeira, marcaba o compás co pé, sen poder chegar ó chan. Hoxe teño os dous pés no chan e os meus pasos están ancorados na terra.

 

 

 

 

 

Emilio Rúa:
voz, guitarras, harmónica e coros


Paulo Borges:
piano, teclados e acordeón


Paco Charlín:
contrabaixo


Leandro Deltell:
batería e percusión


X.M. Budiño:
Low Whistle


Uxía Senlle:
voz en "A Rianxeira"


Gustavo Domínguez:
zanfona


Ana Senlle:
pandeiro


Cuarteto de corda "Ephimere":
Mario Peris (violín)
Rosa Ganoso (violín)
Isabel Figueroa (violonchelo)
Javier Escobar (viola)


Metais "Mañufe Horns":
Pablo Casal (saxofón)
José Pérez (trompeta)
David Fernández "Michi" (trombón)


Arranxos de cordas:
Juan Eiras


Arranxos de metais:
Segundo Grandío e Pablo Casal


 


Tódolos temas compostos por
Emilio Rúa.


Adaptación dos temas populares
"A Saia da Carolina" e
"A Rianxeira":
Emilio Rúa.


Letra de "Témporas":
Uxía Senlle


Letra de "Cómic":
E.Rúa/U.Senlle


Letra de "A Saía da Carolina":
E. Rúa/U.Senlle

1.Unha Meiga en Tí 

Esta é
a forma que eu teño
de demostrarche que te quero
pola vida

Esta é
a única maneira
de darche o meu amor
co meu canto, a miña paixón
quero que saibas
todo o que eu sinto por tí:

Dende que estou contigo
son moito máis feliz
e non hai nada no mundo
que me importe máis ca ti
porque o es todo para min

Segues sendo a mesma muller
que coñecí en Verín
e non hai alma sobre a terra
tan máxica como a túa
porque hai unha meiga en tí.


2. A saia da Carolina    
(Popular / E. Rúa)

A saia da Carolina
ten un lagarto pintado
cando a Carolina baila
o lagarto dálle ao rabo

-Bailaches Carolina?
-Bailei si señor
-Dime con quen bailaches?
-Bailei co meu amor
-Co teu amor non bailaches
-Bailei si señor.

O amor de Carolina
non é o amor de ninguén
bordou un nome na saia
só el sabe de quen é.

-Bailaches Carolina?
-Bailei abofé
-Dime con quen bailaches?
-Con quen non cho direi
-Co teu amor, amante
-Ate o mencer bailamos.


3. Búscame    

Búscame
Anque sexa na noite
Na escuridade que me esconde
Búscame

Búscame
A cegas polas cidades
En silencio entre a xente
Búscame

Búscame
Sen saber como nin onde
Sen saber cando nin por que
Búscame

Búscame amor meu
Antes e despois
Hoxe e sempre

Búscame corazón
lonxe da túa pel
perto do teu ser

Búscame, búscame
Búscame
Sen medo a perderte
Sen temor a olvidarme
Búscame


4.-Témporas   

Vida na aldea é un neno
Que camiña entre a néboa
O inverno adormece unha cadeira

Énchese o tempo de horas lentas

Aires da aldea son amores
Ben gardados na memoria
Os contos da miña avóa na lareira
Apágase o lume e aínda queda
...

Vida na aldea
Vida
Vida

Témporas da vida
Témporas da terra
Días na aldea cando o verán
Alegra as alboradas
As pedras falan coa xente
Que regresa
Voltan a casa e aínda queda
...


5.- Cómic     

Teño megapoderes
Convirto a auga en limonada

Podo ir de Galiza á China
Por arte de maxia

E non son un mutante
Só tes que imaxinalo. Ti podes

Ser un mago ou super-heroe
Ser unha fada ou un xabarín que voe
Ser o que ti queiras é moi doado
Ti es o protagonista dun cómic

Atrapo soños
Dun chimpo chego até Urano

Salvo a humanidade de perigos
E teño sete vidas coma os gatos

E non son un marciano
Menos un becho raro. Ti podes:

Ser un mago ou un super-heroe
Ser unha fada ou un xabarín que voe
Ser o que ti queiras é moi doado
Ti es o protagonista dun cómic

Ti es o protagonista dun cómic
Ti es o protagonista dun cómic
Nós somos os protagonistas dun cómic


6. Miña galega     

Miña Galega
Bailas Unha Muiñeira
Nas Noites De Verán
Nas Noites Que Enfeitizan

Miña Galega
Cantas Un Alalá
Nos Días De Chuvia
Nos Días Que Choran

Miña Namorada
Miña Consentida
Miña Estrela
Miña Lela

Miña Amada Amiga
Miña Benquerida
Miña Alma
Miña Vida
Miña Galega

Miña Galega
Estás Soa Na Aldea
Nas Tardes De Pedra
Nas Tardes Lentas


7. Un     

Un, que sente a escuridade
Un, que vive en soidade
Un, que busca a súa outra parte
Un, que procura a súa metade

Un home
Un amante

Un, que por amar se desvive
Un, que por amor morre
Un, que lle dá á felicidade
Un, que pon toda a vontade

Un home
Un amante

É a muller á que se ama
Todo na vida dun

Un, que adora unha imaxe
Un, que a soña na eternidade
Un, que lle canta en liberdade
Un, que ten fe e cre

Un home
Un amante


8.O último baile  

Eu cantaba perdido polas cidades
Eu buscábate sen encontrarte
Onde estabas escondida
Entre as pedras que tanto pesaban
E que me cegaban

E agora temos toda a nosa vida
Por diante, e anque se acabe
Que o mundo non pare
Que xire e xire até cansar

Non nos queda nada...
Non nos queda nada...
Non nos queda nada...
Para o último baile

Non nos queda nada...
Non nos queda nada...
Non nos queda nada...
Para a danza da morte

Eu choraba cando chovía
Apenas sorría a alma miña
Ti aparecías en cada esquina
Con formas distintas
Xamáis te recoñecía

Morrerán nas aldeas as estrelas
Desta noite eterna
Que maxia ten a gaita
Que soa na ribeira da distancia


9. A Rianxeira    
(Popular - E. Rúa)

A virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira,
descalciña pola area
parece unha rianxeira.

Ondiñas veñen
ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te vaias rianxeira
que te vas a marear.

A virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniña,
foi un raiño de sol
que entrou pola ventaniña

Ondiñas veñen
ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te vaias rianxeira
que te vas a marear.

Imos dar a despedida
con rosas e caraveis
e con flores encarnadas
para que de min te lembres

Ondiñas veñen
ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te vaias rianxeira
que te vas a marear.


10. Vida miña     

Onde vas vida miña?
-Vou camiño da morte,
Vida miña
Quen che fixo esa ferida?
-Un amor coma unha espiña,
vida miña, vida miña.

Van as bágoas polo río
chora á sombra dun suspiro
vida miña.

Mira a luz dun novo día
sinte as túas mans nas miñas
vida miña, vida miña.

En nome da paz

Contáronche unha mentira e críchela
Por que parecía verdade
Que había xente nas aldeas
Que había bombas en Iraq
Que había un galego na lúa.

Que vida que xa é unha batalla
Que ao fin até o máis forte perderá
Quen non naceu para ser libre?
Quen non cantou para non calar?
Quen non soñou para o mundo cambiar?

Seguirán inventando outras guerras
Sexan con balas ou pedras
Pero sempre haberá poetas
Pero sempre haberá historias que contar
Pero sempre haberá quen loite
En nome da paz.

 

11. Mama Sara    

Bulebule meu corazón
Polo vento
Polo mar

Leva o canto
dunha terra
E o amor de Mamá Sara

Alalá
É voz da alma
Alalá
Alalá
É son do norte

 

 

 

Gravado, mesturado e masterizado no mes de xaneiro en casa de tolos Gondomar-Mañufe www.casadetolos.com
Técnico de Son: Segundo Grandío
Auxiliar de Son: Pablo Casal
Producción artística: Uxía Senlle para BOA

Deseño Gráfico:
iviusdesign.com

Fotografía:
Alex Moss

Estilismo:
Xoan Luaces Fandiño

Coordinador Textos / Traducción:
Xoan Luaces Fandiño

Normativización de Textos:
Dorinda Castro
e Santi Veloso

Contratación:
NALGURES PRODUCCIÓNS S.L.
blanco@nalgures.com
merchi@nalgures.com
Tls: 982 250 245

AGRADECEMENTOS:
A U.Senlle, S. Grandío, E. Luaces, X. Blanco e merchi por crer en min.
A tódalas persoas que traballaron e colaboraron neste CD. A miña familia e amigos de verdade.
A Elvira, con todo meu amor. Dedicado aos meus pais: Emilio e Herminia.

 





 

 

 


 




Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con

* Tanxugueiras en Ourense
* Concerto De Cinta Adhesiva na Arca da Noe (Vilar de Santos, Ourense)
* EXTRAESCOLARES ETRAD. Monográfico: Laboratorio de composición e arranxos. Anxo Pintos (Vigo)
* Magosto en Arteixo
* Monica De Nut en Melide

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista




< =Emilio Rúa
( Emilio Rúa )
Entre Trastes
( Entre Trastes )
= >


Voltar á páxina principal