Páxina anterior

 

Xose Manuel Budiño:

ZUME DE TERRA


.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

11 comentarios deste disco .....

 

 

 



 

 

Xose Manuel Budiño :

 

Gaita Búlgara, Gaitas, Low Whistles, Guitarra acústica, programacións, Uilleann pipes, Bouzouki, Guitarra española, Voces,Rhodes, Scratch, Guitarra eléctrica

 

 

Carlos Castro:

 

Pandeiro, tabla, cántaro, darbouka, pandeireta, crótalos, shakers, birimbao

 

 

Marcos Teira :

 

Guitarra española no tema 1

 

 

Segundo Grandío :

 

Baixo nos temas 1 e 9

 

 

Juan de Dios Martín :

 

Hammond e Programación Adicional no tema 2 , Sinte Ms20, programación, percusións e batería no tema 7 , programación, percusións, e tamboura no tema 9

 

 

Guillermo Fernández :

 

Guitarra eléctrica nos temas 4 e 7, guitarra acústica nos temas 9 e 11

 

 

Humanoid :

 

Programación adicional de percusións no tema 4

 

 

Nacho Muñoz :

 

Rhodes no tema 5, Scratch no tema 11, Minimoog.

 

 

Paco Dicenta :

 

Baixo Fretless nos temas 5 e 8

 

 

Roberto Grandal :

 

Acordeón no tema 7

 

 

Cesar Morais :

 

Baixo no tema 7

 

 

Luis Alberte Rodríguez :

 

Caixa no tema 7

 

 

Xosé Nine :

 

Saxo tenor no tema 9

 

 

Lilian Vieira :

 

Voz no tema 9

 

 

Coro infantil San Vicente de Mañufe :

 

Voces no tema 7

 

 

Paco Dicenta :

 

Baixo Fretless no tema 5

 

 

Julio Pereira :

 

Bandolín no tema 5

 

 

Jacky Molard :

 

Violín nos temas 1,5,8,10,12

 

 

Capercaillie : tema 2

 

Donal Shaw: Teclados
Manus Lunny: Bouzouki
Charli McKerron: Violín
Ewen Vernal: Baixo
Michael McGoldrick: Frauta

 


1. Nós     
Música: Xosé Manuel Budiño
Alfonso Daniel R. Castelao (1941) Sample voz Fonopostal
Cantareiras de Solveira (1952) Sample voces: estracto do corte Ay Rosiña do disco The Spanish Recordings: Galicia (The Alan Lomax Collection)


2. Galo Galán     
Música: Xosé Manuel Budiño


3. Na liña da maré     
Música: Xosé Manuel Budiño
Letra: Uxía Senlle

O mundo era praia
e ti na varanda
sorrías ao pasar
igual que nun soño

Bañamos nas ondas
o noso desexo
varado frente ao mar
coa sede infinita do sal

Ven e saberás do meu querer
Ven e lavarei as mágoas na maré
Ven e lamberás o mel
Ven sobre a maré
Ven de vagar

As horas esvaran
na néboa da alba
e a auga baixa a man
da túa presencia

Aínda seremos
veleiros sen rumo
amantes sen aneis
golfiños que asoman do mar

Os faros sinalan
os lindes da alma
fiando sen parar
nas redes do infindo

Resoan os sinos
no espello dos ollos
na liña da maré
semella que estás a agardar


4. Xogo tolo     
Música: Xosé Manuel Budiño
Xesús de Vilardemouros (Os Ancares) Sample voz extraido do disco Raiceiras Vol. 1 (Colección Disco Trompo)


5. Santiago - Lisboa     
Música: Xosé Manuel Budiño

6. Danza dos Arxinas     
Música: Xosé Manuel Budiño
Canteiros de Faramontaos (1952) Sample voces estracto do corte Canción de Canteros, do disco The Spanish Recordings: Galicia (The Alan Lomax Collection)


7. Meu Mar     
Música e letra: Xosé Manuel Budiño

O mar, que mar...
que non mo leven.

O mar, meu mar..
que non mo leven.


8. Arrieiros somos     
Música: Xosé Manuel Budiño
Emilio Soto (1952) Sample voz estracto do disco The Spanish Recordings: Galicia (The Alan Lomax Collection)


9. Quérome salvar     
Música: Xosé Manuel Budiño
Letra: Manuel Cortés

Que pouco me costa
atopar sol nada máis
por riba das nubes
se o quero buscar.

Desatar a forza
do vento do meu vendaval
sangue que me sube
luz que quece o mar.

Si, eu quérome salvar
No ceo non quero máis ficar
No lugar no que nacín
eu quérome quedar

Que pouco me costa
atopar ás para voar
por riba das nubes
eu heite de buscar.

Móvome coa forza
do vento do teu vendaval,
sangue que nos une
luz da miña nia.

Móvome coa forza
do vento do teu vendaval,
sangue que nos une
luz da miña nai.

Si, eu quérome salvar
No ceo non quero máis ficar
Non, non quero máis fuxir
eu eu quérome quedar

 


10. Desafío     
Música: Xosé Manuel Budiño
Cantareiras de Solveira (1952) Sample voces; estracto do corte Coplas de Desafío do disco The Spanish Recordings: Galicia (The Alan Lomax Collection)


11. Burbullas á grella     
Música: Xosé Manuel Budiño
Os Diplomáticos do Acordeón. Sample: voces estracto do disco Raiceiras Vol.1 (Colección Disco Trompo)


12. De Sol e Lúa     
Música: Xosé Manuel Budiño
Samples: estracto do disco Raiceiras (Colección Disco Trompo)

Contratación: Nordesía Produccións
Telf: 981555930
Rúa Galeras, 17 2, º oficina nº5
15705 Santiago de Compostela - Galicia

 


Xosé Manuel Budiño

Paralaia
Arredor
Zume de Terra



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Xosé Manuel Budiño

* Obradoiro de Xosé Manuel Budiño en Madrid
* Homenaxe a Ricardo Portela
* Cristian Silva e Suso Iglesias (EGOlatra2) en Bueu
* Xosé Manuel Budiño. Concerto 'Paralaia' 20 Aniversario en Pontevedra
* Davide Salvado en Salasón (Cangas)

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista





Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

A xira que Xosé Manuel Budiño realizou durante as dúas últimas semanas por Arxentina e Bos Aires rematou a hai uns días cun multitudinario concerto no Zócalo da Cidade de México. Así, diante de 50.000 persoas, o do Morrazo, pechaba o Festival Internacional Ollin Kan, un dos festivais de "world music" de referencia en América. En termos xerais, a xira foi todo un éxito: catro concertos abarrotados de público, todos os exemplares do disco Zume de Terra esgotados, ofertas para ampliar a xira e actuación en directo no programa estrela de Televisión Azteca "Animal Nocturno".

Logo desta primeira toma de contacto,o gaiteiro ten pensado volver a México para "facer algo máis potente" da man do xigante Televisa. Segundo Budiño, chegou o momento de derribar novas barreiras para a nova música galega. "Creo que América é o seguinte paso logo de Galiza, España e Europa".

Contacto con outros músicos
A participación no Ollin Kan, permitiu que Budiño puidese estabelecer contacto con outros compañeiros de cartel ."O encontro con outros músicos tamén foi positivo e posibelmente del saian cousas no futuro, se cadra algunha colaboración".



Ligazóns relacionadas:
Xosé Manuel Budiño presenta o seu terceiro disco "Zume de terra"




youtube.com/watch?v=RItCRVR1NcM :
(YouTube - Xosé Manuel Budiño-A Galicia vente xa) :




youtube.com/watch?v=lRi2cyQz3aM :
(YouTube - Xose Manuel Budiño - Galo Galán) :




youtube.com/watch?v=3E_6ZzRzGiQ :
(YouTube - Xosé Manuel Budiño-Xogo Tolo) :




galicia-hoxe.com/indexCanales.php?idMenu=112&idNoticia=77988.. :
("Creo que non aguantaría quince días sen estar facendo música") :
28.08.2006 Xosé Manuel Budiño, que xa está a preparar novo disco para o ano que vén, continúa a súa xira dando a coñecer ‘Zume de terra’ por Galiza SILVIA CANABAL

Xosé Manuel Budiño FOTO: M. Blanco
Xosé Manuel Budiño
FOTO: M. Blanco
Xosé Manuel Budiño leva un verán de non parar. Despois de dous "macro concertos" coa xira do centenario de "Estrella Galicia", no Festival de Ortigueira e en Compostela no Día de Galicia, continúa deitando por Galicia o seu Zume de Terra.

Parece que tés un verán movidiño, en cantos proxectos andas metido agora mesmo?

Pois sobre todo na xira coa miña banda, co disco Zume de Terra, e compaxinándoo co novo disco que sairá o ano que vén, no que ademais se cumpren 10 anos da saída do meu primeiro traballo, Paralaia. Quero que sexa unha celebración especial, cun disco un tanto especial. Levo todo o inverno compoñendo e gravando no meu estudio. Sobre todo a partir de setembro centrareime en serio, para facer un bo traballo.

Volves ser o teu propio xefe neste disco, gravando, producindo, compoñendo...?

Si, xa non me deixan saír dese papel. Eu mesmo creo que me obrigo a ter esa inquietude de investigar, de probar... E sobre todo, o poder ter o meu propio estudio obrígame. Porque para min o meu traballo é un luxo; poder ter o estudio, estar probando, compoñendo, gravando...

 

Pero supoño que non é fácil dedicarse á música, folk, galega, e por conta propia...

É complicado, pero digamos que cando tes un terreo abonado detrás non o é tanto como para un grupo que empeza. Porque hai xa tres discos detrás, moitos festivais recorridos. A xente, non só de Galicia, coñece o traballo de Budiño, e dalgunha forma sempre hai un público que está esperando o novo disco. E os festivais están sempre moi pendentes para facer xiras noutros países. Levamos unha boa andaina: este ano estivemos en Bulgaria, na inauguración do Instituto Cervantes alá, en Arxentina e México...

E que tal foi tocar na "Galicia Exterior"?

Pois sorprendeume moito porque é un público moi distinto. En Arxentina atopamos a toda esa xente que emigrara polos anos 40, 50, 60... Había xente de todas as idades no concerto, desde 80 anos ata os seus bisnetos con dous anos.

E por que a gaita, por que o folk?

Supoño que formaba parte dese contorno musical que había na vila onde nacín. En Moaña había moita tradición de gaiteiros, de corais, de bandas de música, de grupos de baile... Crieime con toda esa música arredor de min e creo que era inevitable que a gaita chegaría un día.





info@ghastaspista.com




< =Arredor
( Xosé Manuel Budiño )
Maqueta
( Zángalla Mángalla )
= >


Voltar á páxina principal