Páxina anterior

 

 

 

X I R A D E L A



.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

33 comentarios deste disco .....

 

 

 

 

 


 


Pandeireta redonda como o Sol e a Lúa, como o ciclo da vida, como o propio nome de Xiradela. Cando, sendo unhas nenas, estas artistas de Arteixo comezaron a cantar, non imaxinaban que con Xiradela viaxarían por media Europa e compartirían escenario cos Chieftains, Carlos Núñez ou Dulce Pontes.
Mirade se é grande o poder da pandeireta.
Cando, sendo unhas nenas, estas artistas de Arteixo comezaron a canta non imaxinaban, abofé, que esta caixa da festa gardaba para elas a marabilla agachada das melodías das aldeas de Bergantiños. Pandeireta, chave máxica, coa que conseguirían que ata os señores máis serios volvesen botar os cantos de berce con que os adurmiñaban as súas nais.
A receita de Xiradela, voz e percusión, por elemental é absolutamente plena, porque toca directamente nas febras máis fondas do noso ser. Unha receita humilde na que, dalgún xeito, se resume o pulso do Universo todo.
¿Por que nos gusta a música? ¿Por que uns golpes rítmicos teñen esa capacidade de emocionarnos?
Velaí a miña tese. Cada un de nós leva un metrónomo que non acouga, toca constantemente ben dentro.
Chámase: CORAZÓN.
A música dános solaz, porque a vida toda é unha longa saudade do son que nos acompañou no lugar onde máis agarimados estivemos, no ventre da nosa propia nai, a carón tamén da música primeira do seu corazón.
As voces de Marité, Sandra, Inés, Almudena, Silvia, Mari Pili, Tania, Fransy e - a artista máis noviña- Lorena, participan directamente desta esencia marabillosa. Non é estraño, pois, que as súas melodías enxebres emocionen a calquera ser humano, dende Alaska a Singapur.
Por iso era especialmente necesario escoitalas á fin na súa forma pura, sen adorno ningún. Houbo moito que esperar, mais, afortunadamente, as cousas bonitas acaban agromando sempre.
Escoiten esta gravación, marabíllense co seu contido e, de seguido, atrévanse a sentir a revolución da festa que estoupa cando un colle na man a madeira, o coiro e as ferreñas dunha pandeireta.
Redonda como o Sol e a Lúa, como o ciclo da vida, como o propio nome de Xiradela.

Xurxo Souto. Abril 2002

 

 


 

 

Este disco rematouse de grabar en febreiro do ano 2002, nos estudios Bruar da Coruña.

É unha producción dirixida por Xabier Díaz para Xingra.com.
Técnico de son: José Puga
Masterizado por Javier Ferreiro.

Dirección artística e deseño:
José María Sande e Xiradela

Fotografía
Xoan Piñón

Fotografías adicionales: Xiradela
Traduccións cortesía de Maribel Gerpe

Contacto: Mare
Tfno: 0034 981 652 0 91

www.mareproduccion.com

1.- Cantar de traballo e pandeiretada de Caión   
Laracha. A Coruña

O cantar de traballo foi recollido a Pedro de Benito en Piñeiro de Vilabade - Tordoia, no ano 91. A pandeiretada de Caión foi unha das primeiras recollidas feita pola A.X. Xiradela no ano 88 e aportada por informantes dunha xeración xa desaparecida.

Ver letra


2.- Mazurca e jota de Queimadelos    
Mondariz, Pontevedra

Recollida a xentes de Queimadelos, un serán feito en Meder no verán do 99. A mazurca é un ritmo chegado á península o pasado século, probablemente de Centroeuropa, e a jota, que procede de culturas mediterráneas, está máis extendida por toda a península

Ver letra


3.- Cantar de sega e moliñeira de Candín    
Candín. León

O cantar foi recollido a Dulcina de Villanueva de Cervantes é a sua nai, en Vilaver no ano 93. Os cantares de sega foron aprendidos por moitos dos segadores galegos que ían facer as campañas de verán en Castilla. A moliñeira foi recollida a Rosa de Candín (León). Esta peza tócase con pandeira e a case inexistente pervivencia de tocadoras deste tradicional instrumento fai que os poucos documentos sonoros que hai deles teñan grande importancia..

Ver letra

 


4.- Agharrado da Silva     
Cerceda. A Coruña

Recollida na Silva, concello de Cerceda, no ano 92. Neste lugar conseguiuse reunir todo o pobo rememorando as antigas ruadas..

Ver letra


5.- Jota de Liñares     
Avión, Ourense

Recollida en Liñares, concello de Avión, no ano 97. Ten como característica a participación dunha tocadora tanxendo unha lata de pementón, antigamente de carburo, que proporciona un curioso empaste tímbrico coas pandeiretas..

Ver letra


6.- Ruada da Ribeiriña     
Carballo. A Coruña

Recollida ó "bonito" e ós veciños da Ribeiriña-Sofán, concello de Carballo, no ano 91. O nome da peza fai referencia á xuntanza de todos os bailadores e tocadores do lugar facendo unha grande festa á que eles chamaban ruada ou "baile de pandeiretas"..

Ver letra


7.- Cantar e muiñeira de Fumaces    
A Gudiña. Ourense

Recollida en terras ourensás no ano 98. O cantar é un xeito de manter conversas a longa distancia, polo xeral entre mulleres cando ían levar o gando ó monte. A muiñeira vai acompañada de tixolas, elemento de uso domésticos que se converte nun instrumento musical para acompañar os cantos..

Ver letra


8.- Maneo de Xaviña     
Coristanco. A Coruña

Recollida en Xaviña, concello de Coristanco, no ano 99 a Carmen de García, unha das informantes máis novas que continúa coa tradición oral da comarca de Bergantiños..

Ver letra


9.- Canto de berce, muiñeira e jota de Padreiro de Castriz    
Sta. Comba. A Coruña

O cantar ten unha doble particularidade, por un lado a escasa existencia dos cantos de berce e polo outro lado, sendo pezas normalmente cantadas polas nais, ésta foi aprendida a un home, José Rama, en Vigo dos Toxox (Malpica) no ano 2000. A muiñeira e a jota foron recollidas en Padreiro de Castriz (Santa Comba) no mesmo ano, destacando que unha das netas da informante é a que canta este tema..

Ver letra


10.- Empuñada e jota de Negreira de Vilamaior   
Sta. Comba. A Coruña

Recollida no ano 97 en EMPUÑADA Negreira de Vilamaior, concello de Santa Comba. A muiñeira vella ou empuñada ten un carácter arcaico, é rápida e brusca. A jota é máis pausada e máis melódica, e ten como característica os finais vibrados despois de cada punto e volta..

Ver letra


11.- Añas de Queimadelos    
Pazos de Borbén, Pontevedra

As añas dan nome ó feito que acontece no momento de labradas no que as sachadoras tocan cos instrumentos que empregaban para traballar (sachos e pedras) celebrando así o remate da xornada..

Ver letra

 

 

 

 


 


 







< =Gaiteiros do Incio
( Xarin )
Tres Nun
( Xistra de Coruxo )
= >


Voltar á páxina principal