Noitarega

 

Noitarega
"XXI"

1 comentario deste disco


XXI

Xosé Oliveira
Xosé Oliveira
gaita en Do (2, 4, 5, 11, 12, 15, 16, 17, 19, 20)
gaita en Re (6, 9, 16, 18, 19)
pito en Re (10)
zanfona en Do (1, 12)
tarrañolas (3, 14)
pandeireta (2)



Telmo Costas
Telmo Costas
gaita en Do (1, 2, 3, 4, 5, 7, 8, 11, 19)
gaita en Re (14, 19)
pito en Re (6, 11, 12)
requinta en Sol (10)
cunchas (16)



Fernando Costas
Fernando Costas
gaita en Do (1, 2, 3, 4, 5, 7, 8, 11, 19)
gaita en Re (6, 9, 16, 18)
gaita en Sol (2, 5, 11, 14, 19)



Manuel Alonso
Manuel Alonso
tambor (agás na 8)
cunchas (2, 11)



Xosé María Gutiérrez
Xosé María Gutiérrez
bombo (agás na 8)
ferriño (11, 12)



 

 

MÚSICOS CONVIDADOS
Anxo Pintos : zanfona en Do (7)
Luis "O Caruncho" : requinta en Sol (4)
Berto Costas : tambor e bombo (8)
Xaime Estévez : piano e acordeón (17)
Coral Lago : acordeón (3, 20)
Silvia Costas : voz (18)
Pandereteiras Grialia (Laura Vila, Patri Sobreira e Sara Abalde): voces (9)

Producido por Pedro Feijoo e Noitarega
Gravado nos Muu! Estudios de Vigo por Pedro Feijoo e Fernando Moure "Pali"
Mesturado por Pedro Feijoo e Noitarega
Masterizado por Pedro Feijoo

Deseño Gráfico: Montxo Posada
Fotografía: BM Estudios
Produción Executiva: Jose Patiño.

 

 


1.- Rumbas Do Salueiro (Tradicional)  
Dúas rumbiñas populares da viguesa parroquia de Sárdoma e contorna, habituais na escolma do gaiteiro Rique O Salueiro, irmán do noso compañeiro Manolo, coas que rendemos tributo á memoria de quen "gaiteou" todos os actos festivos e sociais neste lugar.


2.- Muiñeiras (Tradicional / Henrique Otero)  
Presentamos tres muiñeiras: a primeira, dos Gaiteiros Os Peruchos, de quen descende un dos membros de Noitarega nos inicios (Nacho Mirás); Muiñeira de Hío é a segunda: así a titulou Airiños Galegos de Sampaio (Vigo), aínda que con anterioridade fora gravada polos Cruceiros como Muiñeira das Cíes (reflicten algunha variación melódica entre elas); e a terceira é A Danza do Galo, composta e dedicada a San Paio de Navia (Vigo) por Henrique Otero en 1972


3.- Rías Baixas (Tradicional)  
Foliada popularizada nomeadamente polo gaiteiro Ricardo Portela, aínda que orixinariamente facía parte do repertorio dos Gaiteiros de Soutelo. Nesta versión contamos coa colaboración ao acordeón de Coral Lago.


4.- A Volta Dos Ramalliños / Muiñeira De Baiona (Tradicional)  
Os Morenos de Lavadores, intérpretes habituais destas dúas pezas e sempre presentes no repertorio e nos discos de Noitarega, de quen é neto o noso compañeiro Xosé, son fundamentais para estudarmos e comprendermos os cuartetos no sur de Galiza no século XX. Coa interpretación ás requintas de Luis "O Caruncho", dámoslle un pequeno xiro ao orixinal


5.- Alborada Galega (Pascual Veiga / Roxelio de Leonardo Bouza)  
Pascual Veiga, autor do Himno de todos os Galegos, compuxo a Alborada máis popular a nivel nacional e internacional; a posteriori, o coruñes Roxelio de Leonardo Bouza arranxouna para gaitas en diferentes tonalidades. Noitarega revisita ambas versións


7.- Na Fonte Da Falperra (Carlos Justo)  
Contamos aquí coa interpretacion de Anxo Pintos nas zanfonas, quen deixa constancia de varias voces achegadas por el mesmo.


8.- No Furancho Da Marcelina (Luis Correa "O Caruncho")  
A taberna da Marcelina en Matamá (Vigo) sempre foi un lugar onde a música tradicional estivo presente, nomeadamente durante a época do Santo Amaro. Algún veciño da zona comentounos que alí tocou moitas veces o gaiteiro vigués Pepe "O Coxo", unha das referencias primeiras para Nazario González "Moxenas". Interpretada polo noso compañeiro Telmo na gaita e o seu irmán Alberto nas percusións.


9.- Xota De Ordes (Tradicional)  
Na década dos 80, aprendemos esta xoia a partir dos datos achegados polo noso amigo Juanjo Linares, bailador, coreógrafo e folclorista orixinario de Ordes e de proxección internacional. Nesta versión, contamos coa colaboración das Pandereteiras Grialia, que intrpretan varias letras populares.


10.- Pasodobre Galego (Tradicional)  
Tomando do repertorio de Xiada, velaquí unha brincadeira entre o pasodobre e o tango na que queremos simbolizar a complicidade entre Galiza e a Arxentina, "a quinta provincia galega".


11.- Linda Flor De Farrumeiro (Carlos Justo)  
Este é outro dos creadores cos que contamos dende os inicios do noso grupo, dada a mestura entre contemporaneidade e raigame nas súas obras.


12.- Marcha Das Chirimías / Sentimento Alalá (Tradicional / Henrique Otero)  
A primeira destas melodías aparece no Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro, onde reza que era tocada nas catedrais de Tui e Lugo; a seguna, de Henrique Otero, foi arranxada para Noitarega por Ernesto Campos.


13.- Muiñeira Do Festival (Juanjo Fernández)  
Peza que lle escoitamos ao propio autor por vez primeira no Concurso de Gaita Solista do Festival Celta de Vigo, polo ano 1986, e que nos encantou pola súa orixinalidade.


14.- Xota Do García (Tradicional)  
Peza recollida por Juanjo Fernandez do repertorio de Antonio Represas García, tamén chamado "García de Xinzo" (Ponteareas), a cal nos impresionou no citado Concurso de Gaita. Nós arranxámola para gaites en Re e Sol.


15.- Carmela, Carmela (Carlos Justo)  
Mantendo a identidade rítmica clásica, esta muiñeira achéganos a estruturas e fraseos un chisquiño mais contemporáneos


16.- Xota Muxicas (Nazario González "Moxenas")  
Queremos render tributo ao noso mestre de gaita e ao quinteto ao que pertenceu, Muxicas, por significaren unha referencia fundamental na nosa traxectoria posterior.


17.- Valseadiño / Cardeliña (Ernesto Campos / Pedro Estévez)  
Contamos coa interpretación de Xaime Estévez (irmán de Pedro) ao piano e mais ao acordeón.


18.- De Brincadeira (Nazario González "Moxenas")  
Unha muiñeira do noso mestre de gaita, Moxenas, na que contamos coa voz de Silvia Costas, irmá do noso compañeiro Fernando, interpretando unhas coplas tradicionais.


19.- No Adro De Sárdoma (Nazario González "Moxenas")  
Composición dedicada polo autor ao adro da terra onde naceu e viviu, da que tamén somos fillos os membros de Noitarega, por nacemento ou adopción, e que adaptamos a varias tonalidades.


20.- Pasacorredoiras de Arnoia (Tradicional)  
Versión aprendida do noso mestre Nazario González "Moxenas", que fusionamos co xeito interpretativo das percusións d'Os Morenos de Lavadores e co acordeón de Coral Lago


Máis información, audio, partituras.. na web oficial: www.noitarega.com

 

 

 

Nunca esquecerei a primeira vez que Fernando Costas e Xosé Oliveira chamaron á porta da miña casa da Salgueira para facerme unha proposición indecente, nunha idade complicada para comprometerse un con mulleres ou con gaiteiros. Foi coma se, de súpeto, nun humilde equipo de baloncesto da parroquia aparecesen dous outeadores da NBA co teu nome bordado nunha camiseta de Los Angeles Lakers. Pero, de aí a ser fichado.. "Si, o que queirades, onde hai que asinar?"
Formar parte de Noitarega era mudar a división, deixar o dignísimo acompañamento dos grupos de baile para converterse en parte dun cadro de elite que xa era entón respectado de norte a sur. E tamén responsabilidade por estar á altura. Os anos seguintes foron de traballo duro e éxito a partes iguais. Só logo de sermos premiados tres anos consecutivos no concurso de gaitas de Ponteareas asumín que eu xa era unha pedra máis dun motor de cinco cilindros que rodaba como unha seda. As baquetas de Manolo Alonso e o latexar compasado de Xosé María Gutiérrez completaban un equipo que usaba como laboratorio o taller de costura de Nievitas, a nai de Nando. Había veces que custaba distinguir entre o motor da Refrey e o redobrante de Manolo. E naquel taller non só eramos músicos: eramos amigos.
Deixar Noitarega foi o máis duro da diáspora académica. Dende Cataluña, con todo, seguín cada un dos éxitos do grupo. E fixen meu cada un deses triunfos. Os primeiros anos noventa foron tempos musicalmente convulsos. Houbo quen tapizou os seus principios en tartán e renegou das cirolas; houbo quen lle deu as costas ao bagazo e se entregou ao whisky de importación ata case o coma etílico. De súpeto, parecía que a calidade dos gaiteiros se medise en pulsacións por minuto, como absurdos campionatos de mecanografía. Noitarega, con todo, seguiu fiel aos seus principios, ás regras nas que, nestes mais de vinte anos, segue a soster o seu éxito: a calidade, o traballo serio, o respecto polos que viñeron antes e a vista posta nun futuro que se escribe desde Galicia. O quinteto camiñou da man de compositores libres de complexos e o tempo fixo o resto. O éxito de Noitarega é que non se trata dun grupo ao uso, senón dun organismo, dun ser vivo que latexa e que respira e, sobre todo, que sente. Hoxe, incluso os que un día caeron no lado escuro respectan un quinteto de traxectoria impecable; son un referente, un faro que alumea desde Sárdoma. XXI pode ser un capítulo dunha novela, un trunfo no Black Jack, unha liña de Vitrasa; pero tamén o número dun século que non fixo máis que comezar e no que Noitarega seguirá a escribir páxinas gloriosas da historia musical dun país. E algúns seguiremos sentindo eses éxitos como propios porque, no fondo, nunca marchamos de todo.

Nacho Mirás Fole.
Xornalista e gaiteiro!

 


Noitarega

Noitarega
XXI



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Noitarega

* II Memorial Henrique Otero (Vigo)
* Noitarega, Susana Seivane e Moxenas Musical Galego nas festas de Cabral (Vigo)
* Os Trasnos da Gaita e Noitarega en Pousiño (Pazos de Borbén)
* Noitarega e a Agrupación Breogán no XXV Memorial Lola Diz (Moaña)
* Noitarega e amigos en Viladesuso (Oia)

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista




< =Noitarega
( Noitarega )
Egobarros Namarinos
( Nordés )
= >


Voltar á páxina principal